InicioEconomíaDesconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

Os sindicatos, con todo, advertiron de que, no caso de que a empresa non cumpra o acordado ou non se produzan avances no resto de cuestións, poderíase promover unha nova convocatoria de folga.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo de lavandaría dos hospitais da área de Vigo, chegaron a un preacordo que permitiu desconvocar a folga prevista para esta semana, e que contempla no convenio que se negocia unha subida salarial do 5% anual e que o tempo de bocadillo compute como xornada e que se poida cambiar por máis días libres en fin de semana.

Este martes celebrarase unha asemblea cos traballadores no hospital Meixoeiro para informar o preacordo e a partir do mércores seguirase negociando coa empresa o resto de aspectos do convenio. A subida salarial e o cómputo do tempo de bocadillo eran dous das principais demandas na plataforma sindical, e a partir do mércores seguirase negociando o resto do convenio. Os sindicatos, con todo, advertiron de que, no caso de que a empresa non cumpra o acordado ou non se produzan avances no resto de cuestións, poderíase promover unha nova convocatoria de folga.

ÚLTIMAS

Concello e BNG coinciden en que a Xunta “abandona” a Vigo nos orzamentos de 2027

O goberno local e o BNG de Vigo criticaron o "abandono" da cidade por...

Vigo reservará fondos en 2027 para impulsar voos a Londres, París, Alacante e Sevilla

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou que os orzamentos municipais de 2027 incluirán...

Unha falsa alarma por gas obriga a desaloxar o IES de Valladares, en Vigo

Unha falsa alarma por unha posible fuga de gas obrigou este mediodía a desaloxar...

Novo atentado homófobo en Vigo: persiguen ao berro de”maricón” a un home en Vigo

A Policía Nacional identificou o pasado venres varios mozos despois de que, supostamente, perseguisen...