InicioSociedadePresentada unha querela criminal contra DomusVi e a Xunta por “homicidio e...

Presentada unha querela criminal contra DomusVi e a Xunta por “homicidio e omisión do deber de socorro”

Os feitos ocorreron na residencia de Aldán (Cangas) no momento da pandemia. A nai dunha das demandantes perdeu a vida, e a outra residente foi rescatada pola súa filla despois de 50 caídas no centro.

PUBLICADO O

Dúas familias de usuarios da residencia de maiores de Aldán-Cangas presentaron este xoves unha querela criminal por “homicidio, lesións, abandono de incapaces e omisión do deber de socorro.

A acción foi exercitada contra GERIATROS S.A.U., GERIAVI S.A.U., e, en concreto, contra Josefina Fernández Miguélez, (CEO de DomusVi España e administradora única de GERIATROS S.A.U.), Laura Cancelo Álvarez (Directora do centro residencial DomusVi Cangas), Berta Besada Porto (Xefa do Servicio de Inspección de Maiores, Discapacidade e Dependencia da Xunta de Galicia) e Ildefonso de la Campa Montenegro (Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade).

A querela, presentada polo despacho Xoán Pérez-Lema Avogados, acusa a estes cargos de DomusVi e da Xunta de “imprudencia profesional grave”. Así, recolle na relación de feitos que os familiares “durante máis de dous meses foron reiteradamente obviados, tanto pola propia residencia como pola Administración autonómica.

As querelantes son dúas familias. Unha tivo que rescatar a súa nai despois de 50 caídas no centro e acabou levando para casa. A outra familia xa non tivo esa oportunidade, a súa nai faleceu na residencia. Tanto estas dúas familias así como numerosos familiares que están pendentes de exercitar as accións xudiciais pertinentes, denuncian entre outros moitos feitos graves, baixadas de peso de até 17 k nuns meses, cadros graves de deshidratación, falla de limpeza e de hixiene, sobremedicación e administración de medicamentos pautados para outros pacientes.

Cangas Domusvi labouras de limpeza © Miguel Nuñez

NUMEROSAS IRREGULARIDADES

Tamén denuncian falla de medidas de prevención e seguridade, desinformación en canto á situación clínica do seu familiar, falecementos inesperados e previsiblemente en soidade, abandono absoluto por parte da administración ou respostas evasivas por parte dos servizos de inspección. Os familiares denunciaban hai uns días diante do centro a falta de medio para atender aos usuarios pedían xustiza polas 37 mortes rexistradas.

Segundo un comunicado, a rede REDE destaca que a documentación presentada “ilustra unha xestión absolutamente neglixente, imprudente e errática”. “O desamparo e abandono que durante este período sufriron tanto os residentes coma os seus familiares é manifesto, fragrante e palpable, sendo especialmente grave no caso dos residentes que están baixo a garda e custodia do persoal do centro residencial, debendo ter en consideración a especial vulnerabilidade e indefensión inherente a esta situación de dependencia”.

Rede destaca que ao longo deste tempo, e malia o desgaste absoluto que estaban sufrindo, os familiares trataron non só de ser atendidos pola súa situación persoal, senón tamén de colaborar co centro na atención xeneralizada dos residentes. “De forma reiterada fóronse atopando cunha actitude de desidia, obviando ofrecementos para a entrega de material sanitario, de voluntariado ou propostas de recollida de radios e outros dispositivos para facérllelos chegar a persoas anciás que viviron esta situación en soidade, desinformados e recibindo un mal trato, institucionalizado en moitos casos, por parte das persoas das que dependían por enteiro”, sinala.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

A vivenda tutelada de Cogami en Mos contará con cinco novas prazas públicas financiadas pola Xunta

A vivenda tutelada de Cogami no municipio pontevedrés de Mos contará con cinco novas...

O TSXG acolle o luns a apelación da condena de 20 anos ao home que asasinou á súa veciña na rúa Zamora de Vigo

A sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...