Inicio Blog Páxina 1563

Pontón destaca o “papel fundamental” de Vigo na aposta pola innovación

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, propuxo este mércores alcanzar “un gran acordo de país” para “levantar Galicia” apostando pola innovación e o coñecemento, sen “repetir erros” da crise do 2008. Así o trasladou en declaracións aos medios e ante un grupo de empresarios en Vigo, onde participou nun xantar-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.

Ana Pontón sinalou que, ante a proximidade das eleccións autonómicas, Galicia se atopa nun “momento moi importante”, no que “se xoga” o seu futuro, e lembrou que a situación “excepcional” xerada pola crise derivada da pandemia de coronavirus require de “actuacións excepcionais”.

A ese respecto, a candidata nacionalista incidiu en que Galicia “ten potencialidade” pero “necesita cambiar o rumbo”, e apuntou que o futuro “pasa por facer unha aposta pola sociedade da innovación e o coñecemento”, na que Vigo “ten que ter un papel fundamental”.

Na súa intervención ante os empresarios, Ana Pontón comprometeuse, se alcanza o goberno da Xunta, a duplicar o investimento en I+D+i en catro anos, buscar mecanismos para captar e reter o talento, e poder transferir coñecemento ao tecido socioeconómico. Trataríase de crear un “InnoGal”, a semellanza de institucións como o ICREA de Cataluña ou a Ikerbasque do País Vasco.

O traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio comezará a próxima semana

0

A Xunta empezará a próxima semana e de maneira progresiva co traslado dos tres xulgados de Tui ao novo edificio xudicial, co obxectivo de terminar o cambio en dúas semanas.

Segundo informou o Goberno galego nun comunicado, os traballos comezarán co traslado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2, seguido do Rexistro Civil e o Xulgados Número 3 e Número 1.

O novo edificio xudicial de Tui, no que a Xunta investiu 3 millóns de euros, conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados. Esta construción concentrará os tres xulgados e tres salas de vistas “con mellores condicións” que as anteriores.

O Goberno autonómico tamén sinalou que a obra está dentro do Plan de Infraestruturas Xudiciais iniciado en 2010 para “mellorar as instalacións xudiciais” galegas e no que leva investidos máis de 115 millóns de euros.

Así, recalcou que a “maior” infraestrutura xudicial da Comunidade é a Cidade da Xustiza de Vigo, a cal albergará todas as dotacións xudiciais da cidade no antigo Hospital Xeral de Vigo e está enmarcada neste mesmo Plan.

Pemex presenta denuncia penal ante a Fiscalía mexicana pola compra do estaleiro Barreras

0

O director xeral de Petróleos Mexicanos (Pemex), Octavio Romero Oropeza, informou esta semana que se interpuxo unha denuncia penal ante a Fiscalía mexicana pola participación da empresa paraestatal no estaleiro vigués Hijos de J. Barreras.

Segundo informa a prensa mexicana, a denuncia foi presentada contra Emilio Lozoya Austin, quen dirixía Pemex cando se produciu a compra do 51 por cento das accións do estaleiro, en creba, en 2013, unha operación que os directivos aseguran que causou unhas perdas de 50 millóns de euros á empresa mexicana.

Romero Oropeza recordou que, malia a compra, Pemex non participou na administración do estaleiro ata a chegada do novo Goberno mexicano, cando tomou o seu control. “Nunca houbo unha participación de Pemex, non participou na súa administración”, sentenciou.

Agora consideran “inxusticado” o investimento e censuran a “nula ou mala administración” do estaleiro vigués entre os anos 2014 e 2018, motivos polos que se presenta a denuncia penal, pola posible comisión dun delito de administración fraudulenta.

Anuncian reformas no Meixoeiro con fondos europeos días antes do inicio da campaña para as municipais

O Hospital Meixoeiro de Vigo renovará 170 camas e 170 mesillas de noite cun investimento de 627.385 euros, unha actuación do Sergas que será cofinanciada nun 80 por cento con fondos europeos.

Segundo indicou a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo nun comunicado, trátase de camas que, ao ser eléctricas e contar con maiores prestacións, son máis “manexables” para o persoal sanitario.

Na licitación, que se publicou este luns, tamén se contempla a adquisición de 25 camas, 25 mesillas e 25 cadeiras de brazos para o Hospital Álvaro Cunqueiro por un importe de 110.412 euros.

Así mesmo, entre as próximas actuacións inclúese a reforma da envolvente térmica do Hospital Álvaro Cunqueiro, cuxa obra sairá a licitación durante os próximos días, para mellorar a cuberta, a fachada e os peches.

Deste xeito, aspírase a mellorar a eficiencia enerxética do edificio de acordo coa normativa vixente, controlar o gasto enerxético e posibilitar a introdución de enerxías renovables e edificios sustentables.

Os edificios da antiga ETEA serán utilizados para a investigación e non para a gastronomía

Os edificios da antiga ETEA, o de Siemens e o de Faraday será exclusivamente para proxectos de investigación. Así o suliñou este luns o delegado da Zona Franca, David Regades. Deste xeito, o primeiro albergará proxectos de emprendemento, mentres que o edificio Faraday, albergará soamente investigación e innovación.

Tras unha xuntanza co reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, sinalou que a intención de Zona Franca é licitar antes de final de ano as obras de reforma do edificio Siemens. Descartase así a instalación de crear nel dun centro de innovación gastronómico, como expuxera a anterior delegada, Teresa Pedrosa.

Tamén explicou que o organismo que dirixe pedirá unha reunión coa Xunta para abordar os investimentos comprometidos polo goberno autonómico, que anunciou que destinaría 3 millóns de euros á rehabilitación do Faraday. Neste sentido, Manuel Reigosa confirmou tamén que o edificio Faraday, ademais de albergar actividade científica vinculada co Campus do Mar, será sede da Universidade de Verán.

Outros convenios

Universidade e Zona Franca acordaron asinar un “convenio marco” que englobará todas as actuacións que levan a cabo conxuntamente. Tamén reforzarán a Cátedra Ardán, que incluirá indicadores de igualdade e economía circular; a Cátedra Zona Franca, vinculada á investigación e aos traballos de fin de grao e fin de máster e estreitar a colaboración da Universidade co programa Vía Exterior, para favorecer a internacionalización de empresas.

Tamén apostan por impulsar iniciativas no ámbito da aeronáutica e tamén traballar conxuntamente no proxecto Vía Galicia. A ese respecto, o reitor da UVigo expresou a súa “satisfacción” porque se manteña e afortale a cooperación, e subliñou que ámbalas institucións deben ser “importantes para a área socioeconómica” de Vigo.

Restricción de paseos e visitas nas residencias de Ponteareas

0

O Concello de Ponteareas restrinxiu as visitas e os paseos na residencia de maiores municipal, ante a situación provocada pola COVID-19 noutras zonas.

Nun comunicado, o goberno local indica que estas medidas se adoptaron de maneira coordinada coa responsable da PAC do municipio.

En concreto, limítanse as saídas tanto dos propios usuarios do servizo como das visitas aos residentes no centro, a unha única persoa nos xardíns das instalacións.

Cando os cogumelos son o mellor placer dun vigués

0

Os médicos de Vigo lideran a loita en Galicia por unha Atención Primaria digna

Médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo van á folga este martes e mércores, 21 e 22 de maio, ante a sobrecarga asistencial do servizo e en defensa dunha sanidade “pública, universal e igual para todos”. Ademais dos paros, levarán a cabo concentracións ás 12,00 horas de ambos os días fronte ao centro de saúde de Rosalía de Castro, en Vigo, e unha manifestación xunto ao farol da rúa Urzáiz este mércores ás 20,00 horas, segundo anunciaron os integrantes do comité de folga nunha carta aberta.

Deste xeito, os facultativos buscan pór o foco na situación da Atención Primaria mediante uns paros convocados ante o que cualificaron como “promesas baleiras de compromiso” e unha “negación das evidencias” das súas reivindicacións por parte do Sergas.

Tamén denunciaron que se atopan “en conflito” cos dirixentes do Sergas por atender as “directrices da profesión médica” que, tal e como apuntaron, sinalan a necesidade de informar os seus superiores se “algo non funciona adecuadamente”.

Así, os profesionais aspiran a denunciar o “incremento nas listas de espera” e os “atrasos en probas diagnósticas” que levan que parte dos cidadáns opten pola sanidade privada, o que, ao seu xuízo, supón a creación dunha “sociedade de desiguais”.

Entre as súas reivindicacións atópanse un tempo mínimo de 10 minutos por consulta, a limitación das mesmas e a eliminación das electrónicas. Tamén esixirán o mantemento da derivación presencial para todas as especialidades, a supresión das caixas de correos virtuais e a limitación do tempo de acceso para probas diagnósticas e consultas externas, entre outras medidas.

CONVOCATORIA DA FOLGA

Estes paros xorden despois da convocatoria dos mesmos por parte dos facultativos o pasado 6 de maio no marco dunha asemblea á que asistiron máis de 160 persoas.

Esta iniciativa expúxose durante outra reunión de médicos da área de Vigo celebrada tras decidir os sindicatos desconvocar a folga fixada a nivel autonómico para os días 9, 10 e 11 de abril por parte do comité de folga de Atención Primaria –no que estaban representados a Coordinadora, UXT, CIG, CSIF, CESM, CC.OO. e O’Mega– tras unha negociación alcanzada co Sergas.

Este desestimiento provocara un malestar entre a facultativos da área viguesa que, posteriormente, os levou a convocar os paros que se celebrarán esta semana e que serán apoiados por profesionais de distintas cidades galegas mediante concentracións puntuais.

Ante a sobrecarga asistencial, tamén chegaron a exporse medidas como o rexeitamento á tutorización de Médicos Interno Residentes (MIR) e un boicot ás eleccións sindicais, que finalmente non foron levadas a cabo.

No marco do seu rexeitamento ás propostas da Consellería de Sanidade, a maior parte dos Xefes de Unidade e Servizo da área sanitaria viguesa tamén renunciaron ao seu cargo o pasado mes de decembro, aínda que a dimisión non foi aceptada pola Xunta ao insistir na necesidade de diálogo.

Finalmente, en marzo produciuse o abandono definitivo dos cargos por parte destes médicos, que a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo comezou a substituír con outros profesionais dos centros.

O PP aproveita o peche da oficina de Isfas en Vigo para reclamar responsabilidades ao Goberno central

O excomandante da Mariña de Vigo Carlos Sande insistiu na necesidade da presenza dunha “oficina física” da Subdelegación do Instituto das Forzas Armadas (Isfas) na cidade olívica, cuxo peche foi anunciado polo Ministerio de Defensa. Unha reclamación que aproveitou o PP local para remitir unha carta ao Goberno na que lle esixe que se manteña a prestación do servizo na cidade.

Tras unha reunión entre usuarios do Isfas e representantes do PP celebrada este martes en Vigo, Carlos Sande cualificou de “barbaridade” que se busque “optimizar” o servizo xa que, segundo resaltou, os usuarios do mesmo son persoas maiores que non poden beneficiarse do acceso a trámites a través de Internet e que deberán acudir á Subdelegación de Pontevedra para realizalos en persoa.

Preguntado pola proposta de apertura dun portelo no Concello olívico, Sande denunciou que esta non é unha solución e insistiu na necesidade do mantemento da oficina actual que, tal e como asegurou, é unha das que “mellor” funciona de España. Así, resaltou a importancia de que os usuarios poidan realizar os seus trámites “en persoa” e dun modo inmediato.

A portavoz do Grupo Municipal Popular, Elena Muñoz, avanzou que demandará o anuncio do mantemento do servizo á ministra de Defensa, Margarita Carballos, a través dunha carta. Así, volveu a incidir en que para os 4.000 usuarios do Isfas de Vigo é “practicamente imposible” desprazarse a Pontevedra debido á súa avanzada idade.

CRÍTICAS AO ALCALDE

Ademais, acusou ao alcalde, Abel Caballero, de “inventar compromisos” por parte da ministra de Defensa –en relación ao anuncio do rexedor de que a sede se mantería na cidade tras unha reunión con Carballos– que “non se viron plasmados”.

Así mesmo, criticou que o Goberno central tente aforrar custos mediante a supresión dun servizo prestado a aqueles “que máis o necesitan”. Fronte a esta situación, volveu a apuntar que a Subdelegación do Isfas na cidade olívica xa non consta na páxina web correspondente, o que, na súa opinión, proba o peche definitivo.

Arbo e A Guarda celebran a excelencia gastronómica da súa lamprea

0

Todas as persoas que desexen degustar lamprea á bordalesa poderán achegarse á Guarda as fins de semana ata o 14 de abril. Porque o Concello da Guarda, en colaboración cos establecementos hostaleiros da vila, organiza as xornadas gastronómicas «Lamprea do Miño», que se celebrarán en 10 bares e restaurantes co obxectivo de potenciar A Guarda como destino gastronómico da lamprea.

Durante estas xornadas, as veciñas e veciños da nosa vila e a súa contorna poderán degustar a lamprea na súa preparación máis tradicional, á bordalesa, a un prezo único por ración de 22€. A lamprea enteira terá un prezo de 65€. Dada a larga elaboración que precisa este manxar é preciso a reserva previamente nos restaurantes.

Os establecementos adheridos a esta campaña son os restaurantes Area Grande, Arruaz, Brétema, Bar Casa Aquilino, Enxebre, La Pizzicata, Marbella, O Cangrexal, O Roxo e Xantar. Esta nova iniciativa gastronómica transformouse o ano pasado da vontade conxunta de impulsar a gastronomía local e a súa riqueza, centrando os esforzos na exaltación dun dos manxares máis descoñecidos do noso río.

Lamprea do Miño/ A Guarda

Este ano aumentáronse as fins de semana para que todos os interesados podan degustar a lamprea na súa elaboración máis tradicional e como leva preparándose durante xeracións na Guarda.

Dentro desta mesma campaña, o alumnado de 6º de primaria dos centros de ensino da Guarda participarán na xornada didáctica «Coñecedes a lamprea?», unha iniciativa que leva organizando dous anos. Dada a boa acollida da proposta, os cativos e cativas repetirán a experiencia, na que poderán achegarse ás técnicas de pesca da lamprea no río Miño, agora en temporada. Departamento de Comunicación y Prensa Concello da Guarda.

Esta xornada componse de dúas partes: unha primeira actividade didáctica que se realizará na Casa dos Alonso, onde as nenas e nenos poderán coñecer máis polo miúdo a lamprea a partir dunha reportaxe audiovisual sobre a pesca desta na desembocadura do Miño.

Contarán, ademais, co testemuño de pescadores, que explicarán a súa profesión aos cativos e cativas mediante os aparellos de pesca que empregan e, como non, as vivencias e anécdotas.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

Deseguido, o alumnado poderá elaborar na aula uns debuxos coa temática «Desembocadura do Miño e a lamprea». Os traballos exporanse na Praza de Abastos dende o sábado 13 de abril. A lamprea é un produto de temporada polo que estas xornadas organízanse para dar a coñecer a lamprea do Miño como un produto gastronómico de excelencia.

A temporada de pesca na desembocadura do Miño comeza en xaneiro e finaliza a mediados de abril e durante estes meses pódese observar a decenas de pescadores nas súas embarcacións como realizan este duro traballo largando a rede, coñecida como lampreeira, e izándoa mentres as correntes do río os desprazan. Como peche a esta campaña está previsto a realización dun showcooking o sábado 13 de abril na Praza de Abastos.

Esta actividade amosará como se elabora unha receita de lamprea. É moi interesante percorrer os sendeiros das praias da desembocadura do río Miño contemplando a paisaxe e os pescadores de lamprea traballando durante a subida da marea. Nestas praias aínda se conservan coa marea baixa restos de varias pesqueiras (construcións en pedra), que debido a súa antigüidade se descoñece se tamén empregaban para capturan as lampreas ademais de peixes.

arbo

O pasado sábado, o Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea (Museo Arabo) de Arbo recibiu a visita da Academia Galega de Gastronomía. Ao encontro acudiron membros da Academia Galega de Gastronnomica, acompañados polo Alcalde do Concello de Arbo Horacio Gil e o vicepresidente desta escola, Francisco García Bobadilla, expresidente da rede de paradores nacionais, e o que foi director xeneral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia e secretario xeral para o Turismo da Xunta de Galicia.

Os asistentes tiveron a oportunidade de contemplar o museo, un lugar onde comprenderon a enorme vinculación histórica dos arbenses co viño e a lamprea. Tamén visitaron a vinoteca do edificio, onde puideron degustar os viños das adegas de Arbo con D.O Rias Baixas. Alí coñeceron a vida deste manxar a través dos vídeo interpretativos e coñeceron máis a fondo a historia das Pesqueiras, esas construcións abrazando ao Río Miño, nos que se pesca a lamprea.

Museo da lamprea en Arbo/ Concello de Arbo

Trás coñecer a historia e atributos de Arbo no museo, os asistentes puideron degustar lamprea en varios estilos: á bordalesa, rechea, asada á brasa, con fideos e tirabeques ou en empanada.

Unha cociña “de excelencia”, “variada”, “de coidada gastronomía tradicional” e que contribúe a “exaltar os produtos autóctonos”. Estes son, entre outros, algúns dos cualificativos que recibiu a oferta gastronómica de Arbo, centrada fundamentalmente nestes dous produtos milenarios: o viño e a lamprea. O Alcalde de Arbo, Horacio Gil, tamén presente nestes actos, destacou que “a lamprea, o viño e as pesqueiras son o reflexo da forma de vida, da cultura e a tradición de Arbo”.

Lamprea rechea/ Arbo

Afirmando tamén que este tipo de encontros forman parte da forte estratexia de promoción que esta levando a cabo o Concello de Arbo para promocionar os seus atributos, as súas festas e a súa inmellorable oferta gastronómica e hospitalaria.

“A tempada de lamprea este ano está a ser todo un éxito e verémolo reflectido en abril cando recibiremos a máis visitantes que Concello de Arbo Praza nunca na nosa prezada Festa da Lamprea, que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril”.

as pesqueiras

Cun paseo ao longo do Miño descubriremos 270 pesqueiras, exemplos de arquitectura popular usadas aínda hoxe para a pesca artesanal da lamprea. As pesqueiras debuxando o transcurso do Miño son símbolos da arquitectura popular e os vestixios da pesca da lamprea durante os primeiros meses do ano.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

“As pesqueiras forman parte da cultura, das tradicións e do modo de vida das persoas que teñen os seus fogares en Arbo. Durante moitos anos as Pesqueiras e xa que logo a pesca da lamprea, formaron parte imprescindible do traballo e a economía dos arbenses”, rememoran dende o concello.

Aseguran os historiadores que xa en tempos da Roma Imperial, amos de vastos imperios facían levar lampreas vivas desde a zona de Arbo á asollada Italia, para posteriormente conservalas ata o momento de ser preparadas e servidas á mesa.

Pero a fama da que goza Arbo a nivel internacional, grazas á lamprea, non só lla dá a calidade do produto, senón a forma artesanal de pescala utilizando a rede e as denominadas pesqueiras.

Pesqueiras/ Concello de Arbo

As pesqueiras, con forma de paralelípedos, compóñense de varios corpos chamados poios, dispostos en posición paralela ou en batería respecto ao curso do río. Entre os poios, existen estreitos calellos polos que se deixa discorrer a auga do río, ademais de conformar o espazo suficiente para colocar o “buiturón”, unha rede cónica coa que se pescan as diferentes especies piscícolas do baixo Miño, en especial a lamprea.

As dimensións das pesqueiras varían segundo as esixencias topográficas e do nivel de auga de cada tramo do río, con todo, cada poio adoita ter unha medida estándar de dous metros de ancho, catro ou cinco de longo e entre catro e seis de alto.

Segundo ten manifestado o alcalde de Arbo, Horacio Gil, responsable así mesmo do Área de Turismo e Promoción do Concello de Arbo, as pesqueiras constitúen parte inseparable da cultura, da tradición, da sociedade e da contorna natural e paisaxística do Concello de Arbo.

Uns valores inherentes e únicos que conforman a identidade dos arbenses como pobo. A tradición da pesca da lamprea en Arbo conta con séculos de antigüidade. Estas construcións, de indubidable interese arquitectónico e etnográfico, seguímolas utilizando para capturar a lamprea.

“O auxe do turismo experimentado no noso pobo, cada vez máis frecuentado por visitantes de todo o mundo, lévanos a obter o sobrenome de “Arbo, capital Mundial da Lamprea”.

ata na china

Arbo, a lamprea, as súas receitas, a pesca e a Festa da Lamprea, están a causar unha gran expectación en China, trala visita dunha xornalista gastronómica dese país. A lamprea é un singular animal que segue espertando paixóns e curiosidades entre todas aquelas persoas que descobren a súa existencia.

O pasado ano, unha xornalista chinesa desprazouse ata o Concello de Arbo para realizar un programa de dúas horas sobre a Lamprea, a pesca, a gastronomía e a Festa da Lamprea, para o medio de comunicación online Pear video.

Programa / Concello de Arbo

O equipo de contido e operacións de video de Pear está formado por membros
experimentados de influíntes medios chineses comoThePaper.cn ou o Shanghai Media Group, entre eles corresponsais de guerra, cineastas documentales e geeks creativos de Internet. O programa gravado en Arbo conseguiu 500.000 visualizacións no seu primeiro lanzamento.

Programa / Concello de Arbo

“Unha vez máis queda demostrado que Arbo é referencia deste vertebrado, un dos máis antigos do Planeta, e que podemos ter o orgullo de levar o sobrenome de Arbo Capital Mundial da Lamprea”, subliñan dende o Concello.

“A lamprea, especie milenaria, convertíase no ano 1961 en símbolo identificativo de Arbo coa súa primeira Festa, declarada de interese Turístico Nacional no ano 2016 e que aspira a ser de Recoñecemento Interese Turístico Internacional”, en palabras do alcalde, Horacio Gil, que tamén afirma que a visita da xornalista e o interese de medios chineses na Festa, “é unha mostra da paixón que suscita no panorama tanto nacional como internacional”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed