InicioEconomíaVigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

Abel Caballero reclama á concesionaria da AP-9 outros 120.000 euros polo IBI pendente de 2023, cando a empresa continuou aplicando unha bonificación do 95% que xa expirara tras máis de medio século.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto sobre Bens Inmobles (IBI) que quedou pendente de cobro entre os meses de agosto e decembro de 2023, cando rematou a exención “franquista”. Nun audio gravado e remitido aos medios de comunicación, o rexedor informou de que o Concello lle enviou este mércores á empresa a liquidación pendente deste imposto, explicando que, desde 1972, a compañía gozaba dunha exención do 95% do IBI que expirou a mediados de 2023.

Deste xeito, durante anos Audasa pagaba ao Concello de Vigo unha cota reducida de algo máis de 18.400 euros, mentres que agora terá que aboar o 100% do imposto cada ano, ata alcanzar os 383.000 euros anuais. Abel Caballero xa anunciara a comezos deste ano que lle reclamaría á concesionaria a cantidade correspondente aos últimos meses de 2023, período no que a empresa continuou aplicando a bonificación do 95% malia que esta xa deixara de estar vixente.

ÚLTIMAS

O RC Celta de Vigo multado con 5.000 euros por vender alcol nos palcos VIP

A Comisión Permanente da Comisión Estatal contra a Violencia, o Racismo, a Xenofobia e...

Unha vivenda de 60.000 euros do condenado polo narcosubmarino para facer fronte a 25 millóns de mula

A Audiencia Provincial de Pontevedra sacou a poxa a vivenda de E.C.S.G, un dos...

O Porto de Vigo é “clave” para estar entre as comunidades máis exportadoras, segundo a Xunta

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, recoñeceu este martes que a...

“Hai silencios que doen”: Pepe Álvarez carga contra Rueda tras o ataque explosivo á sede de UGT en Vigo

A violencia contra unha organización sindical non pode quedar reducida a unha cuestión de...