InicioSociedade"DomusVi segue igual que hai tres meses. Non hai persoal a pesar...

“DomusVi segue igual que hai tres meses. Non hai persoal a pesar das mortes da COVID-19”

PUBLICADO O

varios familiares de residentes de DomusVi de Aldán concentráronse ante as portas da residencia na tardiña deste sábado para denunciar a precariedade na que se atopa o centro e tamén para denunciar opacidade dos datos da Xunta sobre os residentes mortos.

 Así, tras a marcha dos efectivos do SERGAS, segue faltando persoal xa que o centro só conta con dúas persoas de atención nocturna, sen enfermeira nin persoal de limpeza nese horario. “Non podemos admitir esta falta de atención cos nosos familiares“, apuntou Pepe Bernárdez, voceiro da plataforma Vellez Digna.

“Volveremos a situación na que non se poden facer desinfeccións, nin limpezas axeitadas, nin se aplicaran os protocolos, nin medidas hixiénicas esixidas para as residencias, poñendo aos residentes en perigo novamente, como sempre coa xunta mirando para outro lado”, denunciou.

“CANTOS MORTOS HAI?”

Tamén lle pediu á Xunta que informe dos datos reais de mortos. “Queremos saber tamén canos mortos houbo. Son 37 e a Xunta di que son 22. Onde están os que faltan?, e se morreron eses 22, porque morreron cando había UCIS dispoñibles. Había que telos levado a un hospital. Tiñan que ter unha oportunidade“, manifestou.

Os participantes, que non superaron os 20 para non ter así que pedir autorización, levaron máscara e gardaran escrupulosamente as distancias recomendadas de 2 metros entre eles.

ÚLTIMAS

Sanidade non garante os salarios do persoal de ambulancias e realizará unha intervención pública da empresa

Altos cargos da Consellería, Sergas e 061 con representación do comité de folga da...

Outro motorista, de 21 anos, morre tras chocar contra un coche en Gondomar

Un mozo, I.D.L. de 21 anos de idade, perdeu a vida na madrugada deste...

O Porto de Vigo segue batendo marcas

O Porto de Vigo pechou o primeiro trimestre do ano batendo a súa marca histórica de...

Outra vez retencións na AP-9 ao seu paso por Vigo por un accidente entre dous camións

Un accidente entre dous camións na autoestrada AP-9 ao seu paso por Vigo provocou longas retencións...