InicioSociedadeOs médicos de Vigo lideran a loita en Galicia por unha Atención...

Os médicos de Vigo lideran a loita en Galicia por unha Atención Primaria digna

Os paros realizaranse este martes e mércores, 21 e 22 de maio, ante a sobrecarga asistencial do servizo e en defensa dunha sanidade "pública, universal e igual para todos", tras ser desconvocada a folga a nivel autonómico polos sindidatos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Médicos de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo van á folga este martes e mércores, 21 e 22 de maio, ante a sobrecarga asistencial do servizo e en defensa dunha sanidade “pública, universal e igual para todos”. Ademais dos paros, levarán a cabo concentracións ás 12,00 horas de ambos os días fronte ao centro de saúde de Rosalía de Castro, en Vigo, e unha manifestación xunto ao farol da rúa Urzáiz este mércores ás 20,00 horas, segundo anunciaron os integrantes do comité de folga nunha carta aberta.

Deste xeito, os facultativos buscan pór o foco na situación da Atención Primaria mediante uns paros convocados ante o que cualificaron como “promesas baleiras de compromiso” e unha “negación das evidencias” das súas reivindicacións por parte do Sergas.

Tamén denunciaron que se atopan “en conflito” cos dirixentes do Sergas por atender as “directrices da profesión médica” que, tal e como apuntaron, sinalan a necesidade de informar os seus superiores se “algo non funciona adecuadamente”.

Así, os profesionais aspiran a denunciar o “incremento nas listas de espera” e os “atrasos en probas diagnósticas” que levan que parte dos cidadáns opten pola sanidade privada, o que, ao seu xuízo, supón a creación dunha “sociedade de desiguais”.

Entre as súas reivindicacións atópanse un tempo mínimo de 10 minutos por consulta, a limitación das mesmas e a eliminación das electrónicas. Tamén esixirán o mantemento da derivación presencial para todas as especialidades, a supresión das caixas de correos virtuais e a limitación do tempo de acceso para probas diagnósticas e consultas externas, entre outras medidas.

CONVOCATORIA DA FOLGA

Estes paros xorden despois da convocatoria dos mesmos por parte dos facultativos o pasado 6 de maio no marco dunha asemblea á que asistiron máis de 160 persoas.

Esta iniciativa expúxose durante outra reunión de médicos da área de Vigo celebrada tras decidir os sindicatos desconvocar a folga fixada a nivel autonómico para os días 9, 10 e 11 de abril por parte do comité de folga de Atención Primaria –no que estaban representados a Coordinadora, UXT, CIG, CSIF, CESM, CC.OO. e O’Mega– tras unha negociación alcanzada co Sergas.

Este desestimiento provocara un malestar entre a facultativos da área viguesa que, posteriormente, os levou a convocar os paros que se celebrarán esta semana e que serán apoiados por profesionais de distintas cidades galegas mediante concentracións puntuais.

Ante a sobrecarga asistencial, tamén chegaron a exporse medidas como o rexeitamento á tutorización de Médicos Interno Residentes (MIR) e un boicot ás eleccións sindicais, que finalmente non foron levadas a cabo.

No marco do seu rexeitamento ás propostas da Consellería de Sanidade, a maior parte dos Xefes de Unidade e Servizo da área sanitaria viguesa tamén renunciaron ao seu cargo o pasado mes de decembro, aínda que a dimisión non foi aceptada pola Xunta ao insistir na necesidade de diálogo.

Finalmente, en marzo produciuse o abandono definitivo dos cargos por parte destes médicos, que a xerencia da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Vigo comezou a substituír con outros profesionais dos centros.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...