Inicio Blog Páxina 622

Ferido un ciclista tras sufrir unha caída nunha senda en Ponteareas

0

Un ciclista resultou ferido este domingo tras sufrir unha caída nunha senda da parroquia de Fozara, na localidade pontevedresa de Ponteareas. Segundo trasladou o 112, o accidente ocorreu sobre as 12,40 horas. Nese momento, un compañeiro do ciclista chamou á central de emerxencias para pedir axuda.

Nesta ocomunicación, o alertante indicaba que ambos circulaban pola Senda do Tea, nas proximidades da Praia Fluvial das Pías cando ocorreu o accidente. Ademais, sinalaba que o home sufrira un corte nunha perna, o que dificultaba a súa mobilidade.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso aos profesionais de urxencias médicas, aos membros do GES-SPEIS Ponteareas e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Debido ao complicado acceso ao ferido, os equipos de emerxencia axudaron a trasladalo ata a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que finalmente o evacuaría á PAC.

Javier Rodríguez González recibe o XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo

O Concello de Gondomar, a editorial Galaxia e o Instituto de Estudos Miñoráns entregaron este domingo 22 de abril o XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta ourensán Javier Rodríguez González polo poemario titulado Xeración (Breve tratado de males inespecíficos).

O xurado valora que a obra constitúe a crónica dunha xeración que se trascende a si mesma, chegando a expresar un auténtico manifesto contra a cultura da cancelación na medida en que a memoria, tamén a recente, marca o momento actual e proxéctase nun diálogo cara ao futuro.

O poemario contén un alto interese histórico-cultural, ao mesmo tempo que se expresa cun léxico depurado e un ritmo áxil, ofrecendo unha proposta poética do devalar da existencia.

A obra gañadora será publicada na colección Dombate da Editorial Galaxia, onde a organización deséxalle o mesmo éxito que “Antese”, de Arancha Nogueira, poemario gañador do ano anterior, que xa vai pola segunda edición. O premio está dotado con 4000 € e unha peza escultórica, obra do artista miñorán Fino Lorenzo, fabricada desinteresadamente pola carpintería Meixoeiro.

Rueda apoia en Vigo á súa candidata, que advirte: “Non hai nada máis anti Vigo que o illamento”

O líder do PPdeG e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desprazouse a Vigo este sábado para apoiar a Marta Fernández-Tapias no acto de presentación da candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do próximo 28 de maio, e no que a dirixente local lanzou unha mensaxe fronte á “confrontación”: “Non hai nada máis anti Vigo que o illamento”.

Para Fernández-Tapias, despois de anos de goberno socialista encabezado por Abel Caballero, está claro quen saíu “gañando”: “Que ben lle foi ao PSOE coa confrontación, pero que dano lle fixo a Vigo!” “Baixar os brazos e aceptar esta situación non vai comigo nin con este partido”, agregou.

Manifestouno nun acto na cidade olívica no que, ademais de Rueda, participaron outros dirixentes populares como a secretaria xeral do PP galego, Paula Prado, ou o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luís López.

Rueda, pola súa banda, agradeceu a “valentía” dos compoñentes de “a mellor lista que houbo nunca en Vigo” e darlles o parabén por querer “abrir un novo camiño desde a tranquilidade, a humildade e a seriedade”. “Hoxe é o día no que o PP de Vigo vólvese a abrir a toda a cidade”, aseverou.

“Hoxe trasladamos unha mensaxe diferente a aqueles que apoiaron ao PP hai tempo e deixaron de facelo, a todos os que queren volver apoiarnos e están a desexar que lles deas motivos para facelo. Esa mensaxe é que estamos preparados”, engadiu.

“ABRIR As XANELAS DA CIDADE”

Na súa intervención, Rueda apuntou que hai que “abrir un tempo novo” e “abrir as xanelas da cidade” para que Vigo volva liderar ” Galicia”, e que para iso “fai falta traballar en serio, tender a man, ter equipo e unha persoa que o lidere como Marta Fernández-Tapias”.

Ao tempo, remarcou que o 28 de maio “vótase o futuro da cidade” e que ese día será “o punto de inflexión para que todo empezo a cambiar” en Vigo, na Deputación de Pontevedra e en España.

“Non hai un PSOE de Vigo e un PSOE da Moncloa. É todo o mesmo porque cando un candidato socialista pide apoio para a súa candidatura, está a pedilo tamén para quen máis o necesita. E eu non quero que Pedro Sánchez poida dicir que Vigo o apoia porque o seu Goberno ten moitas débedas con Vigo que aínda non saldou e por tanto non se merece ese apoio”, sentenciou.

“ALGO NOVO QUE OFRECER”

Pola súa banda, ademais de previr fronte ao “illamento”, sinalou que non se resigna a que Vigo “siga perdendo posicións respecto das súas competidoras e a que o Goberno de Sánchez “desprece” á cidade máis importante de Galicia “cunha débeda de 4.100 millóns de euros en investimentos que son claves para o futuro da cidade”

Do mesmo xeito, a candidata popular incidiu en que toca elixir entre “dúas décadas dun PSOE acomodado ou o futuro co PP; entre continuísmo ou renovación; entre confrontación ou colaboración; entre a perda de oportunidades ou liderado industrial; entre o personalismo ou 300.000 protagonistas”.

Finalmente, marcouse o obxectivo de articular “un Vigo que volva ser motor de Galicia, referente en España e Capital da Eurorrexión”, convencida de que o próximo logro da cidade está por escribir e de que quere contribuír a el”. “Non hai maior privilexio para un vigués que traballar por mellorar a súa cidade”, reivindicou.

A historia de superación de Manuel Severino para lograr rehabilitarse

A Fundación Érguete-Integración publica a historia de Manuel Severino, un usuario que
chegou á entidade nunha situación de exclusión social severa
. Vivía en situación de rúa e estaba en situación de drogodependencia.

Dende o Programa Sísifo, co servizo Calor-Café fíxose unha primeira aproximación a
Manuel. Tras ir gañando confianza coas persoas técnicas da entidade comezou o seu
paso polo Proxecto Alén para tratar de abandoar o consumo de substancias. Máis tarde,
hai un ano e medio iniciou a súa andanza no Servizo de Orientación Laboral da
organización, foi pouco a pouco superándose a si mesmo, formándose e cumprindo os seus obxectivos.

“En cinco años he cambiado pero puff… Como de la noche al día” explica Manuel. Ao
longo do video, narra como a súa vida cambiou ao cen por cen. Dende xaneiro, e tras
dez anos sen emprego, traballa de peón de albanelaría no Concello de Vigo. Agora
Severino ten ilusión polo futuro. Agora está orgulloso de quen é
: “Sé mirar las cosas de otra forma. Al final, la vida te da sorpresas” engade.

A responsable do Programa Sísifo, Adela Uriz “Deli”, explica a complicada situación de
Manuel cando comezou no programa, e que grazas ao gran compromiso que tiña cos
seus propios obxectivos rematou conseguindo rehabilitarse.
A orientadora laboral da entidade, Silvia Fernández, fala de Severino con emoción porque considera que “es de esas personas que demuestran que cuando una persona tiene ganas, una persona se
esfuerza, las cosas llegan”.

A historia de Manuel Severino é, sen lugar a dúbidas, un dos casos de éxito da entidade.
Esta historia e o traballo da Fundación –con este itinerario personalizado- foron
recoñecidos pola UNAD (Red de Atención a las Adicciones) no seu Congreso realizado
en Córdoba esta semana con distintas xornadas que abordaron as realidades en torno
ás adiccións con profesionais do ámbito da intervención. Asistiron a este evento a
directora da entidade e a responsable do Programa Sísifo e do Proxecto Alén, dos que
formou parte Severino, e recolleron o diploma en nome da Fundación.

https://www.youtube.com/watch?v=x21Rfwxan54

En liberdade, como investigados, dous detidos por unha plantación de marihuana achada ao extinguir un incendio en Vigo

Os dous homes detidos en Vigo este venres en Vigo pola súa presunta vinculación cunha plantación de marihuana localizada este xoves nunha vivenda na que se declarou un incendio quedaron en liberdade, investigados por un delito contra a saúde pública.

Á primeira hora deste xoves saltou a alarma por un incendio rexistrado na planta baixa dun inmoble de dúas alturas, na rúa Castela, perpendicular a cálea Piñeiro. Cando os bombeiros chegaron, non había persoas no interior da vivenda.

As chamas calcinaron por completo unha habitación e o fume afectou a toda a vivenda da planta baixa, así como ao chan do primeiro piso, onde hai outra vivenda independente.

Fontes policiais confirmaron que no inmoble había unha habitación preparada para o cultivo, con varios exemplares de plantas de marihuana. Na xornada deste venres, a Policía e a comisión xudicial procederon ao rexistro da vivenda e á incautación da marihuana e outros materiais.

Un incendio calcina diversos materiais dunha nave industrial en Mos

0

Os servizos de emerxencia extinguiron un incendio que calcinou diversos materiais dunha nave industrial situada no municipio pontevedrés de Mos.

Segundo confirmou o 112 Galicia, o lume queimou unha carretilla elevadora, parte dun camión e unha zona da edificación onde estaban situadas algunhas oficinas. Varios particulares alertaron á central de emerxencias ás 23,30 horas da noite deste venres para dar aviso da situación no camiño do Campo Redondo, na parroquia de Cela.

Con esta información, activouse un operativo do que formaron parte os Bombeiros do Porriño, efectivos do GES e do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e axentes da Garda Civil. Ademais, pasouse aviso aos profesionais sanitarios, aos Bombeiros de Vigo e tamén ás autoridades ambientais da Xunta.

Unha vez extinguido o incendio, os equipos de intervención informaron ao 112 que a subministración eléctrica da edificación tivo que ser interrompido, polo que se contactou coa empresa responsable co fin de restablecerse as condicións de seguridade.

INCENDIO A CORUÑA

Ademais, o 112 Galicia tivo coñecemento dun incendio na cidade da Coruña, que afectou á habitación dun piso nun edificio de oito plantas situado na Rúa do Mosteiro de Caaveiro.

Tal e como explica o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, a situación foi orixinada por un curtocircuíto e soamente provocou danos materiais, xa que os veciños puideron saír das súas vivendas.

De feito, foron varios os veciños que chamaron ao 112 para solicitar medios de extinción poucos minutos despois da medianoite. Un deles indicou que escoitou unha explosión, seguida dunha intensa fumareda.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros da Coruña e dos axentes da Policía Nacional e Local. Tamén se desprazou ata o lugar un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que ninguén necesitou asistencia médica.

Ana Pontón pide un “novo tempo” para Redondela da man do candidato Xoán Carlos González

0

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este venres na presentación da candidatura que encabeza Xoan Carlos González Campo como aspirante á Alcaldía de Redondela, e destacou a tenacidade do candidato e o seu nivel de coñecemento do municipio, “como a palma da súa man”.

Pontón proclamou que González Campo “será o alcalde que abra un tempo novo” en Redondela, un municipio que “ten todo o potencial para ser un concello de referencia enla comarca e en Galicia”. “Só lle falta liderado político e proxecto de futuro, un proxecto con rumbo e con ideas claras, con alternativas e con propostas para que avance, progrese e mellore”, subliñou.

A portavoz nacional do BNG sinalou que o candidato representa a forma de facer política municipal dos nacionalistas galegos, que ten como principal modelo de éxito o concello de Pontevedra. “Dígoo co máximo orgullo: os gobernos municipais do BNG son gobernos de calidade, que funcionan, son gobernos solventes, que saben xestionar con eficacia cada euro”, proclamou.

Na súa intervención, Pontón volveu a facer referencia ao actual contexto de crise, cun goberno do PP na Xunta “insensible aos problemas da xente” e “desconectado” da realidade. Respecto diso, volveu a censurar que Alfonso Rueda diga “sen porse colorado” que os ‘populares’ deixaron de lado durante 14 anos a construción de vivenda protexida “porque non sabía que o acceso á vivenda era un problema para a cidadanía”.

A líder do BNG tamén se referiu ao “espolio eólico que promove o PP para que as eléctricas se sigan forrando”, e defendeu unha vez máis a implantación dunha tarifa eléctrica galega para abaratar a factura da luz de familias e empresas; igualmente, repetiu a súa proposta de aprobar un plan de rescate hipotecario ante a subida dos tipos de interese.

Unha lingüista forense ratifica ante a xuíza que o exmozo de Déborah puido “faltar á verdade”

A lingüista forense Sheila Queralt prestou declaración este venres por videoconferencia ante a xuíza de instrución 2 de Tui que investiga a desaparición e morte de Déborah Fernández-Cervera, e ratificouse no informe que elaborou a petición da familia da moza, no que sinala que o único investigado nesta causa, Pablo P.S.L., exmozo de Déborah puido “faltar á verdade” na súa declaración como investigado, na que se declarou inocente.

Na súa declaración como perito, Queralt explicou que o seu informe non é concluínte porque a lingüística forense non é unha ciencia exacta, aínda que si pode achegar certos indicios. Con todo, aconsellou que se faga unha pericia de linguaxe non verbal por parte de perfiladores criminalísticos expertos (hainos en Policía Nacional e Garda Civil).

Segundo explicou no seu día Sheila Queralt a Europa Press, para elaborar este tipo de informes, nesta disciplina forense analízanse diversos parámetros e aspectos da linguaxe e a produción verbal. Por exemplo, o tipo de palabras que se utilizan, como se pronuncian, como se estruturan as frases, se hai interferencias doutras linguas, as respostas a preguntas, etc.

No caso da declaración de Pablo P.S.L., estudáronse o tipo de preguntas e as respostas dadas, para analizar se aparecen “certos trazos” que, tal e como se reflectiu en estudos científicos previos, denotan que unha persoa está “a faltar á verdade”. “Nós non podemos dicir rotundamente se unha persoa está a mentir, pero si detectar eses trazos indicativos que apuntan que podería estar a faltar á verdade”, matizou.

Respecto das manifestacións do exmozo de Déborah, esta experta sinalou que a súa análise pon de manifesto a presenza deses trazos (repeticións, evasivas, uso de palabras absolutas como ‘nunca’, ‘xamais’ ou ‘ninguén’), que indicarían un “intento de ocultar a verdade”. Eses sinais foron detectados en aspectos concretos da súa declaración, como aqueles referidos á finalización da súa relación de parella coa vítima; na súa explicación de por que chegou tarde a un partido de fútbol o día que a moza desapareceu; ou cando é preguntado directamente se lle fixo dano a Déborah ou se a matou.

A xuízo os dous acusados da morte do ex conselleiro delegado de Barreras

A Audiencia Provincial de Madrid xulgará a partir do próximo luns os dous acusados da morte de José Rosado, de 42 anos, ex conselleiro delegado de Hijos de J. Barreras, o maior estaleiro privado do Estado. Os feitos tiveron lugar o 29 de outubro de 2021, cando o cadáver de Rosado foi descuberto nunha habitación de hotel en Madrid.

O cadáver non mostraba signos de violencia. Non había lesións, nin negróns nin indicios de asfixia, polo que ao principio podería parecer unha morte natural, aínda que a habitación estaba revolta e faltaban algunhas cousas. Con todo, as pesquisas levadas a cabo polo Grupo V de Homicidios da Brigada Provincial de Policía Xudicial, desvelaron que os acusados causáronlle á vítima unha sobredose pola mestura de psicotrópicos e alcol.

O fiscal solicita 17 anos e seis meses de prisión para M. V. P. e outros 19 anos e tres meses para M. C. por delitos de homicidio, roubo con violencia e estafa. Ademais, no caso de M.C. solicita que na sentenza a pena de prisión sexa substituída pola súa expulsión do territorio nacional debido aos antecedentes penais que acumula. Ambos os dous acusados permanecen en situación de prisión provisional por esta causa desde o día 24 de decembro de 2021 e, en concepto de responsabilidade civil, a Fiscalía reclámalles 150.000 euros.

Un xulgado de Vigo declara sen efecto o acordo do concurso voluntario de Maderas Iglesias

O Xulgado do Mercantil número 3 de Pontevedra, con sede en Vigo, declarou incumprido o acordo do concurso de acredores voluntario de Maderas Igleias por falta de pagamentos a entidades bancarias. En concreto, a maxistrada estimou integramente a demanda promovida por entidades bancarias contra a empresa polo incumprimento do acordo aprobado en setembro de 2013 dentro do concurso de acredores, ao incumprir o calendario de pagos.

Unha vez asina a resolución, xa que contra ela cabe presentar recurso de apelación, procederase á apertura de oficio de fase de liquidación. “As causas que puidesen determinar o pago resultan irrelevantes para o que agora interesa, sen prexuízo dos eventuais efectos que puidesen determinarse no apartado de cualificación”, indica a xuíza na sentenza.

Ademais, sinala que, neste caso, “ningunha consta que a parte demandada promovese, en tempo e forma, unha proposta de modificación do contrato, ante os seus incumprimentos reiterados, con carácter anterior á solicitude de incumprimento“, nin que acredite “o cumprimento do plan de pago nos termos establecidos no contrato”.

Así, no acordo recollíanse unha serie de pagos anuais ás entidades bancarias que, segundo a sentenza, a compañía non está a cumprir. Por iso, a xuíza recolle que os pagos non realizados superan os 2,5 millóns de euros.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed