InicioSociedadeIsto é o que podes e non podes facer nesta ponte de...

Isto é o que podes e non podes facer nesta ponte de marzo en Galicia

PUBLICADO O

- Advertisement -

As novas medidas entrarán en vigor o próximo 19 de marzo ata a semana santa onde serán revisadas.

As medidas que afectan a toda Galicia, agás a tres concellos pechados por alta incidencia. Os concellos son Vilardevós, Paradela e Maside

Durante os próximos días a partir do venres e toda a Semana Santa só poderanse reunir en domicilios persoas conviventes. É unha restrición nacional adoptada no consello interterritorial. As reunións no exterior están limitadas a seis persoas non conviventes e a catro no interior.

Catro niveis de restriccións

O nivel de máximas restricións segue sen cambios e afecta os concellos que teñen unha incidencia de máis de 500 casos por cada 100.000 habitantes. Son: Vilardevós, Paradela e Maside.

O nivel de restricións alto aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 500 casos por cada 100.000 habitantes. Medidas: hostalaría ata as 21,00 horas, só apertura de terrazas con capacidade do 50 por cento. Aplicarase aos seguintes concellos: Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.

Nivel de restricións medio, aplícase a concellos cunha incidencia entre 250 e 150 casos por cada 100.000 habitantes, que suman, tras a última actualización deste mércores, un total de 14 concellos: Boimorto, A Coruña, Culleredo, Mugardos, Ponteceso, Valdoviño, Bergondo, Laxe, Chantada, Guitiriz, Pantón, Sober, Soutomaior e Coles.

As medidas para este grupo de municipios (o 12,4 por cento da poboación) son a apertura da hostalaría ata as 21,00 horas, cun 30 por cento de capacidade no interior e un 50 por cento das terrazas.

Nivel de restricións baixo, aplícase aos concellos que teñen unha incidencia de menos de 150 casos por cada 100.000 habitantes e que son 290 en toda Galicia, o 85,6 por cento da poboación. A hostalaría poderá funcionar con capacidade do 50 por cento interior e un 75 por cento nas terrazas.

Mobilidade

Galicia continuará pechada perimetralmente. Só se poderá entrar e sair da comunidade por cuestiósn excepcionais (saúde, traballo, …)

Permítese a mobilidade en toda Galicia excepto nos concellos de Vilardevós, Paradela e Maside, que manteñen o peche perimetral. Entre o resto de municipios, aínda que estean en distintos niveis, poderá haber desprazamentos.

A fronteira con Portugal tamén seguirá pechada, salvo as excepcións habituais de saúde e traballo.

Horarios

O toque de queda mantense dende as 22h ata as 6 da madrugada.

O horario da hostalería ata as 21h (salvo nos concellos con máxima incidencia onde a hostalería permanece pechada)

Reunións

A reunións en domicilios só poderán ser entre conviventes.

As reunións entre non conviventes será de un máximo de 6 persoas e sempre en exteriores.

Nos interiores dos establecementos hostalerios só poderán reunirse un máximo de 4 persoas (convivintes ou non conviventes)

Instalacións deportivas,centros culturais, igrexas, teatros

Aforo máximo do 50% e uso obrigatorio de máscara, e distanzamento en todo momento.

Dúbidas e información no teléfono gratuíto do COVID da Xunta de Galicia 900 400 116

ÚLTIMAS

Tradutores alerta da precarización do traballo pola IA e piden non substituír humanos por máquinas

A Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI) convocou este mércores...

O BNG esixe á Xunta que rectifique o plan de transporte de Vigo e acusa o PP de “reincidir nun modelo sen futuro”

O BNG de Vigo esixiulle á Xunta que “rectifique” o plan de transporte para...

Armadores de Vigo ven “absolutamente insuficientes” as axudas para o sector pola crise de Oriente Medio

A Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo (ARVI) considera "absolutamente insuficientes"...

A Xunta cifra en 78 millóns de euros os investimentos autonómicos en Vigo “bloqueadas” polo goberno de Caballero

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, cifrou en 78 millóns de euros...