Ferido un ciclista tras sufrir unha caída nunha senda en Ponteareas

Dúas Notas De Prensa. GARDA CIVIL

Un ciclista resultou ferido este domingo tras sufrir unha caída nunha senda da parroquia de Fozara, na localidade pontevedresa de Ponteareas. Segundo trasladou o 112, o accidente ocorreu sobre as 12,40 horas. Nese momento, un compañeiro do ciclista chamou á central de emerxencias para pedir axuda.

Nesta ocomunicación, o alertante indicaba que ambos circulaban pola Senda do Tea, nas proximidades da Praia Fluvial das Pías cando ocorreu o accidente. Ademais, sinalaba que o home sufrira un corte nunha perna, o que dificultaba a súa mobilidade.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias deu aviso aos profesionais de urxencias médicas, aos membros do GES-SPEIS Ponteareas e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Debido ao complicado acceso ao ferido, os equipos de emerxencia axudaron a trasladalo ata a ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que finalmente o evacuaría á PAC.