InicioVigo e contornaVigoToque de atención ao Concello de Vigo polas tallas "salvaxes" de árbores

Toque de atención ao Concello de Vigo polas tallas “salvaxes” de árbores

Ecoloxistas en Acción entregará un manual para a xestión "respectuosa" do arboredo urbano a varios cargos consistoriais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A plataforma Ecoloxistas en Acción chama a atención do consistorio vigués a respecto da conservación da biodiversidade urbana. A asociación vén de anunciar que presentará un “manual para a xestión respectuosa do arboredo urbano de Vigo”, documento que achegará aos responsables institucionais para, nas súas propias palabras, poñer freo ás “tallas arbitrarias” na cidade.

A tese sobre a que se constrúe o manual argumenta que as árbores urbanas constitúen un espazo de conexión coa natureza na cidade. “A función do arbolado urbano”, apuntan dende a platagorma, “vai máis alá de facer agradable a paisaxe da cidade, ao transformar o territorio urbano nun lugar máis habitable para as persoas”.

Á parte estarían os “evidentes beneficios ambientais, que van dende a absorción de partículas e elementos químicos contaminantes, pasando por aumentar a biodiversidade urbana, ata a disminución das molestias causadas polo ruido”. “En conxunto pódese decir que teñen un papel na mitigación do cambio climático. Pero ademais presenta una grande influencia na saúde mental, mellorando o benestar e a calidade de vida das personas. Cómpre sinalar que está demostrado que todos estes beneficios só se producen cando o arbolado na cidade é de calidade, cando as árbores están sans, son maduras con copas grandes e un sistema radicular equilibrado”, engaden.

A presentación do citado manual terá lugar o vindeiro venres ás 11 da mañá na praciña Rolda don Bosco. O obxectivo da xornada pasará tamén por poñer sobre a mesa a “deficiente” xestión do Concello a respecto das árbores. De aí que a organización ecoloxista se dispoña a entregar un exemplar de ás concellerías con competencias na xestión e aos representantes das forzas políticas da cidade. “Ecoloxistas en Acción pretende así que non continúen as tallas arbitrarias e as podas salvaxes tan habituais na cidade de Vigo”, conclúen.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...