InicioMedio Ambiente e PatrimonioOs animalistas culpan á suposta 'despreocupación' do Concello trala aparición de cachorros...

Os animalistas culpan á suposta ‘despreocupación’ do Concello trala aparición de cachorros nun contedor

PUBLICADO O

O achado de sete cachorros de pouca idade na parroquia viguesa de Candeán puxo en alerta á Asociación Animalista Libera e á Fundación Franz Weber, que lamentan que “o Concello non esté a desenvolver políticas de prevención deste tipo de situacións, ao revés que outras localidades e entes públicos”.
Os animalistas censuran a “despreocupación de toda proposta que ten que ver co benestar animal, desde os proxectos para reconverter o parque zoológico, o desenvolvemento de campañas para desincentivar a compra irresponsable ou a xestión ética de colonias felinas, situación que segue vetada en Vigo”.
Neste sentido, defenden que hai ‘unha diferenza enorme entre Vigo e A Coruña’. A cidade herculina logrou aumentar a adopción de animais do seu centro municipal nun 67% no período 2015-2017, e o goberno coruñés mantén convenios de colaboración con ONG para xestionar e controlar as colonias de gatos e acabou con calquera uso de animais en espectáculos.
Os defensores dos animais sospeitan que “unha vez máis, o proxecto de orzamentos municipais de 2019 non contemplará partida algunha para fomentar a participación cidadá e a implicación contra estas secuelas”.

ÚLTIMAS

PP ve o adianto electoral a “mellor para España” e BNG cre que é unha “oportunidade” de “apoio masivo”

O PP de Vigo cre que o adianto electoral anunciado por Pedro Sánchez este...

Eleccións.- Caballero afirma que o PSOE “sae a gañar” e acusa a Feijóo de non resolver o problema da vivenda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, vaticinou que a oposición terá "castigo" por ser...

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...