InicioEconomíaAbanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

PUBLICADO O

- Advertisement -

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado ao que convidou os principais representantes das confrarías máis relevantes da ría de Vigo, e que serviu tamén para renovar os seus convenios financeiros.

Durante o evento, a entidade escoitou as peticións do sector e ofreceu aos profesionais da pesca solucións á súa medida, segundo reivindicou a empresa nun comunicado. A sesión de traballo tivo lugar na sede institucional do banco en Vigo e contou coa presenza do director territorial de Abanca na cidade, Walter Álvarez, e do director de Abanca Mar, Javier Fraga, entre outros.

A reunión comezou coa sinatura dos convenios de colaboración en materia financeira que o banco mantén co sector. “Uns textos que recollen os produtos e servizos máis importantes dispoñibles para o colectivo e que permiten dar resposta ás súas principais necesidades“, explicou Abanca.  Neles, o crédito é o “eixe central”, e recóllense opcións tanto para as necesidades cotiás como para afrontar con garantías grandes investimentos, insiste o banco.

Despois da sinatura destes convenios, os representantes das entidades participaron nun coloquio sobre a realidade do sector e os grandes retos aos que se enfronta. Un ano máis, expuxéronse cuestións como a renovación da frota, a sucesión xeracional, o compromiso coa sustentabilidade ou o aumento dos custos.

ÚLTIMAS

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e...

Vigo únese á dor polo accidente de Toledo: Abel Caballero suspende axenda e pide que “este país estea unido” ante a traxedia

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou a cancelación de toda a súa axenda...

A UVigo busca romper a “cadea de exclusión”: cinco persoas procedentes do sistema de protección de menores reciben xa apoio para estudar

A Universidade de Vigo (UVigo) puxo en marcha un programa piloto de inclusión académica...