InicioEconomíaNigrán ten o prezo da vivenda máis cara e Salvaterra, o maior...

Nigrán ten o prezo da vivenda máis cara e Salvaterra, o maior descenso

O prezo da vivenda cae un 0,1% en agosto en Galicia, pero sobe un 2,7% nun ano.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O prezo da vivenda de segundo man caeu en agosto un 0,1% en Galicia en variación mensual, pero sobe un 2,7% no seu interanual, situando o seu prezo en 1.611 euros/metro cadrado,segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa.

En dous do catro provincias analizadas sobe o prezo no mes de agosto. As provincias cos incrementos mensuais son Pontevedra (0,4%) e Ourense (0,002%). Doutra banda, os descensos mensuais do prezo da vivenda en agosto corresponden ás provincias da Coruña con -0,4% e Lugo con -0,3%.

En canto aos prezos, Pontevedra é a provincia máis cara con 1.836 euros/metro cadrado; seguida da Coruña con 1.599 euros/metro cadrado; Ourense, con 1.456 euros/metro cadrado e Lugo con 1.158 euros/metro cadrado.

En tres das catro capitais de provincia con variación mensual cae o prezo en agosto respecto ao mes anterior. Os descensos mensuais corresponden ás cidades de Lugo capital (-1,7%), Ourense capital (-0,3%) e A Coruña capital (-0,1%).

A Coruña, máis cara

Doutra banda, a capital na que o prezo descende en agosto é Pontevedra capital cun 0,7%. Respecto dos prezos, a capital de provincia máis cara é A Coruña capital (con 2.322 euros/metro cadrado); seguida de Pontevedra capital (1.799 euros/metro cadrado) Ourense capital (1.559 euros/metro cadrado) e Lugo capital (1.440 euros/metro cadrado).

O prezo medio da vivenda de segunda man cae no 54% dos 46 municipios con variación mensual analizados por Fotocasa. Os tres municipios con maiores descensos son Nigrán (-4,7%), Boiro (-2,1%) e O Grove (-1,9%). Doutra banda, o municipio co maior descenso localízase en Pontevedra, en concreto en Salvaterra de Miño cun 6%.

En canto ao prezo por metro cadrado en agosto, vemos que a orde das cidades máis caras é: Nigrán con 2.711 euros/metro cadrado e Sanxenxo con 2.557 euros/metro cadrado. Doutra banda, o municipio máis económico é Vilalba, en Lugo, cun prezo de 710 euros o metro cadrado.

O prezo medio da vivenda en España situouse en agosto en 1.890 euros o metro cadrado, o que supón unha caída intermensual do 0,2%, pero unha subida do 0,7% respecto de agosto de 2020, segundo datos do portal inmobiliario Fotocasa.

ÚLTIMAS

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...

A Xunta e Vicus Gallaecia analizan os retos da mobilidade e urxen un calendario para o AVE Vigo-Porto

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este luns nun encontro...