Inicio Blog Páxina 1057

Suspenden as clases no IES A Sangriña da Guarda por inundación de varias aulas

0

A dirección do IES A Sangriña da Guarda informou da suspensión das clases este venres debido á inundación de varias aulas e a danos rexistrados na cuberta polas fortes choivas das últimas horas.

Na noite deste xoves a dirección do centro comunicou a suspensión da actividade docente, que foi tamén confirmada a Europa Press pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Fontes do departamento autonómico explicaron que as choivas das últimas horas afectaron as obras que se están levando a cabo na cuberta do centro. “Xa se está en contacto coa empresa para arranxar a situación coa máxima celeridade e que se poidan retomar as clases o martes con normalidade”, apuntaron as mesmas fontes.

Asinado o convenio do metal de Pontevedra con parte dos sindicatos divididos

A patronal do metal da provincia de Pontevedra –-Asime, Atra e Instaelectra– e os sindicatos CC.OO. e UGT asinaron na tarde deste luns o convenio do sector, que consideran “moderno” e “con boas condicións para traballadores e empresas”.

En declaracións aos medios con posterioridade á firma, o secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, manifestou que esta firma se produce tras 15 reunións dunha negociación que definiu como “seria e rigorosa” e que permitiu chegar a este acordo “con moito sacrificio e esforzo”.

Tal e como mantivo, este convenio, que se estende durante un período de tres anos –de 2020 a 2022– incorpora “acordos moi relevantes para os traballadores”. Entre eles, mencionou o “aumento salarial do 4 % en total” para estes tres anos, o que supón soldos “iguais ou superiores a momentos nos que o sector estaba nunha boa situación”.

En concreto, este documento contempla incrementos salariais do 0,5 % en 2020, sen xerar atrasos –unicamente para os efectos de actualizar as táboas–; do 1,75 % para 2021 sobre a táboa salarial de 2020; e do 1,75 % para 2022 sobre a táboa salarial do ano previo.

Mallón remarcou que este é un acordo “xeneroso desde a patronal” e “absolutamente indispensable e imprescindible para empezar a recuperación do sector”. Así as cousas, incidiu en que hai sectores que están a pasar “por un momento crítico” pola crise sanitaria, mentres que outros sufriron “unha parálise de proxectos de gran dimensión”, o que esperan que sexa temporal.

RESPOSTA Ás CRÍTICAS

En relación ás críticas da CIG e a Plataforma de Traballadores do Metal –integrada por operarios de auxiliares (maioritariamente do naval)– acerca de que se acordou que a indemnización de contratos eventuais se pague ao finalizar o contrato e non mes a mes, como ata agora, Mallón trasladou o seu “desacordo” con estes comentarios e defendeu que o convenio busca “modernizar” e “para nada restar dereitos aos traballadores”.

Ademais, engadiu que rexeita “de plano as mentiras, como dicir que os eventuais saian prexudicados” co novo convenio. “Non valen falacias ou medias verdades, a CIG simplemente decidiu non asinar”, recalcou Mallón., que incidiu en que se o sindicato coñece dalgún incumprimento denuncie ou llo comunique á patronal. “Hai que ter compromiso co sector, e iso demóstrase asinando”, selou.

O responsable de Industria de CC.OO., Celso Carneiro, considerou que este é “o mellor convenio posible dada a situación actual”, marcada pola pandemia. Nesta liña, incidiu en que “non ter convenio non é unha solución”. Pola súa banda, o portavoz de Industria de UGT, Rubén Pérez, mantivo que este convenio está “centrado en actualizar aspectos económicos que levan vixentes desde xaneiro de 2019” e busca ser “un pulo, un avance importante, nos tempos” actuais. “A solución non é estar sen convenio colectivo”, coincidiu con Carneiro.

Feijóo sinala que as obras da Cidade da Xustiza de Vigo acabarán no primeiro trimestre de 2021

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou este mércores o avance das obras da nova Cidade da Xustiza de Vigo, cuxo grao de execución está ao 75 por cento, e confirmou que a previsión é terminar os traballos no primeiro trimestre de 2021, para abordar daquela o equipamento e o traslado dos xulgados que, actualmente, están na rúa Lalín.

Así o manifestou durante a súa intervención tras unha visita ao edificio, no antigo Hospital Xeral da cidade, e na que estivo acompañado polo vicepresidente primeiro do goberno galego, Alfonso Rueda, polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, e polo presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, José María Gómez e Díaz-Castroverde.

Núñez Feijóo subliñou que esta obra, “a máis importante infraestrutura xudicial que se fixo en Galicia”, supón un “proxecto estrela” da Xunta en Vigo, e fará que o edificio, que xa forma parte da historia da cidade, “deixe pegada” en Vigo.

Segundo lembrou, as novas instalacións duplicarán a actual superficie dos edificios da rúa Lalín e poderán acoller unidades máis. Así mesmo, lembrou que o complexo contará con aparcadoiro, unha escola infantil con 40 prazas e unha gran praza.

OBRA PÚBLICA

Núñez Feijóo apuntou que o goberno galego apostou por esta infraestrutura en plena crise económica e que, durante a pandemia, unha vez que se levantaron as restricións do estado de alarma, renováronse estes traballos e o resto de obra pública.

A ese respecto, e tras insistir en que a Xunta é “a administración que máis inviste en Vigo”, lembrou que, na actualidade, o goberno galego ten en marcha proxectos na cidade como a reforma do hospital Meixoeiro, a construción da estación intermodal de bus, a construción dun albergue de peregrinos en O Berbés, ou a construción do centro de saúde de Bouzas; e mantén o seu compromiso de ampliar o Ifevi en canto dispoña dos terreos.

Finalmente, fixo referencia á reactivación da actividade xudicial e ao reforzo de case 100 efectivos nos xulgados do Social e do Mercantil; á creación de “xulgados bis” nesas xurisdicións; e á previsión de dotar de persoal e equipamentos aos novos xulgados do Social de Lugo, Vigo e A Coruña.

CRÍTICAS DO ALCALDE DE VIGO

Pola súa banda, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, advertiu de que as novas dotacións xudiciais estarán “incompletas” se non se culmina o proxecto do Concello de instalar ramplas na Gran Vía, entre Urzáiz e Praza de España.

Así, o rexedor olívico, que criticou que non o convidaran á visita realizada este mércores ás obras, afirmou que “o deseño global” do complexo xudicial incluía as ramplas mecánicas da Gran Vía e o feito de que non se poidan instalar en toda a rúa (algúns tramos están bloqueados por informes negativos de Patrimonio da Xunta) provocará “un problema moi serio” porque “faltarán os accesos”.

Caballero insistiu en que parte das ramplas de Gran Vía están “paralizadas” por decisión “política” de Feijóo, que actuou levado pola “tirria” e a “animadversión” á cidade.

Por outra banda, o alcalde expresou a súa satisfacción pola reforma do Hospital Xeral, na que o Concello “cooperou en todo o que se lle pediu”, e advertiu de que a actuación debe incluír o acondicionamento das rúas adxacentes. A ese respecto, ofreceu á Xunta asinar un convenio de cooperación para abordar a mellora de todo a contorna, financiando os traballos ao 50 por cento entre ambas as administracións.

A UE obriga e España a protexer 345 espazos naturais

0

A Comisión Europea urxiu este xoves a España a completar a designación de 345 zonas de especial conservación ( ZEC) situadas nos Pireneos, o Mediterráneo e o Atlántico que aínda non contan con este nivel de protección a pesar de que deberían telo por pertencer á rede Natura 2000.

Bruxelas enviou unha nova carta a España no marco do procedemento de infracción que abriu en 2015. En concreto, pide ás autoridades nacionais que designen como ZEC todas os Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) que aínda non contan con esta cualificación.

O Executivo comunitario especificou nun comunicado que aínda quedan por designar como Zonas de Especial Conservación un total de 345 áreas dos 1.278 Lugares de Importancia Comunitaria do país. “Ademais, a Comisión opina que houbo unha práctica xeral e persistente por parte de doce comunidades autónomas e a nivel central na cal non se detallaron e cuantificaron suficientemente nin os obxectivos de conservación nin as medidas de conservación necesarias“, engadiron as autoridades europeas.

Con este novo aviso, Bruxelas dá dous meses a España para “remediar a situación ou, pola contra, podería dar o seguinte paso no expediente sancionador, que en última instancia podería acabar no Tribunal de Xustiza da UE ( TUE).

A Policía do Porriño tramitou 155 denuncias por saltar o confinamento

A Policía Local do Porriño tramitou, desde que se decretou o estado de alarma hai tres semanas, 155 propostas de sanción por saltar as medidas de confinamento, segundo confirmaron fontes municipais, e algunhas impuxéronse a “reincidentes”.

Coas 16 denuncias impostas este venres (ata o mediodía), esta policía local alcanzou as 155 propostas de sanción, a maior parte delas contra veciños do Porriño por circular a pé, ou en coche, pola vía pública sen causa xustificada. Pero tamén se sancionou a veciños doutras localidades, como Vigo, Tomiño, Mos, Salceda ou As Neves.

Desde o Concello do Porriño tamén precisaron que as denuncias por “propasarse co pretexto de sacar ao can” descenderon.

As mesmas fontes destacaron que hai varios casos de “reincidentes”, como un veciño de Pontellas que foi denunciado en tres ocasiones por saír de casa para andar en bicicleta, sendo interceptado polas patrullas da Policía Local en varios puntos do municipio.

Por outra banda, e aínda que todas as denuncias se remiten á subdelegación do Goberno, precisaron que unha desas denuncias foi remitida ao xulgado “pola gravidade do desacato”. Trátase da sanción a unha persoa sen fogar, “que tivo unha conduta desconsiderada” coa patrulla policial

(Vídeo) O polo ao chilindrón, o plato estrela de Abel Caballero

0

O alcalde da cidade de Vigo, Abel Caballero, fixo este luns unha fideuá na típica comida de Nada con xornalistas de diferentes medios de comunicación da cidade, entre eles, Xornal de Vigo. O rexedor vigués, móstrase coñecedor da receta e aportou consellos coma que “non hai que botar moita sal, que se absorbe moito” e mostrouse coñecedor dos diferentes detalles do prato.

Desde o restaurante Valdevez, lugar onde organizaron a cea, ratifican que “desde que viu o acalde imos a vender moitísimo máis”. De todas formas, cando lle preguntaron os xornalistas sobre a posibilidade de facer un libro de recetas, o alcalde asincérase: “cociñar non é o meu”, mais di que a súa especialidade é “o polo ao chilindrón” do que asegurou: “fareino o ano que ven”.

Caballero, evitou meterse en polémicas cando foi preguntado por se ía invitar a Feijóo, ao que respondeu: “Non imos a falar de política mentres comemos! Pero eu invito de primeiro a Pedro Sánchez”. Con todo, aproveitou a ocasión para facer gala da riqueza gastronómica dos productos vigueses, que sinala “da ría”.

A continuación, o vídeo da preparación do prato por parte do alcalde:

O Concello de Vigo cifra en 700.000 as visitas á arbore de Nadal durante a ponte

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, detallou este luns que, de acordo cun proceso de cálculo persoal encargado polo Concello, “máis de 700.000 persoas” visitaron a árbore do Nadal instalado en Porta do Sol durante a ponte da Constitución.

Durante unha rolda de prensa celebrada na cidade, o rexedor destacou que, entre este venres e este domingo, “unha media de 250.000 persoas pasaron ao día pola árbore ou a bóla” situados na contorna de rúa Príncipe.

Nese sentido, precisou que o cálculo só se levou a cabo nas inmediacións da árbore do Nadal ao presupor que os visitantes que acudiron a esa zona tamén se desprazaron polo resto da zona centro da urbe galega.

Tamén precisou que, durante este fin de semana, “máis de 30.000 persoas” visitaron o belén instalado na Casa das Artes, unha cifra que contrapuxo co feito de que, nas mesmas datas do ano pasado, a cifra se situase en 9.000.

Así mesmo, Abel Caballero sinalou que, entre o venres e o domingo, contabilizouse unha ocupación hoteleira do 100 por cen na cidade olívica, así como que “se encheron” distintos restaurantes e aparcadoiros. Nesa liña, apuntou que outras localidades galegas, como Sanxenxo e Ourense, rexistraron pernoctas realizadas por persoas que acudían a Vigo con motivo da iluminación do Nadal.

Adicionalmente, o alcalde previu que “a afluencia máis importante” se contabilizará durante os últimos días do ano con motivo da ponte de fin de ano.

APARCADOIROS

Por outra banda, avanzou que remitirá unha carta ao presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga, para que “reconsidere” a súa “negativa” á proposta da Zona Franca relativa á apertura dun estacionamento baixo Montero Ríos unido ao robotizado e ao da Praza da Estrela. Así, asegurou que este fin de semana se constatou a necesidade de máis prazas de parking debido á afluencia de visitantes.

Deste xeito, Caballero lembrou que a Zona Franca se ofreceu a asumir a rehabilitación do espazo no que se situarían as novas prazas de estacionamento e incidiu en que a súa construción beneficiaría ao Porto de Vigo, que cobraría o canon correspondente. Por iso, afirmou que “non se entende a negativa” de López Veiga a este proxecto, unha posición que, na súa opinión, se debe a que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, se mostrase contrario á iniciativa.

Xa son catro as persoas detidas polo caso do narcosubmarino

0

Axentes da Policía Nacional detiveron este venres en Vigo ao terceiro tripulante do ‘narcosubmarino’ que, o pasado fin de semana, foi localizado á entrada da ría de Aldán, en Cangas (Pontevedra), e que transportaba uns 3.000 quilos de cocaína.

Segundo confirmaron fontes coñecedoras da investigación, este terceiro ocupante do semisomerxible foi localizado e arrestado na cidade olívica, e trátase dun home galego. No momento de ser detido levaba aínda posto o traxe de neopreno que vestía cando fuxiu durante o operativo policial de hai case unha semana.

Esta persoa levaba en paradoiro descoñecido desde a madrugada do pasado domingo, cando logrou escapar do operativo de Policía, Garda Civil e Aduanas, no que foron detidos os outros dous ocupantes do ‘narcosubmarino’, de nacionalidade ecuatoriana, despois de verse sorprendidos e de afundir a nave na zona de Punta Couso.

Por outra banda, a Garda Civil detivo en Cangas a un cuarto implicado, cuxa participación nos feitos estaría vinculada con labores de apoio desde terra.

3.000 QUILOS DE COCAÍNA EN 152 FARDOS

A Garda Civil, Policía Nacional e Axencia Tributaria puxeron en marcha o 21 de novembro un operativo de vixilancia tras recibir unha alerta do Centro de Análise e Operacións Marítimas en materia de Narcotráfico, con sede en Lisboa, sobre a presenza dun semisumerxible navegando polo Atlántico en dirección ás costas galegas.

Segundo os investigadores, a intención dos tres tripulantes do ‘narcosubmarino’ era transvasar a droga a outra embarcación que a trasladaría a terra, pero o mal tempo, unido ao feito de que se viron sorprendidos polo operativo policial, obrigou aos ocupantes do batiscafo a afundir a nave e tratar de fuxir.

Nese momento foron detidos dous dos tripulantes, de nacionalidade ecuatoriana e que xa ingresaron en prisión por orde do xulgado de instrución 1 de Cangas. O terceiro tripulante foi finalmente detido este venres, así como o cuarto implicado.

Intervidos case 150 litros de augardente de fabricación artesanal nun local das Neves

0

A Garda Civil incautouse de 144 litros de augardente de fabricación artesanal que se comercializaba dun modo fraudulento nun establecemento das Neves (Pontevedra) dado que non contaba con etiquetas nin marcas fiscais.

Tal e como recolleu a Benemérita nun comunicado, os feitos tiveron lugar durante unha inspección rutineira levada a cabo por efectivos do Posto Fiscal da Garda Civil de Tui nunha local de alimentación que tamén dispón dun servizo hostaleiro.

Ao comprobar o cumprimento da normativa sanitaria e fiscal da mercadoría vendida, os funcionarios localizaron nove garrafas con 16 litros de augardente cada unha no almacén. En concreto, sete dos envases contiñan augardente branca e, os outros dous, augardente de herbas.

As garrafas estaban dispostas para ser distribuídas entre os clientes do bar, aínda que carecían das etiquetas e marcas fiscais determinadas pola lexislación vixente.

Así mesmo, xunto aos envases, atopouse unha caixa que contiña 41 tapóns con precintos fiscais adheridos, que, ao parecer, procedían de botellas de curso legal. Supostamente, unha vez que se transfería a augardente a estas botellas, utilizábanse estas precintas para simular que se trataba de bebidas destiladas legais e vendelas aos consumidores.

Buscan a un home que disparou contra unha cafetaría en Vigo

0

A Policía Nacional busca a un home de “uns 40 anos“, de complexión delgada e de estatura baixa como o presunto autor dun disparo a través do cristal dunha cafetaría no barrio vigués de Teis.

Tal como sinalou a Policía Local de Vigo a Europa Press, o suceso produciuse na Cafetaría Zoraya 2, situada na rúa Enrique Lorenzo. Na madrugada do sábado, un home de mediana idade disparou desde o exterior do local cara ao cristal do mesmo.

Tras o suceso, o home, que levaba posta unha gorra, saíu fuxindo nun Renault Megane verde cara á factoría do estaleiro Vulcano.

No incidente, un dos camareiros do local resultou ferido leve tras impactar contra el un dos cristais rotos por culpa do impacto da bala.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed