“O segredo mellor gardado” parte da memoria persoal e familiar agochada para reivindicar a fin do silencio. O xurado considerou que o artigo evoca a escrita xornalística reivindicativa, comprometida e de contido social de Manuel Lueiro Rey.
Ademais, o tema de recuperación da memoria histórica que centra o texto constitúe un dos elementos fundamentais na traxectoria vital e xornalística do escritor nacido en Fornelos de Montes. Tamén destaca o interese de que a recuperación da historia de quen foi vítima da represión teña presenza nos medios de comunicación.
Escritor e profesor de ensino público, Xoán Carlos Domínguez Alberte (Escudeiros-Ramirás, 1966) ten unha ampla obra literaria na que frecuenta xéneros como a poesía, de maneira especial, o ensaio ou o teatro. Colabora habitualmente en diversas publicacións e medios de comunicación. Versos para conversar (2016) é a máis recente obra dunha traxectoria que se iniciou con Material de outono no ano 2000. Ademais, Domínguez Alberte é un activo dinamizador cultural.
Pola lexislación internacional sabemos que nunca caducan —prescribir é a palabra oficial— os delitos executados contra a humanidade, contra a integridade das persoas.

