InicioSociedadeO traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio comezará a próxima...

O traslado dos xulgados de Tui ao novo edificio comezará a próxima semana

Cóntase que o cambio remate en dúas semanas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta empezará a próxima semana e de maneira progresiva co traslado dos tres xulgados de Tui ao novo edificio xudicial, co obxectivo de terminar o cambio en dúas semanas.

Segundo informou o Goberno galego nun comunicado, os traballos comezarán co traslado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2, seguido do Rexistro Civil e o Xulgados Número 3 e Número 1.

O novo edificio xudicial de Tui, no que a Xunta investiu 3 millóns de euros, conta cunha superficie de 1.500 metros cadrados. Esta construción concentrará os tres xulgados e tres salas de vistas “con mellores condicións” que as anteriores.

O Goberno autonómico tamén sinalou que a obra está dentro do Plan de Infraestruturas Xudiciais iniciado en 2010 para “mellorar as instalacións xudiciais” galegas e no que leva investidos máis de 115 millóns de euros.

Así, recalcou que a “maior” infraestrutura xudicial da Comunidade é a Cidade da Xustiza de Vigo, a cal albergará todas as dotacións xudiciais da cidade no antigo Hospital Xeral de Vigo e está enmarcada neste mesmo Plan.

ÚLTIMAS

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...

O Sergas garante asistencia a quen deixe Povisa e escolla o Cunqueiro

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, subliñou que se “dará resposta” ás necesidades...

O BNG carga contra Concello e Xunta polo desaloxo de Beiramar: “Máis de vinte persoas seguen na rúa”

O BNG de Vigo denunciou este martes que, unha semana despois do desaloxo da...