InicioCulturaA veciñanza da Guarda terá moito máis fácil empregar as novas tecnoloxías...

A veciñanza da Guarda terá moito máis fácil empregar as novas tecnoloxías a partir deste mes de xuño

O Centro Cultural da Guarda impartirá cursos de iniciación aos móbiles, os navegadores, o correo electrónico...

PUBLICADO O

- Advertisement -

A aula de informática do Centro Cultural da Guarda, incluída na rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT), impulsará seis novos cursos de iniciación ao manexo do ordenador e uso de Internet no mes de xuño.

As clases comezarán a partir do día 1 e estarán orientadas á adquisición de coñecementos básicos para o uso dos computadores (con 12 horas de formación) e os teléfonos intelixentes (4 horas), o uso do navegador (6 horas), xestión e utilidades de Internet (7 horas), o correo electrónico (6 horas) e o procesador de textos (6 horas).

As persoas interesadas poderán inscribirse de balde no Centro Cultural, na Casa do Concello ou na páxina web da rede CeMIT ata o 29 de maio. Os horarios de cada un dos cursos poderán consultarse na táboa aquí adxunta e na páxina web da rede CeMIT.

Cartel / Concello da Guarda

horarios

Días e horarios dos cursos de informática – Xuño de 2018
Manexo dun ordenador Mércores e venres Clase 1- 16:00 a 17:30

Clase 2- 17:30 a 19:00

Uso do navegador Luns e xoves

(do 4 ó 14 de xuño)

16:00 a 17:30
Luns e xoves

(do 18 ao 28 de xuño)

10:00 a 12:00
Correo electrónico Luns e xoves

(do 4 ó 14 de xuño)

17:30 a 19:00
Luns e xoves

(do 18 ó 28 de xuño)

12:00 a 14:00
Utilidades e xestión de Internet Martes

5 e 12 de xuño

Clase 1- 16:00 a 17:30

Clase 2- 17:30 a 19:00

Procesador de textos Sábados Clase 1- 10:30 a 11:45

Clase 2- 11:45 a 13:00

Manexo de smartphones Venres

15 e 29 de xuño

Clase 1- 10:00 a 12:00

Clase 2- 12:00 a 14:00

 

A partir do 15 de xuño, os cursos impartiranse exclusivamente en horario de mañá, polo que as clases sobre manexo de computadoras continuarán co seguinte horario:

Manexo dun ordenador Mércores e xoves Clase 1- 10:00 a 12:00

Clase 2- 12:00 a 14:00

 

ÚLTIMAS

Caballero levará de novo ao pleno a proposta para que Xunta e Deputación financien voos desde Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Goberno municipal volverá presentar unha...

Flor Baena reclama ao Concello de Vigo unha homenaxe oficial ao seu irmán Xosé Humberto

Flor Baena, irmá do vigués Xosé Humberto Baena Alonso, reclamou ao Concello de Vigo...

A viguesa Vanessa Glemsel compite este sábado polo Premio Nacional de Poesía Viva

A poeta viguesa Vanessa Ferreira Rodríguez, coñecida artisticamente como Vanessa Glemsel, participará este sábado na...

As familias do EEI Vila Laura saen á rúa para esixir á Xunta unha profesora de apoio

Nais e pais, docentes e alumnos do EEI Vila Laura de Vigo saíron este...