Inicio Blog Páxina 1573

O pleno da corporación municipal de Vigo aproba inicialmente o regulamento do transporte urbano

0

O pleno da corporación municipal de Vigo avalou este mércores a aprobación inicial do regulamento do transporte urbano da cidade, que, a continuación, someterase a exposición pública. Posteriormente, deberá ser aprobado dun modo definitivo nun novo pleno.

En concreto, este regulamento foi aprobado cos votos favorables do Grupo Municipal Socialista e o rexeitamento de toda a Oposición. Na sesión, o portavoz do Grupo Municipal Popular, Alfonso Marnotes, apuntou a necesidade de clarificar os dereitos e obrigacións que comporta a prestación do servizo para facilitar a súa lectura por parte dos cidadáns.

Ademais, o portavoz do Grupo Mixto, composto por Marea de Vigo, Rubén Pérez, criticou que non se optou por unha fórmula público-privada para o servizo de transporte, como si se realiza noutras cidades. O concelleiro do BNG, Xabier P. Igrexas, criticou que no regulamento non se estableceron medidas como a ampliación do tempo de transbordo ou a gratuidade do servizo para menores de 14 anos.

Na sesión plenaria tamén se deu luz verde á aprobación inicial dunha modificación orzamentaria da Xerencia Municipal de Urbanismo de 1,6 millóns de euros. En concreto, foi aprobada co apoio do Grupo Municipal Socialista e a abstención dos demais grupos.

Esta modificación foi motivada por unha sentenza que obriga ao Concello a devolver os recursos que inicialmente a Comunidade de Montes de Cabral lle pagou por unha parcela. Tal e como detallou a concelleira de Urbanismo, María José Caride, tras un proceso xudicial que considerou á entidade como a titular do espazo, o Consistorio deberá devolverlle o importe e os intereses (233.000 euros en total). Adicionalmente, o Concello deberá abonar 445.000 euros polas expropiacións da antiga cidade da xustiza.

A modificación orzamentaria tamén busca acometer a primeira fase dun paseo na avenida de Europa e outras actuacións no Casco Vello e o paseo do Lagares. Na sesión plenaria aprobouse ademais por unanimidade unha moción do Grupo Municipal Socialista para instar á Xunta a adquirir un inmoble do Casco Vello que rexistrou danos fas uns días e que se atopa xunto ao edificio no que o Goberno galego creará un albergue de peregrinos. A totalidade dos grupos municipais tamén reclamou ao Executivo autonómico 12 millóns de euros para reformar centros educativos.

Os animalistas culpan á suposta ‘despreocupación’ do Concello trala aparición de cachorros nun contedor

O achado de sete cachorros de pouca idade na parroquia viguesa de Candeán puxo en alerta á Asociación Animalista Libera e á Fundación Franz Weber, que lamentan que “o Concello non esté a desenvolver políticas de prevención deste tipo de situacións, ao revés que outras localidades e entes públicos”.
Os animalistas censuran a “despreocupación de toda proposta que ten que ver co benestar animal, desde os proxectos para reconverter o parque zoológico, o desenvolvemento de campañas para desincentivar a compra irresponsable ou a xestión ética de colonias felinas, situación que segue vetada en Vigo”.
Neste sentido, defenden que hai ‘unha diferenza enorme entre Vigo e A Coruña’. A cidade herculina logrou aumentar a adopción de animais do seu centro municipal nun 67% no período 2015-2017, e o goberno coruñés mantén convenios de colaboración con ONG para xestionar e controlar as colonias de gatos e acabou con calquera uso de animais en espectáculos.
Os defensores dos animais sospeitan que “unha vez máis, o proxecto de orzamentos municipais de 2019 non contemplará partida algunha para fomentar a participación cidadá e a implicación contra estas secuelas”.

Marea de Vigo asegura que a conxelación dos impostos é falsa e subirán pasado o ano electoral

O grupo municipal da Marea de Vigo cualificaba este martes en rolda de prensa o proxecto orzamentario municipal para o 2019 como “continuista”, no que “ a meirande parte do incremento nas partidas só vén porque a Xunta deixou de cofinanciar certos servizos”.

O seu portavoz Rubén Pérez incidiu na cuestión da ‘suposta conxelación’ dos impostos: “É rotundamente falso que haxa unha conxelación impositiva, o que hai é una ‘postergación’ impositiva, subindo os impostos pasado o ano electoral, tal e como fixo o mesmo Abel Caballero no 2015″.

“Pola contra – engade o voceiro do grupo municipal – as empresas concesionarias, como é lóxico, si que están aplicando as subas impositivas, e polo tanto para o ano que vén se lles pagará coas subidas que, en anos posteriores repercutirán indubidablemente na cidadanía”, asegurou.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo critica que “nunha cidade onde os niveis de exclusión social aumentan, aumenta o número de persoas que solicitan as RISGAS, e os seus servizos sociais están colapsados, se manteñan os mesmos importes en partidas como as bolsas do comedor escolar ou o alugueiro vivenda e a suficiencia enerxética”.

Marea de Vigo, pola súa banda, fora duramente atacada polo Concello: “Sempre están en contra desta cidade, de que esta cidade evolucione e de que lle vaia ben. Recordo que xa estiveron en contra de Citroën e estou seguro de que lles encantaría que a este concello lle fora mal economicamente e estivese na ruína. Moléstalles e moito que a operación do concello co auditorio fose excelente para a cidade de Vigo e para os vigueses”, asegurou Carlos López Font en rolda de prensa.

Isto é o que podes e non podes facer nesta ponte de marzo en Galicia

0

As novas medidas entrarán en vigor o próximo 19 de marzo ata a semana santa onde serán revisadas.

As medidas que afectan a toda Galicia, agás a tres concellos pechados por alta incidencia. Os concellos son Vilardevós, Paradela e Maside

Durante os próximos días a partir do venres e toda a Semana Santa só poderanse reunir en domicilios persoas conviventes. É unha restrición nacional adoptada no consello interterritorial. As reunións no exterior están limitadas a seis persoas non conviventes e a catro no interior.

Catro niveis de restriccións

O nivel de máximas restricións segue sen cambios e afecta os concellos que teñen unha incidencia de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes. Son: Vilardevós, Paradela e Maside.

O nivel de restricións alto aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Medidas: hostalaría ata as 21,00 horas, só apertura de terrazas con capacidade do 50 por cento. Aplicarase aos seguintes concellos: Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

Nivel de restricións medio, aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 150 casos por cada 100.000 habitantes, que suman, tras a última actualización deste mércores, un total de 14 concellos: Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles.

As medidas para este grupo de municipios (o 12,4 por cento da poboación) son a apertura da hostalaría ata as 21,00 horas, cun 30 por cento de capacidade no interior e un 50 por cento das terrazas.

Nivel de restricións baixo, aplícase aos concellos que teñen unha incidencia de menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes e que son 290 en toda Galicia, o 85,6 por cento da poboación. A hostalaría poderá funcionar con capacidade do 50 por cento interior e un 75 por cento nas terrazas.

Mobilidade

Galicia continuará pechada perimetralmente. Só se poderá entrar e sair da comunidade por cuestiósn excepcionais (saúde, traballo, …)

Permítese a mobilidade en toda Galicia excepto nos concellos de Vilardevós, Paradela e Maside, que manteñen o peche perimetral. Entre o resto de municipios, aínda que estean en distintos niveis, poderá haber desprazamentos.

A fronteira con Portugal tamén seguirá pechada, salvo as excepcións habituais de saúde e traballo.

Horarios

O toque de queda mantense dende as 22h ata as 6 da madrugada.

O horario da hostalería ata as 21h (salvo nos concellos con máxima incidencia onde a hostalería permanece pechada)

Reunións

A reunións en domicilios só poderán ser entre conviventes.

As reunións entre non conviventes será de un máximo de 6 persoas e sempre en exteriores.

Nos interiores dos establecementos hostalerios só poderán reunirse un máximo de 4 persoas (convivintes ou non conviventes)

Instalacións deportivas,centros culturais, igrexas, teatros

Aforo máximo do 50% e uso obrigatorio de máscara, e distanzamento en todo momento.

Dúbidas e información no teléfono gratuíto do COVID da Xunta de Galicia 900 400 116

O metal galego perdeu un 16 % do emprego no primeiro semestre pola crise da Covid

O sector metalúrxico galego, que engloba actividades como a automoción, o naval, a aeronática ou as estruturas metálicas, pechou o primeiro semestre do ano con cifras “moi negativas” polo impacto da crise sanitaria do COVID-19, cunha perda do 16 por cento do emprego e unha caída do 22 por cento da facturación.

Así se recolle no balance semestral presentado este venres pola Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime), no que se detalla que este sector chegou a metade do ano 2020 con 55.600 empregos e unha facturación de 5.300 millóns de euros.

A actividade do metal galego supón, en termos xerais, un 41 % das exportacións de Galicia e a actividade máis destacada é, dentro do propio sector, a construción de automóbiles (cun 70 por cento do total de exportacións da industria metalúrxica. A crise sanitaria reduciu tamén as cifras da balanza comercial do metal: unha caída do 12 por cento das exportacións e unha caída do 27 por cento das importacións.

AUTOMOCIÓN E NAVAL

Por actividades, a automoción (incluído tamén o transporte e o metal-mecánica) perdeu un 25 % dos empregos, e a súa facturación, de algo máis de 3.000 millóns de euros no primeiro semestre, esborrallouse un 30 por cento.

AERONÁUTICA E OUTRAS ACTIVIDADES

A aeronáutica galega tamén sufriu de forma notable na primeira metade do ano, cun descenso acusado da actividade das aerolíneas, e perdeu un 13 por cento do emprego (quedou con 1.087 traballadores) e un 14 por cento da facturación (ata os 67 millóns de euros). A súa actividade exportadora, con todo, disparouse e creceu un 121 por cento.

REFLEXIÓNS

Á vista destes datos, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, recoñeceu que o primeiro semestre foi “negativo ou moi negativo” para o sector, pero apuntou que a industria metalúrxica galega está capacitada para reactivar a súa fortaleza, e sinalou o horizonte da segunda metade de 2021 para a recuperación.

Mentres esa recuperación concrétase, apostou por manter a cooperación entre empresas e administración, pediu que se alonguen os préstamos ICO (e unha nova moratorio para o pago), reformar e mellorar os plans de formación e facer fronte común para optar ás axudas do fondo europeo de reconstrución económica.

Denuncian a desaparición en Vigo dun home de 69 anos, que falta do seu domicilio desde este sábado

Os familiares denunciaron a desaparición en Vigo dun home de 69 anos, Manuel Sánchez Noriega, que falta do seu domicilio desde o mediodía deste sábado. O seu fillo presentou denuncia despois de que ao chegar ao domicilio no que conviven ambos, na rúa Cervantes, non atopou ao seu pai. Mide 1,65 centímetros de altura, uns 60 quilos de peso e usa lentes.

No momento da desaparición vestía unha sudadera gris, unha camiseta branca, un pantalón de pana marrón e zapatos negros. O fillo, segundo explicou na denuncia, saíu do domicilio sobre as 14,00 horas deste sábado para comprar pan e, ao regresar unha hora máis tarde, atopouse coa porta aberta. Ao entrar á vivenda, comprobou que o seu pai xa non estaba.

Ao revisar o domicilio, constatou que o seu pai se deixou o móbil e o xogo de chaves da casa, así como toda a documentación. Ao non atopalo, dirixiuse á estación do tren pero o persoal que estaba nese momento indicáronlle que non o viron. Tamén se puxo en contacto cos centros sanitarios e hospitalarios, que tampouco teñen noticias do seu pai.

O desaparecido padece diabetes e precisa inxectarse insulina de forma diaria. SOS Desaparecidos tamén solicitou axuda para localizalo.

Denuncian que a Xunta non paga o transporte escolar dos colexios Paraixal, Mosteiro e Eduardo Pondal

Abel Caballero, alcalde de Vigo, denunciou este martes en rolda de prensa que a Xunta está a ofrecer aos nenos que viven lonxe do seu centro escolar, “que se cambien de colexio”, supostamente para aforrarse o servizo público de transporte en autobús desde os seus fogares.

Así, Caballero subliña que a Xunta está negando este servizo aos alumnos do colexio Paraixal de Teis, do C.E.I.P. de Mosteiro de Bembrive ou do Eduardo Pondal. “Ese é o criterio de apoio á educación da Xunta? Tamén quere aforrar custes a costa dos nenos de Vigo?”, preguntou en rolda de prensa.

Tamén subliñou que o transporte ao colexio Mosteiro de Bembrive está funcionando, mais porque o está a pagar o Concello de Vigo “cando é unha competencia da Xunta”, segundo asegurou o rexedor vigués.

De feito, destacou que “isto da Xunta con Vigo non ten precedente en ningún lugar, con ningún concello do Mundo”.

Tartarugas soltas por Vigo son recollidas pola Policía Local

3 exemplares de tortuga foron recollidos pola Policía Local de Vigo en distintos puntos da
Cidade. O primeiro requerimiento produciuse ás 18:29 horas do día 18; cando un cidadán
alertou aos Axentes da presenza dunha tortuga na rúa; concretamente na vía
denominada Antonio Neto Figueroa.

Dous avisos máis tiveron lugar o día 24. Ambos facían mención á presenza doutras
dúas tortugas; unha delas no Parque de Castrelos, e a última nunha leira particular da mesma zona.

Nesta ocasión, tamén a alerta da presenza destes réptiles partiu dos cidadáns: concretamente ás 10:18 e 12:40 horas respectivamente. Os Policías procederon a facerse cargo dos animais.

O concello de Tui chama á ciudadanía a manter os terreos limpos para previr os incendios

 O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, emitiu un bando no que se lembra da obriga dos propietarios de terreos, construcións, edificios e instalacións de conservalos en condicións de seguridade, salubridade, accesibilidade e ornato.
O incumprimento desta obriga e a negativa as ordes de execución que poida ditar o concello poderán levar a imposición de multas de entre mil e 10 mil euros, reiterables trimestralmente ata que se cumpra o ordenado, ou podendo o Concello acudir a execución forzosa subsidiaria a custa do infractor.

Dende o Concello de Tui lémbrase que segundo o recollido na Lei 3/2007 de Prevención de Defensa contra os incendios forestais de Galicia “….será obrigatorio para as persoas responsables (persoas titulares do dereito de aproveitamento sobre terreos forestais e terreos situados nas zonas de influencia forestal), xestionar a biomasa vexetal nunha franxa de 50 metros perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, así como ao redor de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións, depósitos de lixo, campings, gasolineiras e parques e instalacións industrias, ubicadas a menos de 400 metros do monte e tamén ao redor das edificacións illadas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte”.

Do mesmo xeito “nesa mesma franxa de 50 metros mencionada non poderá haber as especies sinaladas na disposición adicional terceira” en concreto piñeiro galego, piñeiro silvestre, piñeiro de Monterrei, piñeiro de Oregón, mimosa, acacia negra, eucalipto, brecina, carqueixa, xesta, queiruga, fento, silva e toxo.

No suposto de incumprimento das obrigas citadas -contempladas no artigo 21- por parte das persoas responsables, os entes locais enviaranlle unha comunicación na que se lembrará a súa obriga de xestión da biomasa vexetal e de retirada das especies prohibidas a realizar por eles nun prazo máximo de 15 días naturais, advertíndolles da posibilidade de execución subsidiaria por parte das entidades locais no caso de incumprimento e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda e da aplicación de multas coercitivas por parte da Consellería do Medio Rural, se é o caso, segundo o procedemento establecido no artigo 22 da mencionada Lei de Incendios.

Por último dende o Concello de Tui lémbrase que o prazo para levar a cabo a limpeza total das malezas remata o 31 de maio.

Aumenta a presión hospitalaria en Vigo, que suma 190 novos contaxios

A presión hospitalaria que deixa a pandemia da covid-19 en Galicia rexistrou un lixeiro alivio nas últimas horas, con seis ingresados menos. Mentres tanto, os contaxios por coronavirus notificados no último día sitúanse nos 1.412, un descenso con respecto á marca de infeccións nesta quinta onda rexistradas este venres (1.593), pero que non impide que os casos activos da enfermidade sigan en aumento exponencial e rocen xa os 16.000.

No que respecta á situación dos hospitais, segundo os datos actualizados na mañá deste sábado pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 do venres, recollidos por Europa Press, os pacientes de covid que requiren ingreso descenderon ata os 206 en total (-6). De todos eles, 183 atópanse en planta –29 menos–, mentres que os enfermos en unidades de coidados intensivos mantéñense en 23 –sen variacións–.

Por áreas sanitarias, esta evolución favorable prodúcese en catro das seis. Na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, o descenso no número de ingresados é máis palpable con 10 menos, ata os 41, dos que un se manteñen en críticos –sen cambios–.

Tamén baixou a presión asistencial na área da Coruña-Cee, que contabiliza 44 hospitalizados (-4), aínda que os da UCI subiron a nove (+1); na de Ferrol, con 14 ingresados (-2), dous deles en críticos –sen variación–; e na de Lugo-A Mariña-Monforte, que ten 18 hospitalizados (-2), dos que un segue na UCI.

No lado oposto sitúanse as áreas de Vigo, Santiago-Barbanza e Pontevedra-O Salnés. Nesta última, a cifra de hospitalizados subiu ata 37 (+6), cunha afectación tamén nos enfermos que requiren coidados intensivos, que soben a catro (+3).

Ademais, a área da capital galega contabiliza 15 ingresados (+5), aínda que seguen en dous os de UCI, sen cambios; e a de Vigo ten 33 (+4), dos que catro se manteñen en coidados intensivos.

CASE 16.000 CASOS

Galicia alcanza 31 días consecutivos de aumento de casos activos, que ascenden xa a 15.992. Son 883 máis que os notificados por Sanidade este venres, ao haber máis novos diagnósticos que altas no último día.

O ascenso sostido dos pacientes de covid nas últimas semanas é palpable se se compara coa cifra coa de sete días atrás. En concreto, o pasado sábado Sanidade notificaba 9.417 casos activos na Comunidade.

Por áreas sanitarias, este parámetro aumentou nas últimas 24 horas en seis das sete. Tan só decreceu, e lixeiramente, na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, que se sitúa con 2.332 pacientes (-9).

En canto ao resto, continúan en ascenso. Na de Vigo son xa 3.734 (+190); na Coruña-Cee, 2.809 (+218); en Pontevedra-O Salnés, 2.785 (+170); en Santiago-Barbanza, 1.990 (+107); en Lugo-A Mariña-Monforte, 1.617 (+119); e na de Ferrol, con 725 casos activos (+88).

NOVOS CONTAXIOS

Os novos contaxios de covid-19 detectados por todo tipo de probas nun só día situáronse en 1.412, unha cifra que volveu a superar a barreira do 1.400 pero que implica un importante descenso con respecto aos 1.539 casos notificados o venres por Sanidade, marca da quinta onda. Con todo, este dato acumula xa cinco días consecutivos por encima do milleiro tras arrincar a semana con 975.

De todos os 1.412 positivos detectados por calquera tipo de test –1.343 confirmados a través das Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA)–, a área da Coruña-Cee sumou 283 novas infeccións, seguida da de Vigo con 268.

Tras estas, sitúanse a de Pontevedra-O Salnés, con outros 250; a de Santiago-Barbanza, con 188; Lugo-A Mariña-Monforte, con 172; Ourense-Verín-O Barco, con 138; e Ferrol, con 113.

Así, os contaxiados de covid-19 desde o inicio da pandemia ascenden a 148.422 en Galicia, deles 34.424 na área da Coruña; 29.834, na de Vigo; 22.575, na de Santiago; 18.907, na de Ourense; 17.951, na de Pontevedra; 15.142, na de Lugo; e 9.589 na de Ferrol.

PCR E POSITIVIDADE

Galicia efectuou desde o inicio desta pandemia 2.505.157 PCR. Disto dedúcese que o Sergas realizou 8.058 probas nas últimas 24 horas, unhas 120 menos que o día anterior.

En canto á taxa de positividade das PCR, descendeu nas última horas ata o 11,8%, despois de rozar o 14% nos datos do venres. No entanto, isto implica que a Comunidade galega segue por encima dese 5% que establece a OMS para dar por controlada a pandemia, un limiar que, ata hai dúas semanas, non superaba desde o 15 de febreiro.

FALECIDOS E CURADOS

Pola súa banda, as persoas falecidas diagnosticadas con covid-19 en Galicia desde o inicio da pandemia ascenden a 2.447 ao notificar Sanidade tres novas vítimas este venres.

Así mesmo, 130.008 pacientes curáronse deste coronavirus no conxunto de Galicia desde o comezo desta crise sanitaria, 526 persoas máis que as rexistradas ata o día anterior.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed