Inicio Blog Páxina 1562

O antes e o despois do estoupido de Tui

0

Imaxe comparativa do antes e o despois da zona cero onde se aprecian as edificacións reducidas a pó pola violencia da explosión.

FAO defende en Vigo o papel do peixe nunha nutrición sustentable, nun congreso con presenza da Raíña Letizia

A organización para a nutrición das Nacións Unidas, FAO, así como científicos e autoridades, defenderon este luns en Vigo o papel do peixe e dos alimentos acuáticos nunha nutrición sustentable a nivel mundial, na inauguración do IX congreso FAO-Conxemar que serve de ‘pistoletazo’ de saída á celebración da feira internacional de produtos do mar conxelados, Conxemar.

A súa Maxestade a Raíña Letizia asistiu á inauguración do evento, no Auditorio Mar de Vigo e, aínda que non interveu, mostrou coa súa presenza o seu apoio o traballo da FAO no seu camiño para acabar coa fame no planeta.

A Raíña, Embaixadora Especial de Nutrición da FAO, entrou no Auditorio acompañada polo ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas; polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, e polo presidente de Conxemar, José Luís Freire. Antes de asistir á inauguración da xornada, saudou aos organizadores do Congreso e ao equipo de Conxemar, así como aos relatores que participan neste foro.

Na inauguración do Congreso, os asistentes puideron escoitar a mensaxe do director gerenal da FAO, Qun Dongyu, quen advertiu de que “o mundo non está encamiñado a cumprir” o compromiso de acabar coa fame e a desnutrición en 2030, polo que instou a “transformar” os sistemas agroalimentarios e facelos máis sustentables e eficientes.

Respecto diso, asegurou que o peixe e as proteínas mariñas están chamados a ser unha compoñente chave neses sistemas alimentación, grazas aos seus compoñentes nutricionais e ao seu baixo impacto ambiental, e poden axudar a acabar coa fame. Por iso, lembrou que a acuicultura xoga un papel fundamental no novo Marco Estratéxico 2022-2031 da FAO.

PESCA SUSTENTABLE, GARANTE DA SEGURIDADE ALIMENTARIA

Pola súa banda, o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, sinalou que os sistemas agroalimentarios inclusivos e sustentables supoñen unha oportunidade para cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e o Acordo de París e, nese sentido, son fundamentais accións como, por exemplo, a loita contra a pesca ilegal. “Os recursos pesqueiros sustentables xogan un papel chave como garantes da seguridade alimentaria mundial e provedores de proteína de alta calidade”, destacou o ministro.

Así mesmo, incidiu en que a lei de pesca sustentable e investigación pesqueira que se está tramitando “vai ser un instrumento eficaz para apoiar esa aposta polo futuro” e o seu obxectivo é “modernizar o sector, asegurar a súa continuidade e lograr o aproveitamento óptimo dos recursos”.

Ese marco normativo, engadiu, pon o foco na substitución xeracional, a mellora das condicións nos buques, o avance na investigación, a potenciación do asesoramento científico e a optimización do consumo enerxético.

IMPACTO SOCIO CULTURAL E RELEVANCIA SANITARIA

Mentres, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou na súa intervención o impacto social, cultural e económico da actividade pesqueira en Galicia, onde a cadea mar-industria xera máis de 9.000 millóns de euros de facturación e 50.000 empregos.

Pero ademais diso, subliñou a “relevancia sanitaria” do consumo de peixe e da dieta atlántica, en todas as idades, para lograr unha nutrición adecuada e para a prevención de enfermidades. De feito, recalcou, “a dieta atlántica asóciase cunha menor mortalidade” e o peixe é “un reductor do gasto sanitario”.

O presidente de Conxemar, José Luís Freire, aproveitou a súa intervención para pór en valor o papel do complexo mar-industria e dos alimentos acuáticos na saúde, aínda que lamentou que a Comisión da UE non incluíse o peixe na súa listaxe de alimentos, dentro das súas estratexias sobre sustentabilidade e boas condutas no Pacto Verde.

“Moita xente queda fóra das prestacións sociais polos labirintos telemáticos que hai que pasar”

0

Continúa a mobilización pola defensa dos dereitos sociais no marco da cidade de Vigo. A Oficina de Dereitos Sociais do barrio de Coia vén de lanzar un comunicado contra esa ‘nova normalidade’ na que sinalan, se “precarizan aínda máis as condicións de vida”. As críticas da Oficina recollen, neste aspecto, moitas das denuncian que veñen de encher a axenda temática nas semanas pasadas, en particular as relativas ás persoas “máis vulnerabilizadas”.

Entre estas nomean “os cortes e de luz e os desafiuzamentos”, que vencellan con dispositivos antiokupación; unha problemática moi de actualidade o pasado verán. En liñas paralelas, a Oficina denuncia que “para solicitar unha prestación social” se teña que pasar por un “labirinto” telemático, de xeito que queda “moita xente fóra”. “Está claro que a pandemia supuxo unha volta máis na espiral do empobrecemento para aquelas persoas que xa se atopaban no fío da navalla da exclusión”, subliñan ao fío.

Nunha dinámica semellante, a Oficina critica que este empobrecemento xeral denunciado coa pandemia está a coller como “colectivos máis afectados” as persoas inmigrantes; “e máis aínda as que se atopan en situación administrativa irregular xa perderon as súas fontes de ingreso coas medidas de confinamento”, explican. “Sen cartos, sen papeis e sen dereito a prestacións como a RISGA, as Axudas de Emerxencia Social e o Ingreso Mínimo Vital”.

REGULARIZACIÓN

Por estas razóns, a oficina esixe a “regularización permanente e incondicional a todas as persoas migrantes e refuxiadas residentes no Estado Español”, así como o “cese das políticas represivas nas fronteiras e a desarticulación do racismo estrutural que segue a violentar as vidas das persoas racializadas”. Lembran, neste aspecto, a campaña desenvolta no pasado mes de novembro baixo o título “Normalizar os dereitos”.

UVigo impulsará a investigación e un programa formativo para estudantes

0

O reitor da Universidade de Vigo (UVigo), Manuel Reigosa, sinalou que asinou un convenio coa Fundación Mentor para “impulsar a investigación” na institución educativa e “potenciar un programa de formación para estudantes”.

No marco da rúbrica co presidente da Fundación Mentor e director executivo de Zendal, Andrés Fernández; o reitor asegurou que este acordo marco, de catro anos de duración, “responde á vocación” da universidade de “manter unha relación constante coa sociedade” e “estreitar lazos” coa empresa.

Nesta liña, precisou que se busca “potenciar ao máximo as capacidades da formación académica de excelencia” pola que aposta a universidade e lembrou que este convenio oficializa unha “colaboración” coa Fundación Mentor xa existente.

Así, Manuel Reigosa concretou que permitirá un traballo conxunto para “impulsar a investigación que se fai na UVigo” e “potenciar un ambicioso programa orientado á formación complementaria dos seus estudantes”.

Condenada a 9 meses de prisión por perseguir “diariamente” á parella do seu ex-mozo e vixiala cuns prismáticos

Unha muller aceptou unha pena de 9 meses de prisión e pagar 7.180 euros en concepto de responsabilidade civil por perseguir e acosar á parella do seu exmozo, segundo determinou a xuíza da Sala do Penal 1 de Vigo, tras un acordo de conformidade que fixo innecesaria a celebración do xuízo

A acusada, M.J.P.A., enfrontábase a unha petición dun ano e tres meses de cárcere por un delito de acoso, pero finalmente aceptou os 9 meses de prisión. Así mesmo, deberá indemnizar á vítima en 7.180 euros polos días de baixa e polas secuelas que lle causou ese acoso; e impor tamén a prohibición de achegarse a menos de 100 metros da muller e do seu domicilio, e de comunicarse con ela por un período de 2 anos

ACOSO

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, M.J.P.A. mantiña, polo menos desde novembro de 2017, unha “actitude de persecución e confrontación” coa vítima, por mor de que esta iniciase unha relación co seu exmozo. Así, presentábase “diariamente” na estación de autobuses de Gondomar (Pontevedra) para atoparse coa vítima, que acudía a coller un bus para ir a Vigo a traballar. Á volta da xornada laboral, M.J.P.A. tamén a estaba esperando.

Tras unha intervención da Policía Local, a muller deixou de falar á parella do seu exmozo, pero quedaba mirando para ela fixamente, continuou perseguíndoa, ás veces ata o seu domicilio, presentábase nas cafetarías onde estaba, ou quedaba no exterior dos caixeiros automáticos cando a muller os estaba utilizando. Por riba, segundo as mesmas fontes, a acusada, vixiaba o seu domicilio cuns prismáticos, e mesmo chegou a perseguir á filla da vítima e a presentarse no traballo da súa irmá.

Toda esta situación provocou na parella do seu exmozo un trastorno adaptativo, que precisou tratamento farmacolóxico e, como secuela, quedou un trastorno derivado do eventual retorno do factor estresante.

Traballadores da conserveira Thenaisie reclaman a súa venda para evitar a súa liquidación

Traballadores da conserveira Thenaisie concentráronse este venres en Vigo para reclamar que se permita a venda da mesma a un empresario galego que realizou unha proposta de compra, xa que consideran que representa a única alternativa para evitar que entre en liquidación.

En concreto, a concentración, convocada pola CIG, foi realizada ante o despacho de avogados Garrigues, que, segundo sinalou a secretaria de Alimentación do sindicato no Salnés, Rosa Abuín, asesora á empresa, cuxa dirección se atopa en Romanía, xunto á directora financeira da conserveira.

Deste xeito, lembrou que un empresario galego, que conta con frota propia, presentou unha oferta “firme” para a compra da conserveira Thenaisie Provote, que entrou en concurso de acredores o pasado mes de maio pola súa situación de insolvencia.

De feito, este xoves reuníronse este empresario, representantes dos traballadores e a directora financeira de Thenaisie, na que o investidor galego mostrou o seu compromiso para manter os 125 empregos das dúas plantas do Grove –fábrica de produción– e Mos –loxística–. Abuín tamén indicou o empresario galego puxo como data límite o vindeiro xoves para obter unha resposta.

Ademais, a sindicalista acusou á directora financeira da empresa e ao despacho de avogados de “pór trabas” a unha proposta, que, segundo sinalou, “garante todos os postos de traballo”. Deste xeito, tachou de “escusa” que os asesores afirmen que traballan en interese do seu cliente dado que, segundo lembrou, esta empresa atópase en concurso de acredores.

Así, Rosa Abuín advertiu que, se non se modifica esta posición, a conserveira “irá á liquidación”, polo que o cliente da directora financeira e o despacho de avogados “non vai recibir absolutamente nada”.

Nesta liña, apuntou á posibilidade de que se comezou a realizar unha “manobra” co obxectivo de que a conserveira entre en liquidación e non sexa preciso garantir os postos de traballo. Por este motivo, avanzou que os traballadores de Thenaisie continuarán “a loita”.

O Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra declarou en concurso voluntario de acredores á empresa Thenaisie Provote o pasado mes de maio. As facultades de administración e disposición da compañía sobre o seu patrimonio quedaron intervidas pola administración concursal.

O prazo para presentar o informe da administración concursal é de dous meses. Thenaisie Provote alegou que se atopa en estado de insolvencia. Para acreditalo, presentou a memoria da súa historia xurídica e económica, un inventario de bens e dereitos e a relación nominal dos seus acredores, xunto con outros documentos. Nos informes, indica que o seu pasivo é superior ao cinco millóns e que conta con 464 acredores.

Abel Caballero autotransfírese as competencias sobre o Lagares: “Gústelle ou non á Xunta, xa é noso”

O alcalde de Vigo e candidato do PSOE á reelección, Abel Caballero, autotransferiuse este mércores as competencias sobre o río Lagares, e sinalou que, unha vez que o Concello recibiu autorización para facer labores de limpeza e mantemento da parte urbana da canle, o río “xa é de Vigo”.

O alcalde tamén anunciou que o Concello fará eses labores de limpeza, un paseo, e nova iluminación. “Nun ano estará marabilloso para pasear, sen contaminación, limpo”, proclamou.

Cuestionado polos xornalistas acerca de se houbo unha transferencia formal das competencias sobre o Lagares (que ostenta a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa, a través de Augas de Galicia), Abel Caballero limitouse a asegurar: “Unha vez que temos autorización –para limpar– xa é noso, xa é de Vigo, quedámonolo. Gústelle ou non á Xunta, hoxe quedámonos o río Lagares enteiro, xa non pedimos máis permisos“.

“A partir de agora encárgome eu. Eu respondo do río Lagares. Que me dean un tempiño para polo como Deus manda”, dixo Caballero, quen cualificou o Lagares como un curso fluvial “máxico” e “milagreiro” porque “nunca se seca”.

O alcalde reclama desde hai tempo á Xunta que lle transfira as competencias sobre o río, alegando que o Goberno galego non se encarga de limpar as marxes. A administración autonómica lembrou ao rexedor e ao goberno local en varias ocasións que, segundo o Plan Hidrolóxico Nacional (e tal e como tamén se recolle na instrución que a Xunta publicou en xaneiro deste ano) corresponde aos concellos a limpeza das canles públicas que transcorren por zonas urbanas.

Piden a ampliación do parque natural do monte Aloia a toda a serra do Galiñeiro polo seu valor natural e social

A Plataforma pola Protección da Serra do Galiñeiro vén de alegar o Plan reitor de uso e xestión (PRUX) do parque natural do monte Aloia, sometido a información pública dende o pasado novembro ata o día 3 deste mes.

A alegación é para pedir que o citado parque natural sexa ampliado ata abarcar a totalidade da serra de Galiñeiro, “dado que eses son os límites fisiográficos da citada serra, e porque os valores do Galiñeiro son quen de merecer tal figura de protección“, subliñan.

“Hai que ter en conta que nesta parte norte da serra os elementos xeolóxicos e paisaxísticos, os hábitats, os valores botánicos e faunísticos, os elementos etnográficos e arqueolóxicos e o potencial científico, educativo e de esparcimento social son nalgúns casos superiores aos do propio monte Aloia”, engaden.

Dende o ano 2010 esta plataforma loita pola protección da serra de Galiñeiro, denunciando diferentes atropelos aos que se ve sometida, nomeadamente o proxecto de parque eólico e a explotación mineira de Terras Raras.

Dende entón, esta plataforma ten posto de manifesto os valores naturais, patrimoniais e sociais da serra, e así mesmo os distintos colectivos e persoas que a compoñen teñen debatido sobre a figura de protección máis acaída para este espazo natural, chegando á conclusión de que a figura de parque natural é a adecuada, sen desbotar outras que tamén puidesen darlle a este territorio unha protección máis local dende os distintos concellos que a forman ou dende as comunidades parroquiais que teñen territorio nela.

Serra da Peneda (Portugal), plena natureza/ Miguel Núñez

Solicitan a ampliación do parque Natural Monte Aloia por valores de todo tipo, como son os xeolóxicos, de feito “toda a serra é un notorio Monte Illa ou inselberg referencia no relevo do sur de Galicia”.

A importancia petrolóxica e mineralóxica desta serra lévaa a ser considerada LIG (Lugar de Interés Geológico, código: 261001) polo “Instituto Geológico y Minero de España”. “Isto é debido a que as rochas que a forman teñen una composición química moi significativa e pouco habitual na Península Ibérica, e incluso a nivel mundial“, destacan.

As súas rochas conteñen minerais ricos en Terras Raras, algúns deles son a monacita, a fergusonita e a dingdaoenxita. Este último, atopado recentemente nesta serra, é a segunda cita mundial.

cores de outono
Outono na serra do Xurés (Portugal)/Miguel Nuñez

Ademais, a serra do Galiñeiro está considerada como Área de Especial Interese Paisaxístico no Catálogo das Paisaxes de Galicia AEIP_08_20 Serra do Galiñeiro. Na ficha correspondente do Catálogo sinálanse algúns dos valores da serra.

En canto á biodiversidade, “aunque unha gran parte do Parque Natural Monte Aloia está ocupada por repoboacións de especies exóticas, pola contra a serra de Galiñeiro contén varios hábitats de Interese Comunitario amparados pola Directiva 92/43/CEE do Consello do 21 de maio do 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres”, destacan desde a Plataforma.

Ademais, “debido á orografía da serra e a situación xeográfica da mesma conflúen nela os ambientes mediterráneo e atlántico, polo que este espazo constitúe unha encrucillada fitoxeográfica onde se dan elementos montanos e continentais con elementos termófilos e litorais, así como elementos atlánticos con elementos mediterráneos, o que da lugar, incluso, á existencia de endemismos”.

No tocante á fauna, subliñan o valor de especies como a azulenta papuda, a rá patilonga, o sapo común ou o merlo azul, “especie de presenza moi escasa e localizada en Galicia, na zona máis septeptrional da Serra do Galiñeiro”.

Castiñeiros outono
Outono no Barco de Valdeorras / Miguel Nuñez

Ademais, “na serra de Galiñeiro vive unha poboación de cabalos en réxime de liberdade correspondente ao cabalo autóctono coa denominación de “Cabalo de Pura Raza Galega” que está incluído no catálogo Oficial de Razas de Ganado de España (Real Decreto 2129/2008, do 16 de decembro) e o no Grupo de Razas Autóctonas en Perigo de Extinción. Ademáis do valor intrínseco desta caste de cabalo, este animal exerce o papel de especie clave no mantemento dos hábitatas naturais da serra e da súa biodiversidade”.

E sen falar xa do etnográfico e arqueolóxico, “coa presenza na serra do panel de armas de “Auga da Laxe”, petróglifo de características únicas no continente europeo, e de campos de mámoas coma o de “Os Bromús” con tres mámoas, ou o do “Monte das Moutas” con sete”.

“Galiñeiro é un espazo rodeado por grandes núcleos de poboación galegos como os concellos de Vigo, Mos, O Porriño, Tui e Gondomar, ásí pois está chamado a ser no futuro un verdadeiro pulmón e lugar de lecer e aprendizaxe da bisbarra. Existen varias rutas oficiais de sendeirismo como o GR 53 Panorámico de Vigo, o PR-G1 Galiñeiro e o PR-G2 Aloia, que descorren pola serra de Galiñeiro, e son moi transitados”, conclúen.

Abanca e confrarías de Vigo fixan como prioridade o acceso ao crédito

Abanca informou este xoves de que unirá de novo esforzos coas principais confrarías do sur de Galicia e abordará os desafíos estratéxicos deste sector na ría de Vigo. Estas son as principais conclusións da reunión de coordinación que tivo lugar na sede institucional do banco en Vigo e á que asistiron os representantes dos principais depósitos do sur da provincia de Pontevedra.

Por sexto ano consecutivo, a entidade financeira organizou este foro de traballo, que nesta edición se viu reducido tanto en asistentes como en duración polos efectos da pandemia. O director territorial de Abanca en Vigo, Walter Álvarez, e o director de Abanca Mar, Javier Fraga, foron os responsables de conducir unha reunión que serviu tamén para renovar o convenio de colaboración que une o banco cos distintos depósitos.

Con esta reunión, o banco quixo precisamente establecer unha interlocución directa co colectivo e expor solucións a través do seu catálogo sectorial. Segundo explica nun comunicado, trátase dunha proposta de crédito única no sector, grazas á súa unidade especializada Abanca Mar, que se adapta de maneira continua ás necesidades dos profesionais e empresas do mar. Entre as alternativas xa dispoñibles, sobresaen as opcións a medida para o financiamento de circulante, os préstamos para financiar a compra de materias primas en campaña, mareas, pagos de gasóleo ou de dereitos de pesca; os anticipos de subvencións ou pago de impostos, e tamén outros produtos e servizos como leasing mobiliario, avais ou seguros, entre outros produtos.

DESAFÍOS

Máis aló da firma dos distintos convenios de colaboración que unen a Abanca e aos depósitos e que garanten un acceso rápido ás mellores alternativas de crédito, o encontro serviu para impulsar os eixos estratéxicos de traballo do sector. Un dos puntos clave foi a renovación da frota e a aposta pola sustentabilidade.

O banco presentou a súa oferta adaptada de crédito, que se articula fundamentalmente a través da hipoteca naval ou préstamos a tipo fixo, para facilitar a construción de novas embarcacións ou a renovación das actuais. Así mesmo, os representantes das confrarías mostráronse moi preocupados polos efectos da pandemia na actividade do sector, pero tamén polo cambio de hábitos dos consumidores.

Segundo apunta a entidade, este sexto encontro especializado serviu tamén para tratar outras cuestións relevantes para o colectivo como a substitución xeracional ou a escaseza de cotas para a pesca artesanal. O banco puxo en valor a experiencia e especialización da súa unidade Abanca Mar para dar resposta a moitos destes interrogantes e para seguir atopando solucións a estes desafíos.

Esixen compensacións ás 25.000 persoas afectadas polo peche das fronteiras entre Galicia e Portugal

0

Os 26 concellos da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) do Río Miño crearán un rexistro electrónico dos 25.000 traballadores galegos e portugueses que se estima están sendo afectados polos peches de fronteiras entre ambos os países.

En rolda de prensa este venres, 26 de xaneiro, o deputado responsable de Mobilidade na Deputación de Pontevedra, Uxío Benítez, sinalou que esta medida busca “pór cara”, “nomes e apelidos”, a todas as persoas afectadas pola medida “absurda” do peche de fronteiras, que agora se prorroga ata o 16 de marzo. O obxectivo é reclamar “compensacións” polos custos que sofren.

PERDAS DE DIÑEIRO

E é que Benítez alerta de que estes traballadores padecen un custo de entre “200 e 300 euros” ao mes por ter que desviarse para atravesar o paso entre Tui-Valença (o de Salvaterra-Monçao só está aberto durante algunhas horas).

Lamenta que ambos os Estados decidan non abrir máis pasos porque din que “non hai diñeiro” para destinar máis gardas que suporía abrir máis zonas fronteirizas, pero censura que España e Portugal deciden cargar eses custos sobre a poboación.

E é que o deputado provincial denuncia o “afogamento absoluto” da economía do río Miño, mentres os municipios afectados realizaron accións protesta nas últimas semanas. Lembra que esta fronteira só supón o 5% de toda a existente entre Portugal e España, pero rexistra o 50% dos vehículos.

Actualmente, esta zona transfronteiriza conta cuns 150.000 habitantes. Así, reclámase que se reabran o seis pasos existentes e “compensacións” económicas polo impacto desta medida. Así, demándase partidas de fondos europeos para paliar o efecto fronteira. Ademais, presentaranse mocións nos 26 municipios para reclamar as reaperturas.

ESTUDO DE IMPACTO

Pola súa banda, o profesor da Universidade de Vigo Francisco Xavier Martínez Cobas informou das conclusións dun estudo do impacto económico que supuxo o peche fronteirizo de 75 días entre o 17 de marzo e o 1 de xullo de 2020.

Nese período, unhas 356.000 persoas pasaron polo paso fronteirizo entre Tui-Valença (máis de 4.500 ao día) cun tempo medio de espera de 15 minutos á ida e outros 15 á volta. Isto traduciuse na perda de case 180.000 horas de traballo.

Explica que os municipios do Miño contan cun continuo urbano, polo que di “non entender por que é útil” ese peche de fronteiras en sentido sanitario. Pon de exemplo os inconvenientes que suporía un peche da ponte de Rande.

Todo iso carrexou un impacto económico á zona duns 92 millóns de euros. Ese factor transfronteirizo supón que o descenso sexa maior nun 19% para a hostalaría e nun 12% para o comercio só polo peche de pasos, máis aló das restricións sufridas.

Ademais, Martínez Cobas alerta de que o actual peche de pasos terá un “maior efecto” que o que se produciu en 2020. E é que por entón había un confinamento, pero neste caso hai “un certo nivel de actividade”, de maneira que a clausura de fronteiras é máis pernicioso.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed