InicioSociedadeCaballero condiciona a aprobación do proxecto de Navia ao soterramento da VG-20

Caballero condiciona a aprobación do proxecto de Navia ao soterramento da VG-20

"Isto non son suxestións, son unha imposición", matizou o Alcalde de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou este venres os “requisitos imprescincibles” que esixirá para dar o visto e prace ao proxecto de ampliación de Navia promovido pola Xunta e que inclúen, entre outras peticións, o soterramento da VG-20 ao seu paso polo barrio, ou a construción dun instituto de ensino secundario.

Así o expuxo o rexedor nunha rolda de prensa, na que avanzou que o goberno municipal esixe, en primeiro lugar, que non se utilice “nin un só metro cadrado de zona verde” para construír aparcadoiros. Así mesmo, reclama un novo acceso desde o barrio á Avenida de Europa, en condicións de “seguridade” e cunha glorieta reguladora do tráfico, e reducir a “altura excesiva” dalgunhas edificacións previstas.

Tamén reclama que Fomento soterre a VG-20 que pasa ao sur do polígono, e que instale pantallas acústicas. Finalmente, sinalou que o Concello cederá parte do solo dotacional que lle corresponda para que a Xunta constrúa un instituto.

Segundo o rexedor, estas esixencias non lle supoñen ao goberno galego cambios substanciais no orzamento destinado á ampliación do Navia. No caso da VG-20, sinalou que a actuación corresponderíalle ao “todopoderoso Ministerio de Fomento”.

“Isto non son suxestións, son unha imposición”, matizou Caballero, que reclamou un “compromiso” da Xunta para asumir estas peticións. A ese respecto, ante preguntas dos medios sobre unha eventual negativa do goberno galego, o alcalde proclamou: “Dubido moito que o fagan contra o Concello, e contra a xente de Navia”.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...