InicioSociedadeRevogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia expón que o obxectivo do vídeo, que foi difundido na conta de Instagram do local, era "dar a coñecer o ambiente" do pub, mostrando unha visión xeral, e sen deterse en ningunha persoa concreta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de Vigo e revogou a sentenza que o condenou a indemnizar con 6.000 euros a un cliente por intromisión na súa intimidade, tras difundir un vídeo no que se lle podía ver en “actitude cariñosa” cunha muller que non era a súa parella. Inicialmente, a sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo condenara á discoteca, pero a representación do establecemento presentou recurso, que foi acollido pola Audiencia Provincial.

Así, o tribunal provincial sinala que a imaxe do cliente, que dura uns 4 segundos nun vídeo de 13 segundos, é “meramente accesoria”, e que o feito de que fose editado para introducir efectos de ‘corazóns’, non implica que a discoteca pretendese atendar contra o seu dereito á imaxe e a intimidade. Na súa resolución, a Audiencia expón que o obxectivo do vídeo, que foi difundido na conta de Instagram do local, era “dar a coñecer o ambiente” do pub, mostrando unha visión xeral, e sen deterse en ningunha persoa concreta.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...