InicioDeportesBalaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O investimento na bancada superará os 25,4 millóns de euros e obrigará a construír unha nova escaleira de emerxencia. O Concello tamén aprobará a humanización do acceso á ermida da Guía.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste venres aprobará unha modificación do contrato de construción da bancada de Gol do estadio de Balaídos para incorporar 721 asentos máis, ata superar os 7.130 asentos, cun investimento adicional de case 600.000 euros. Así o sinalou o rexedor nun audio remitido aos medios de comunicación, no que explicou que, con esta modificación, o investimento total na bancada superará os 25,4 millóns de euros. Segundo indicou, o proxecto adaptarase para dispoñer dun maior aforamento, o que obrigará a modificar determinadas especificacións da obra, entre elas un novo itinerario de evacuación que incluirá a construción dunha nova escaleira de emerxencia.

Por outra banda, Caballero informou noutro audio de que a Xunta de Goberno Local tamén adxudicará a contratación das obras de humanización do acceso á ermida da Guía, por un importe de 632.00 euros, co obxectivo de crear unha zona peonil con tráfico restrinxido. Para levar a cabo esta actuación, segundo explicou o alcalde, procederase á demolición da antiga pasarela peonil e da vella cafetaría, ademais da humanización duns 200 metros da rúa Dona Fermina.

ÚLTIMAS

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...

Abanca reúne ás principais asociacións da Ría de Vigo para escoitar as súas peticións e ofrecer solucións

Abanca materializou o seu apoio ao sector do mar coa celebración dun encontro especializado...

Anpas de Vigo denuncian a “situación de abandono” e o “desmantelamento” do ensino público

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais do Alumnado de Vigo e...