InicioPolíticaO BNG denuncia un "recorte salvaxe" de camas na área de...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG esixiulle á Xunta que “rectifique” o peche de camas e os “recortes” previstos na área sanitaria de Vigo este verán, para evitar unha “nova situación de colapso” na atención sanitaria da cidade. Así o trasladaron a deputada nacionalista Montse Prado e o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tras a decisión do Sergas de clausurar 180 camas no Álvaro Cunqueiro e no Meixoeiro, a suspensión de varias intervencións cirúrxicas nos últimos días pola falta de persoal de Enfermaría e os “recortes na atención nos centros de saúde”.

“Estamos ante unha nova labazada do PP á saúde das viguesas e dos vigueses”, sinalou Montse Prado, que anunciou que o BNG vai rexistrar iniciativas no Parlamento fronte ao “plan estival” da Xunta para a área sanitaria, que “non é planificación senón un desmantelamento programado”.

Prado cualificou como “recorte salvaxe” o peche de 180 camas e, pola outra banda, rexeitou as explicacións da Xunta sobre a suspensión de cirurxías, xa que non se trata dun problema puntual, senón dunha “insuficiencia estrutural” de persoal. “A Xunta di que ten esgotadas as listas de contratación e a súa única resposta é cruzar os brazos mentres os quirófanos botan o peche”, denunciou.

En canto á Atención Primaria, incidiu en que os centros de saúde están “baixo mínimos” e sen citas dispoñibles no mes de xullo. “Non hai escusas de falta de profesionais, o que hai é unha nula vontade política, precariedade estrutural e un castigo sistemático á sanidade pública de Vigo para favorecer o negocio privado”, proclamou.

Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, volveu denunciar que Vigo se converteu na “zona cero” dos recortes en Sanidade e das privatizacións, e lembrou os “máis de 15 anos de castigo” da Xunta, cun hospital Álvaro Cunqueiro “privatizado, recortado e cun sobrecusto de 470 millóns de euros”. Tamén se referiu ao concerto singular con Povisa e ao “desmantelamento” dos centros de saúde, ademais da negativa da Xunta a reforzar eses ambulatorios e a crear novos PAC.

ÚLTIMAS

Vigo terá finalmente dúas pantallas xigantes para ver a semifinal do Mundial entre España e Francia, tras autorizar o Concello a da Deputación

Vigo contará finalmente con dúas pantallas xigantes para seguir este martes a semifinal do...

O acusado de prender lume á súa exparella en Vigo di que “non lembra” o ocorrido pero que se arrepentiu ao saber que fixera...

O home acusado de tentar asasinar a súa exparella tras supostamente prenderlle lume en...

A Xunta autoriza a licitación de 55 vivendas públicas en San Paio de Navia

O Consello da Xunta deu luz verde á licitación do contrato de execución das...

O acusado de prender lume á súa parella en Vigo di “non lembrar” os feitos

O home acusado de tentativa de asasinato tras supostamente prender lume ao seu expareja...