InicioCulturaJavier Rodríguez González recibe o XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo

Javier Rodríguez González recibe o XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo

O premio está dotado con 4000 € e unha peza escultórica

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Gondomar, a editorial Galaxia e o Instituto de Estudos Miñoráns entregaron este domingo 22 de abril o XIV Premio de Poesía Victoriano Taibo, galardón que recaeu no poeta ourensán Javier Rodríguez González polo poemario titulado Xeración (Breve tratado de males inespecíficos).

O xurado valora que a obra constitúe a crónica dunha xeración que se trascende a si mesma, chegando a expresar un auténtico manifesto contra a cultura da cancelación na medida en que a memoria, tamén a recente, marca o momento actual e proxéctase nun diálogo cara ao futuro.

O poemario contén un alto interese histórico-cultural, ao mesmo tempo que se expresa cun léxico depurado e un ritmo áxil, ofrecendo unha proposta poética do devalar da existencia.

A obra gañadora será publicada na colección Dombate da Editorial Galaxia, onde a organización deséxalle o mesmo éxito que “Antese”, de Arancha Nogueira, poemario gañador do ano anterior, que xa vai pola segunda edición. O premio está dotado con 4000 € e unha peza escultórica, obra do artista miñorán Fino Lorenzo, fabricada desinteresadamente pola carpintería Meixoeiro.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...