Inicio Blog Páxina 1510

Ferido un neno ao lanzarse ao mar en Baiona

Un neno resultou ferido na tarde deste venres despois de lanzarse ao mar en Baiona, na praia de Santa Marta.

Segundo informa o 112 Galicia, un particular avisou ás 18,00 horas de que o mozo se tirou de cabeza ao mar e chocara contra o fondo. Foron desprazados medios do 061 ata o areal.

Noutra orde de cousas, unha persoa resultou ferida de consideración esta tarde en Vila de Cruces despois de que o tractor que manexaba envorcase no lugar de Souto. Un helicóptero medicalizado evacuou ao ferido a un centro hospitalario.

Presentada unha querela criminal contra DomusVi e a Xunta por “homicidio e omisión do deber de socorro”

1

Dúas familias de usuarios da residencia de maiores de Aldán-Cangas presentaron este xoves unha querela criminal por “homicidio, lesións, abandono de incapaces e omisión do deber de socorro.

A acción foi exercitada contra GERIATROS S.A.U., GERIAVI S.A.U., e, en concreto, contra Josefina Fernández Miguélez, (CEO de DomusVi España e administradora única de GERIATROS S.A.U.), Laura Cancelo Álvarez (Directora do centro residencial DomusVi Cangas), Berta Besada Porto (Xefa do Servicio de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia da Xunta de Galicia) e Ildefonso de la Campa Montenegro (Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade).

A querela, presentada polo despacho Xoán Pérez-Lema Avogados, acusa a estes cargos de DomusVi e da Xunta de “imprudencia profesional grave”. Así, recolle na relación de feitos que os familiares “durante máis de dous meses foron reiteradamente obviados, tanto pola propia residencia como pola Administración autonómica.

As querelantes son dúas familias. Unha tivo que rescatar a súa nai despois de 50 caídas no centro e acabou levando para casa. A outra familia xa non tivo esa oportunidade, a súa nai faleceu na residencia. Tanto estas dúas familias así como numerosos familiares que están pendentes de exercitar as accións xudiciais pertinentes, denuncian entre outros moitos feitos graves, baixadas de peso de até 17 k nuns meses, cadros graves de deshidratación, falla de limpeza e de hixiene, sobremedicación e administración de medicamentos pautados para outros pacientes.

Cangas Domusvi labouras de limpeza © Miguel Nuñez

NUMEROSAS IRREGULARIDADES

Tamén denuncian falla de medidas de prevención e seguridade, desinformación en canto á situación clínica do seu familiar, falecementos inesperados e previsiblemente en soidade, abandono absoluto por parte da administración ou respostas evasivas por parte dos servizos de inspección. Os familiares denunciaban hai uns días diante do centro a falta de medio para atender aos usuarios pedían xustiza polas 37 mortes rexistradas.

Segundo un comunicado, a rede REDE destaca que a documentación presentada “ilustra unha xestión absolutamente neglixente, imprudente e errática”. “O desamparo e abandono que durante este período sufriron tanto os residentes coma os seus familiares é manifesto, fragrante e palpable, sendo especialmente grave no caso dos residentes que están baixo a garda e custodia do persoal do centro residencial, debendo ter en consideración a especial vulnerabilidade e indefensión inherente a esta situación de dependencia”.

Rede destaca que ao longo deste tempo, e malia o desgaste absoluto que estaban sufrindo, os familiares trataron non só de ser atendidos pola súa situación persoal, senón tamén de colaborar co centro na atención xeneralizada dos residentes. “De forma reiterada fóronse atopando cunha actitude de desidia, obviando ofrecementos para a entrega de material sanitario, de voluntariado ou propostas de recollida de radios e outros dispositivos para facérllelos chegar a persoas anciás que viviron esta situación en soidade, desinformados e recibindo un mal trato, institucionalizado en moitos casos, por parte das persoas das que dependían por enteiro”, sinala.

Valeixe súmase á lista de aldeas que quedan sen médico: “A poboación está desatendida”

0

As parroquias do rural galego quedan sen persoal médico. Xa non son poucas as que se erguen contra as políticas centralizadoras da Xunta de Galicia, e a esta loita vén de sumarse agora a aldea Valeixe (A Cañiza). Segundo conta o farmacéutico do lugar, Laureano García, esta parroquia, unha das maiores do concello, sempre contou cun consultorio médico que atendía as necesidades da veciñanza.

Mais a situación tornou cando o profesional que tiña a praza en propiedade xubilouse. Daquela, mandaron un substituto, pero non durou moito. No verán pasado xa só baixaba uns días determinados á semana, e cando colleu vacacións, esa praza quedou deserta ata o día de hoxe. Así pois, levan sen médico dende o mes de outubro, e polo de agora, a praza de Valeixe non a sacaron a concurso. “Segundo din non hai médicos para cubrir as prazas”, conta Laureano García.

“A poboación está desatendida”, reivindica. Non só a de Valeixe, senón tamén a de Luneda ou a de Crecente, que no total suman en torno a 700 persoas. “Os veciños teñen que solicitar vez para as receitas no PAC da Cañiza, pero alí están sobresaturados”. Segundo indica, neste centro médico veñen de contratar outra persoa para cubrir as receitas da tarde, pero só dous días á semana. “Chama a xente e danlle vez para dentro dunha semana ou de dez días”, relata.

As farmacias locais están cubrindo a deficiencia do servizo fiando a medicación e engrosando a súa débeda.

As quendas de agarda, xa que logo, estanse prolongando meses. Esta situación provoca, á súa vez, que a veciñanza acorde coas farmacias locais un adianto da medicación, causando débedas nos establecementos.

En suma, a atención médica vólvese precaria e as dificultades da veciñanza do rural para acceder a unha sanidade pública de calidade son cada vez maiores. “O 70% da poboación de Valeixe son persoas maiores, moitas delas non teñen medios de desprazamento, as comunicacións son difíciles… Moitos terían que pedir taxi para ir ao médico“, critica o farmacéutico.

“Ten que desprazarse unha parroquia enteira a un centro mentres que se puxeran aquí un médico como houbo toda a vida, sería máis cómodo para a xente”.

Os veciños de Valeixe teñen claro que seguirán loitando por uns servizos dignos, acordes coas súas necesidades. Isto tamén vai de manter vivo o rural e as súas comunidades.

Recolla  de sinaturas.

Os veciños iniciaron una recolla de sinaturas de apoio para solicitar á xerencia de atención primaria, dependente da Xunta de Galicia, atención médica diaria no consultorio médico de Valeixe.

Os interesados en asinar a petición poden facelo no mesmo consultorio médico de Valeixe, na farmacia Laureano Fernández de Valeixe, residencia nosa señora do Rosario de Valeixe, floristería Santa Cristina Valeixe, supermercado Loli Valeixe, taxi Gabino Lago, Concello da Cañiza, farmacia Sonia Mera, residencia santa Teresa da Cañiza e o Pincho da Avoa.

Peche de delegados sindicais en PSA Vigo esixindo solucións pola sobrecarga en montaxe

0

Os responsables dos sindicatos CC.OO., UGT e CIG no comité de empresa de PSA Peugeot Citroën en Vigo encerráronse este luns no edificio de oficinas da planta, en protesta polas condicións na liña de montaxe M2, onde os operarios sofren as consecuencias da sobrecarga de traballo.

Así o trasladaron fontes sindicais, que tamén indicaron que o peche, na terceira planta do edificio coñecido como ‘casa branca’, manterase “ata que a empresa ofreza solucións”. Estes sindicatos, así como o sindicato CUT, denunciaron reiteradamente a sobrecarga de traballo nesta liña de montaxe, e o incumprimento das normas de seguridade laboral, con operarios afectados de problemas físicos e psicolóxicos por esas presións.

VERSIÓN DA EMPRESA

Pola súa banda, fontes da dirección da fábrica  expresaron a súa sorpresa por esta medida de protesta, xa que “na empresa mantense un diálogo aberto de forma permanente e con espírito construtivo para abordar calquera tema que afecte os traballadores”.

A ese respecto, lembrou que existe unha mesa de diálogo cos sindicatos, precisamente para abordar a organización do traballo e a mellora dos postos no sistema 2, onde aumentou o volúmen de produción “co recente lanzamento dos vehículos comerciais lixeiros”.

A dirección da planta apelou á “implicación e responsabilidade” de todas as partes ante o momento de “profunda transformación” que vive a automoción en Europa, con “impactos aínda incertos” como os cambios de usos, a descarbonización ou os cambios de modelo de negocio. No entanto, reafirmou o seu “total compromiso co diálogo social”, como vía para xestionar eses cambios, “e nunca a través do conflito”.

EN COMÚN UNIDAS PODEMOS

A deputada electa de En Común-Unidas Podemos pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, denunciou as condicións ás que se enfrontan os traballadores do Grupo PSA Citroën en Vigo e anunciou que visitará aos delegados sindicais de CC.OO., UGT e CIG que se encerraron na fábrica como protesta.

Mediante un comunicado, Yolanda Díaz criticou a excesiva carga de traballo á que se enfrontan os empregados “desde hai dous meses” e demandou unha mellora das súas condicións laborais. Nesta liña, defendeu a necesidade de ampliar o número de empregados do Grupo PSA e reprobou que, en lugar de facelo, recortáronse “” nove postos de traballo.

Así mesmo, asegurou que existe un alto número de traballadores que sofren enfermidades ou que se atopan de baixa laboral debido ás condicións, que a súa formación esixirá que se corrixan.

O tráfico do Porto de Vigo baixou un 12 por cento este mes de xaneiro

0

O tráfico do Porto de Vigo sufriu en xaneiro unha caída do 11,71 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior. En concreto, rexistrou perdas dun 10,29 por cento nas mercadorías e dun 45,22 por cento nos avituallamentos, uns descensos que o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, relacionou cunha contracción recente da economía a nivel global.

En total, o tráfico durante o mes de xaneiro ascendeu a 293.905 toneladas, tal e como trasladou este venres en Vigo nunha rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Administración do Porto. Mentres, o número de escalas en xaneiro de 2019 baixou un 12,12 por cento, aínda que o tamaño dos buques tende a incrementarse, segundo precisou.

En concreto, López Veiga achacou o descenso do tráfico de mercadorías á caída dun 5,19 por cento nos metais e o granito en bruto, así como a unha baixada do 42,68 por cento nos graneis sólidos.

Así, relacionou a baixada do tráfico coa diminución do cemento procedente de Portugal, que sufriu unha caída do 66,20 por cento, e dos graneis líquidos, que supuxeron un 58,28 por cento menos que no primeiro mes do ano pasado.

O presidente do Porto tamén indicou que houbo un descenso de 8.000 toneladas no tráfico de pesca conxelada, o que supuxo un descenso do 20 por cento. Segundo detallou, a caída afectou ao peixe procedente das Illas Seychelles, Perú e Namibia. Ademais, concretou que a chatarra, o aluminio e a palanquilla viron descender a súa embarque nun 96,21, un 11,61 e un 11,61, respectivamente.

Neste sentido, sinalou que a Autoridade Portuaria ten capacidade de investir en melloras grazas á súa “solvencia” e, a este respecto, sinalou que, na actualidade, hai varias accións en marcha, como a pavimentación da zona de Guixar.

Unha delas, abarca o “tratamento” de residuos, segundo precisou o presidente do Porto de Vigo. Esta iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración co Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), no que tamén está inmerso Inditex. Deste xeito, búscase reciclar plásticos para o seu aproveitamento no sector téxtil.

Caballero celebra o AVE Vigo-Madrid: “Feijóo pódese poñer como queira, pero non hai quen o pare”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este mércores que o estudo hidroxeolóxico que fará o Goberno para a variante de Cerdedo do AVE sairá adiante independentemente de que non se aproben os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) porque Adif ten fondos para executalo.

Así o afirmou nunha rolda de prensa na que recalcou que ese estudo para o AVE directo Vigo-Madrid “non necesita” do PGE, e na que volveu a mostrar a súa satisfacción polo “desbloqueo” deste proxecto, despois de que o PP o tivese “5 anos nun caixón”.

“Isto é da maior importancia para a cidade, lémbrolles que eu convoquei manifestacións”, apuntou o rexedor olívico, quen proclamou que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “pódese poñer como queira”, pero o AVE Vigo-Madrid “non hai quen o pare”.

Con respecto ao estudo hidrogeológico, sinalou que é unha condición establecida en época do Goberno de Rajoy e que debe realizarse necesariamente durante 36 meses porque debe recoller información do comportamento hídrico dos terreos afectados “durante as distintas estacións do ano”.

Segundo Abel Caballero, se en xaneiro de 2015 a entón ministra de Fomento encargase o estudo, non se acumulou este atraso “e agora estaríase facendo a obra” do tramo do AVE. “A ver como o explica Ana Pastor, por certo, deputada pola provincia de Pontevedra”, apostilou o alcalde.

A veciñanza da Guarda terá moito máis fácil empregar as novas tecnoloxías a partir deste mes de xuño

0

A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), impulsará seis novos cursos de iniciación ao manexo do ordenador e uso de Internet no mes de xuño.

As clases comezarán a partir do día 1 e estarán orientadas á adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) e os teléfonos intelixentes (4 horas), o uso do navegador (6 horas), xestión e utilidades de Internet (7 horas), o correo electrónico (6 horas) e o procesador de textos (6 horas).

As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no Centro Cultural, na Casa do Concello ou na páxina web da rede CeMIT ata o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poderán consultarse na táboa aquí adxunta e na páxina web da rede CeMIT.

Cartel / Concello da Guarda

horarios

Días e horarios dos cursos de informática – Xuño de 2018
Manexo dun ordenador Mércores e venres Clase 1- 16:00 a 17:30

Clase 2- 17:30 a 19:00

Uso do navegador Luns e xoves

(do 4 ó 14 de xuño)

16:00 a 17:30
Luns e xoves

(do 18 ao 28 de xuño)

10:00 a 12:00
Correo electrónico Luns e xoves

(do 4 ó 14 de xuño)

17:30 a 19:00
Luns e xoves

(do 18 ó 28 de xuño)

12:00 a 14:00
Utilidades e xestión de Internet Martes

5 e 12 de xuño

Clase 1- 16:00 a 17:30

Clase 2- 17:30 a 19:00

Procesador de textos Sábados Clase 1- 10:30 a 11:45

Clase 2- 11:45 a 13:00

Manexo de smartphones Venres

15 e 29 de xuño

Clase 1- 10:00 a 12:00

Clase 2- 12:00 a 14:00

 

A partir do 15 de xuño, os cursos impartiranse exclusivamente en horario de mañá, polo que as clases sobre manexo de computadoras continuarán co seguinte horario:

Manexo dun ordenador Mércores e xoves Clase 1- 10:00 a 12:00

Clase 2- 12:00 a 14:00

 

Caballero condiciona a aprobación do proxecto de Navia ao soterramento da VG-20

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres os “requisitos imprescincibles” que esixirá para dar o visto e prace ao proxecto de ampliación de Navia promovido pola Xunta e que inclúen, entre outras peticións, o soterramento da VG-20 ao seu paso polo barrio, ou a construción dun instituto de ensino secundario.

Así o expuxo o rexedor nunha rolda de prensa, na que avanzou que o goberno municipal esixe, en primeiro lugar, que non se utilice “nin un só metro cadrado de zona verde” para construír aparcadoiros. Así mesmo, reclama un novo acceso desde o barrio á Avenida de Europa, en condicións de “seguridade” e cunha glorieta reguladora do tráfico, e reducir a “altura excesiva” dalgunhas edificacións previstas.

Tamén reclama que Fomento soterre a VG-20 que pasa ao sur do polígono, e que instale pantallas acústicas. Finalmente, sinalou que o Concello cederá parte do solo dotacional que lle corresponda para que a Xunta constrúa un instituto.

Segundo o rexedor, estas esixencias non lle supoñen ao goberno galego cambios substanciais no orzamento destinado á ampliación do Navia. No caso da VG-20, sinalou que a actuación corresponderíalle ao “todopoderoso Ministerio de Fomento”.

“Isto non son suxestións, son unha imposición”, matizou Caballero, que reclamou un “compromiso” da Xunta para asumir estas peticións. A ese respecto, ante preguntas dos medios sobre unha eventual negativa do goberno galego, o alcalde proclamou: “Dubido moito que o fagan contra o Concello, e contra a xente de Navia”.

O Marisquiño presume de deportistas internacionais a pesar da pandemia

A XX edición do Marisquiño xa conta coa confirmación de destacados deportistas internacionais, que a pesar das dificultades que supón a pandemia do Covid-19 e a coincidencia cos Xogos Olímpicos se animan a vir á cidade olívica para participar no evento.

O skater canadiense Ryan Decenzoserá unha das principais figuras da edición deste ano, que participa por primeira vez neste festival. A el súmanse o arxentino Matias de Ollio e o peruano Angelo Caro, que xa estivo en Vigo no 2019 e que este ano participará no festival despois de representar ao seu país nos Xogos Olímpicos.

A disciplina BMX, unha das preferidas do público do Marisquiño, contará coa participación de riders internacionais como Courage Adams, Daniel Peñafiel “Naran”, Fernando Laczko ou o arxentino José Maligno. En canto ao Descenso Urbano, chegarán a Vigo para participar no festival o portugués José Borges, gañador noutras 3 edicións e o canario Edgar Carballo, vencedor no 2019. En canto á categoría feminina o público poderá gozar da presenza das sete veces gañadora de O Marisquiño Rosi Martínez e de Eva Castro, que triunfou en Vigo dúas veces.

A disciplina de Break Dance tamén conta con representación internacional da man dos portugueses e brasileiros Atlantic Union, os venezolanos Flying Legs que, entre outros, competirán contra a formación española XVII Generation.

Vigo prepárase un ano máis O Marisquiño e a 15 días do festival as obras de infraestrutura xa comezaron para ter todo preparado para o esperado evento. Este ano a actividade repartirase entre o peirao de Trasatlánticos, a Explanada fronte ao hotel Bahía e a Praza da Estrela. A expectación que xera o Marisquiño demóstrase en que en menos dunha semana as entradas para o festival xa case se acabaron, quedando só algunhas para as xornadas matinais de Skate. A reserva púxose en marcha o pasado 15 de xullo, que este ano non terá acceso libre para evitar concentracións do público.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed