InicioPolíticaPontón destaca o "papel fundamental" de Vigo na aposta pola innovación

Pontón destaca o “papel fundamental” de Vigo na aposta pola innovación

A portavoz nacional do BNG apela a non "repetir os erros" da crise do 2008.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, propuxo este mércores alcanzar “un gran acordo de país” para “levantar Galicia” apostando pola innovación e o coñecemento, sen “repetir erros” da crise do 2008. Así o trasladou en declaracións aos medios e ante un grupo de empresarios en Vigo, onde participou nun xantar-coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia.

Ana Pontón sinalou que, ante a proximidade das eleccións autonómicas, Galicia se atopa nun “momento moi importante”, no que “se xoga” o seu futuro, e lembrou que a situación “excepcional” xerada pola crise derivada da pandemia de coronavirus require de “actuacións excepcionais”.

A ese respecto, a candidata nacionalista incidiu en que Galicia “ten potencialidade” pero “necesita cambiar o rumbo”, e apuntou que o futuro “pasa por facer unha aposta pola sociedade da innovación e o coñecemento”, na que Vigo “ten que ter un papel fundamental”.

Na súa intervención ante os empresarios, Ana Pontón comprometeuse, se alcanza o goberno da Xunta, a duplicar o investimento en I+D+i en catro anos, buscar mecanismos para captar e reter o talento, e poder transferir coñecemento ao tecido socioeconómico. Trataríase de crear un “InnoGal”, a semellanza de institucións como o ICREA de Cataluña ou a Ikerbasque do País Vasco.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...