InicioSucesos"O meu pai levaba días batendo na miña nai", di a filla...

“O meu pai levaba días batendo na miña nai”, di a filla dun detido por violencia de xénero

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de idade, veciño da cidade e orixinario de Ghana, W.D., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, após agredir á súa muller en presenza das súas tres fillas menores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de idade, veciño da cidade e orixinario de Ghana, W.D., como presunto autor dun delito de violencia de xénero, após agredir á súa muller en presenza das súas tres fillas menores.

Os feitos ocorreron na madrugada do martes, cando unha veciña dun inmoble da rúa Coruña alertou ao 092 após escoitar golpes e berros nunha vivenda próxima. Cando os axentes chegaron atopáronse cun home na vía pública, espido, e marcas de dentadas no ombreiro e nun brazo. Segundo relatou aos policías, a súa muller causáralle as lesións nun ataque de ciumes.

Mentres un dos axentes quedou co home, o outro subiu á vivenda para entrevistarse coa muller, que presentaba lesións na cara e sangraba pola boca e o nariz. A vítima, de 36 anos de idade, explicou que recriminara ao seu marido por falar por teléfono con outra muller e que este lle respondeu propinándolle puñadas na cara, tirándoa ao chan e dándolle patadas.

O ataque produciuse en presenza do tres fillas da parella, de 2, 5 e 9 anos de idade. A máis maior das nenas corroborou aos policías que o seu pai pegara á súa nai e que “levaba días facéndoo”.

A muller foi atendida no lugar por efectivos sanitarios desprazados até alí, mentres que o home foi detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

ÚLTIMAS

Estoupa un artefacto explosivo na sede de UGT en Vigo

UGT-Galicia denunciou un ataque con un artefacto explosivo na sede que o sindicato ten...

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...