O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada da planta de CZ Vacines (Grupo Zendal) no Porriño (Pontevedra).
A partir deste sábado ábrese un prazo de 20 días para que as persoas ou entidades interesadas poidan consultar a documentación e, de ser o caso, presentar alegacións. Esta información estará dispoñible na web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ou nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación en San Lázaro, en Santiago.
A planta de CZ Vacines na Relva, no Porriño, dedícase ao desenvolvemento, fabricación e comercialización de especialidades farmacéuticas. Así, das súas instalacións saen produtos biolóxicos (vacinas bacterianas e víricas, vivas e inactivadas, e reactivos de diagnóstico), así como produtos farmacolóxicos (inyectables). A empresa ten tamén plantas en León e Paredes de Coura (Portugal)
