InicioSociedadeDescenden os casos activos de COVID-19 no Rosal, Tomiño e A Guarda

Descenden os casos activos de COVID-19 no Rosal, Tomiño e A Guarda

As restricións para frear os contaxios impostas na Guarda e O Rosal o pasado sábado continúan vixentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os casos activos de coronavirus rexistrados nos concellos pontevedreses do Rosal, Tomiño e A Guarda descenderon en 13 no que vai de semana, segundo trasladaron este xoves responsables da Consellería de Sanidade aos rexedores da zona nunha reunión telemática.

Este foi o segundo encontro virtual mantido esta semana para informar os alcaldes da evolución epidemiolóxica da área, onde as restricións para frear os contaxios impostas na Guarda e O Rosal o pasado sábado continúan vixentes.

Deste xeito, O Rosal suma 15 positivos e 25 persoas en estreito seguimento fronte aos 18 contaxiados que rexistraba a principios desta semana.

En concreto, contabilízanse como casos activos no municipio as persoas que arroxaron un resultado positivo na proba PCR que aínda non recibiron a súa alta médica e cuxo médico de Familia está adscrito ao centro de saúde do Rosal.

A este respecto, a alcaldesa desta localidade, Ánxela Fernández, celebrou a redución de casos, aínda que incidiu na necesidade de manter as recomendacións das autoridades sanitarias. “Imos en bo camiño, pero non podemos confiarnos, debemos seguir sendo responsables e extremando as medidas de precaución para evitar novos brotes”, alertou.

Pola súa banda, o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, confirmou que o número de casos activos notificados por Sanidade é de 22, o que supón un descenso de sete en relación ao comezo desta semana.

Ademais, a rexedora de Tomiño, Sandra González, indicou que neste momento a localidade suma catro casos activos, tres menos que este luns. Neste concello non se aplicaron restricións extraordinarias, pero o seu estreito contacto coa Guarda e O Rosal provocou a súa inclusión nas reunións informativas semanais.

A resolución sobre as restricións publicada no DOG o pasado venres precisa que O Rosal e A Guarda son os municipios da zona máis afectados en relación a casos e taxas. Así mesmo, sinálase que a maioría de positivos correspóndense con persoas entre 10 e 19 anos.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...