- Advertisement -
A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada por estrada nun camión en Mos.
Segundo confirmaron a Europa Press fontes coñecedoras dos feitos, o operativo produciuse á última hora da tarde deste venres. A embarcación viaxaba cuberta cunha lona. A Garda Civil mantén aberta unha investigación. Agora, os axentes deberán analizar se a embarcación ten documentación legal, xa que podería tratarse dun xénero prohibido segundo a lexislación vixente.
