InicioCulturaO Festival de Cine Inclusivo de Vigo rende homenaxe aos sanitarios, tamén...

O Festival de Cine Inclusivo de Vigo rende homenaxe aos sanitarios, tamén no seu cartel, da artista Abi Castillo

Celebrarase entre o 13 e o 17 de outubro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O V Festival de Cine Inclusivo, que se celebrará en Vigo entre o 13 e o 17 de outubro, renderá este ano homenaxe aos profesionais da saúde e os servizos sociais, a quen tamén recoñecerá no seu cartel, deseñado pola artista Abi Castillo.

A deseñadora explicou que, co seu traballo para o Festival, quixo “transmitir fortaleza”, facendo protagonista a unha muller sanitaria entre focos de cinema “que apuntan cara a fóra, proxectando un futuro que esperamos sexa mellor e fáganos máis conscientes do que é realmente importante”.

Abi Castillo é unha ilustradora e ceramista viguesa, ilustrou libros infantís e xuvenís de editoriais como Xerais ou Galaxia. Foi premiada no concurso Novos Valores 2019 da Deputación de Pontevedra e, ademais, colaborou coa marca Zara do grupo Inditex no proxecto Women in Art.

A edición de 2020 do Festival de Cine Inclusivo está marcada, como outros eventos, pola pandemia de coronavirus, polo que se deu máis puntuación no concurso a aqueles traballos audiovisuais que “axudan a coñecer e valorar o traballo dos sanitarios”.

Ademais dos filmes que concursen, no acto inaugural proxectarase o documental ‘De chaque instant’, do francés Nicolas Philibert, que o realizou tras un ingreso hospitalario, no que quedou “asombrado” pola dedidación dos profesionais que o atenderon.

ÚLTIMAS

Falece a ‘señora Alicia’, icona do Festival de Cans

Alicia Sánchez, a 'señora Alicia', icona do Festival de Cans e unha das veciñas máis...

Lores ofrece a Abel Caballero unha “fronte común” para esixir ao Goberno que a AP-9 sexa gratis entre ambas cidades

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), anunciou que chamará ao seu...

Constituída en Mos unha comisión con integrantes políticos, técnicos e veciños contra o novo trazado da A-52

O Concello de Mos acolleu este luns a sesión constitutiva e primeira reunión dunha comisión de...

O PP de Vigo pide a Caballero “claridade” sobre o novo recibo do lixo, “que prevé subidas de ata o 18 %”

O grupo municipal do PP de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero, que "abandone...