Inicio Blog Páxina 371

Detido un home que entrou nun concesionario con dúas armas de fogo simuladas e dúas machetes

0

A Policía Nacional detivo na mañá deste luns a un home en Vigo tras entrar nun concesionario con dúas armas de fogo simuladas e dous machetes. Segundo informan fontes do devandito corpo de seguridade, o home acudiu ao establecemento da compañía Stellantis desgustado co servizo e solicitando atención. Alí, ameazaría ao persoal, portando armas de fogo simulada, sendo reducido e detido.

As mesmas fontes explicaron que o individuo finalmente dispuña de ata dúas armas de fogo e dous machetes, polo que foi arrestado por ameazas e tenencia ilícita de armas. Así mesmo, fontes da investigación consultadas por Europa Press aseguraron que o home, de 58 anos de idade, carecía de antecedentes policiais.

Tamén explicaron que o individuo entrou no establecemento, situado na Avenida de Madrid, e apuntou cunha arma a unha clienta que estaba no local, solicitándolle que se apartase do mostrador. Alí, foi atendido por unha empregada, que o acompañou á zona onde estaban os encargados do concesionario. Nun momento dado, o agora detido comezou a impacientarse, volvendo apuntar coas armas aos traballadores. Desta maneira, produciuse un forcejeo, ata que se presentaron os axentes da Policía Nacional, que arrestaron ao home e localizaron dous machetes durante un cacheo superficial.

Folga indefinida dos xardineiros ante a negativa da concesionaria de pactar unha subida segundo o IPC

0

Traballadores da UTE Zonas Verdes, concesionaria municipal do servizo de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, comezaron este luns unha folga indefinida ante a negativa da empresa de pactar unha subida salarial acorde ao IPC no novo convenio, que están a negociar nas últimas semanas.

A berros de ‘Non somos escravos, somos traballadores’, ‘Se sobe o IPC, os salarios tamén’ ou ‘UTE culpable, Concello responsable’, os empregados concentráronse a partir das 11.00 horas diante da sede do goberno local para pedir que se poña fin a esta situación.

Con pitos e petardos, máis de medio centenar de persoas protestaron ás portas do Concello neste primeiro día de folga na concesionaria municipal de Parques e Xardíns debido a unha “discrepancia” principal, que non é outra que se incrementen os salarios ano a ano segundo o IPC.

Tal como explicou aos medios de comunicación o presidente do comité de empresa, Alfredo Filgueiras, a UTE “pretende non asumir ningún custo da subida mentres dure a concesión”, trasladando os incrementos salariais ao final da mesma, para que se faga cargo a nova empresa concesionaria, que comezaría en 2027.

“Cousa que entendemos que é ilegal. Non podemos asinar ningún acordo con cargo á próxima concesionaria, porque ao final a seguinte non nolo vai a aceptar e imos ter que ir ao xulgado”, dixo, indicando que si se chegaron a outros acordos laborais, pero o punto de discusión actual é o salarial.

Para el, a empresa expón “ofertas desorbitadas”, pero todas con cargo á seguinte concesionaria. “Negámonos a ter unha subida que repercuta á nova concesión, porque xa falamos co Concello e non vai achegar ningún tipo de diñeiro a posteriori”, engadiu.

“Estamos a pedir que nos suban todo con respecto ao IPC e a empresa négase”, lamentou, lembrando que as subidas do anterior convenio eran lineais. Segundo dixo, son preto de 110 os traballadores da UTE, dos cales preto dun 90% secundaron a folga este luns. A pesar de todo, tachou de “abusivos” os servizos mínimos establecidos polo goberno local.

As ‘guerreiras’ do Porriño de balonmán dan o salto a Europa

As ‘guerreiras’ do Conservas Orbe Rubensa Porriño de balonmán xogarán a vindeira tempada en Europa logo de conseguir os apoios económicos necesarios e certificar a cuarta praza de acceso na competición doméstica. A contrarreloxo e no último suspiro, o presidente do equipo, Abel Estévez, puido conseguir ese patrocinio agardado que permitise aumentar o orzamento, imprescindible, para inscribir ao equipo na European Cup. A primeira vez na súa historia que saírán do Porriño por Europa tras firmar unha “gran temporada”. Conta o presidente que os inicios deste club remóntanse aos 80, cando o por aquel entón “ex-alcalde Barros impulsou a creación dunhas escolas deportivas”. Así en 1987 fundouse o Club Balonmán O Porriño e desde entón foi medrando en todas as categorías e con especial éxito no combinado feminino. 

O equipo feminino logrou ascender á División de Honra Feminina na tempada 1996/97 onde se mantivo catro temporada. “Na última etapa, ascendimos xa fai 13 anos e desde entón estamos na máxima categoría, na Liga Guerreras Iberdrola”, expón Abel. Neste sentido, o crecemento do equipo estivo claramente influenciado pola aposta das categorías base, pola canteira xa desde os inicios. Na tempada 1990/91 cando xa comezaron a funcionar as escolas había máis de 2.500 alumnos da zona formando parte disto. 

A MELLOR TEMPADA DA SÚA HISTORIA

Con máis de 30 anos de historia, este equipo pode presumir de ter acadado nesta edición 2023/24 a mellor clasificación tanto na liga regular como no playoff. “Acadamos o cuarto posto, que nos deu o pase á competición europea, segundo a segunda vez que se consegue na historia”, comenta o presidente. Naquela primeira oportunidade non foi posible ver ao Porriño competindo en Europa por motivos económicos, pero este ano o conto será diferente. Tamén destaca a clasificación para a fase final da Copa da Raíña que certificou unha “gran tempada para o primeiro equipo”. 

Cales son as claves deste éxito? Estévez destaca que foi un grupo moi estable de xogadoras nas que xa se confiou a medio-longo prazo e que deu os seus froitos. De igual forma, a confianza no corpo técnico da man de Ismael Martínez, que xa levaba moitos anos no club e asumiu o reto do primeiro equipo obtendo grandes resultados. A bancada tamén estivo aí en cada compromiso, xa que son un club “moi familiar” e nesta tempada non poden “pedir máis” neste sentido. “Tivemos unha media de asistencia dunhas 1000 ou 1100 persoas en todos os partidos de División de Honra, con picos de 1400 en partidos, como o que se disputou contra o Atlético Guardés”, sinala.

PRESENZA GALEGA NA MÁXIMA CATEGORÍA

En División Honra hai 14 equipos de toda España, con especial presenza de comunidades como Asturias, Canarias, Valencia… Galicia conta con dous representantes, o Porriño e o Atlético Guardés, que quedou en quinta posición na clasificación da liga regular. En División de Honra Ouro está o Carballal que vén de ascender este ano e en Terceira División en Prata Feminina hai cinco equipos galegos, entre eles o filial do Porriño. “Agora mesmo somos unha Liga digamos semiprofesional coa obriga de que as xogadoras teñan todas contrato laboral co primeiro equipo, que normalmente compaxinan con estudos”, afirma o presidente. 

Son 14 as xogadoras con ficha no primeiro equipo que de cara á próxima temporada terá maior carga de encontros. Con competición doméstica entre semana e continental para as findes, cos desprazamentos que iso conleva. Xa se pensa nunha posible ampliación en número de xogadoras, pero co filial como primeira alternativa ante a carga de partidos. A European Cup baséase en eliminatorias directas de ida e volta. “O día 16 é o sorteo onde se coñecerá se xogamos a primeira eliminatoria ou non e que rivais teriamos”, comenta. 

Todo o éxito acadado tamán se reflectiu en termos de visibilidade e, sendo un deporte minoritario, considera que teñen sorte de que a Federación Española apostase polo proxecto de liga feminina. Así, emítese todas as xornadas un partido por Teledeporte e as do Porriño tiveron cinco encontros en directo nesta tempada. “Cando hai derbi soe botarse pola TVG ou, cando non, por streaming tamén se emiten, a través de Youtube. Así, quen queira seguirnos tería esa facilidade de vernos tanto pola televisión pública como por plataforma gratuita”, manifesta e engade que isto permite chegar cada vez a máis fogares.

Coa cita olímpica á volta da esquina, tamén destaca que o bo facer da lateral dereito, Paulina Pérez, fixo que fose preseleccionada para a lista da Selección. Finalmente, en principio, queda fóra, pero é unha mostra do nivel acadado. “Quedou fóra porque só van 14 xogadores, pero é unha habitual nas concentracións do combinado nacional”, indica.

A CAPITÁ SARAI SANMARTÍN, DESDE OS INICIOS NO MÁIS ALTO

Comezou nisto de casualidade e xa leva 20 anos xogando, Sarai Sanmartín, capitá deste equipo recorda os inicios: “Eu probei moitos deportes e xogaba ao fútbol cando comecei no balonmán por cubrir un espazo que non tiña ocupado. Un día apareceu Abel facendo a captación de rapazas e rapaces no colexio, deu unha clase de Educación Física, propuxo actividades e, como tiña libre ese día da semana, quixen probrar. Tiña eu uns oito ou nove anos, gustoume e así comezou todo”. Do deporte destaca a oportunidade de facer amigas e do divertido que era, así foron medrando e disputando campionatos galegos, de España… “No Porriño traballan moi seriamente o que é a base e eu formei parte da mesma”, afirma Sarai. 

É parte da ‘canteira’ e lembra cando o primeiro equipo estaba en Segunda Nacional e loitaban por chegar á División de Honra, o cal lle inspirou a seguir: “Elas conseguiron o ascenso cando eu subía para xuvenís. Entón o primeiro ano de División de Honra para elas coincidiu co meu primeiro ano de xuvenil e, de feito, debutei  mesa tempada co primeiro equipo, na súa estrea en División de honra”. Desde aquel entón, o equipo mantívose na máxima categoría e levan xa 13 anos con Sarai á fronte da capitanía. Durante todo este tempo foi compartindo equipo con moitas compañeiras e algunha xa colgou as botas. 

Os inicios, recorda, foron duros porque o seu debut foi xusto despois da crise na que estaba o país e o nivel da liga baixara. Moitas das xogadoras internacionais, “case o 90% do equipo nacional” tivo que marchar fóra de España para ter oportunidades”. De aí ata agora, considera que mellorou moitísimo a profesionalidade e a propia liga. “Actualmente todas temos contrato, estamos máis respaldadas. Eu estou formándome para o futuro e compaxínoo co balonmán”, conta. 

“O DERBI VÍVESE CUNHA ILUSIÓN DISTINTA”

Desta tempada, recoñece que foi o resultado de vir “facendo as cousas ben” e que acadar a cuarta praza co pase a Europa foi unha alegría para elas, para a xente e para a directiva, que “traballar por dar as condicións que teñen”. Á espera de coñecer os riváis en Europa, Sarai destaca que o derbi galego, contra o Atlético Guardés, é o partido que máis ilusión xera. Na tempada 2024/25 xogarán o 28 de decembro o partido correspondente da primeira volta en A Sangriña e o 19 de abril no Porriño. “Móvese moita xente ao redor e vívese cunha ilusión distinta”, indica a capitá. 

Un consello para as xeracións futuras? Agora Sarai é unha referente para as nenas que comezan na aventura do balonmán como naquel momento o eran para ela todas as que loitaban polo ascenso. O seu consello: “Traballar, adestrar día a día con disciplina e seriedade e xogar co afán de pasalo ben facendo algo que che gusta”. 

Ferida unha persoa ao envorcar o seu coche na A-55, en Mos

0

Unha persoa resultou ferida ao saírse da vía e envorcar co seu coche na A-55, ao seu paso por Mos, mentres que outras dúas persoas que viaxaban no vehículo resultado feridas.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar ás 23,30 horas, cando un particular que circulaba polo punto, o quilómetro 12 da A-55 en sentido O Porriño. O 112 explicou que, aínda que o primeiro alertante non puido precisar se había feridos, outras chamadas explicaron que o vehículo puña en risco a circulación do resto de vehículos.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES de Mos e dos servizos de mantemento da autovía. Á chegada dos servizos de emerxencias, as persoas xa conseguiran saír a través dunha dos portelos do coche. De feito, unha delas chamou ao 112 Galicia a fin de solicitar asistencia sanitaria para un dos implicados, ferido na cabeza e que foi evacuado ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Detido en Vigo un home que se saltou unha orde de afastamento vixente sobre outro home

Un home, R.C.H. de 57 anos de idade, foi detido na mañá deste pasado domingo en Vigo tras supostamente saltarse unha orde de afastamento vixente sobre outro home. al como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 12.00 horas na alameda de Bouzas, cando a vítima se cruzou co agora detido.

Nun primeiro momento, segundo explicou aos axentes, tentou evadirse da presenza deste home, comezando o individuo a insultalo e a seguilo pola rúa, polo que deu aviso ás forzas da orde.

Unha vez no punto, os funcionarios comprobaron que a orde de afastamento continuaba en vigor, sendo detido o home, que continuou proferindo insultos cara ao requiriente do servizo en presenza dos actuantes.

Toralla, a illa secuestrada

0

Decenas de persoas concentráronse este sábado fronte á ponte que une a Praia do Vao coa illa de Toralla para reclamar a súa recuperación “como espazo público“. Durante a manifestación, convocada pola Asociación Veciñal de Coruxo, a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, a Plataforma pola Defensa da ría Vigo-Cíes, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, despregaron unha pancarta de 20 metros de longo na balaustrada da ponte, na que se podía ler ‘Únete á reconquista de Toralla’, “unha invitación á cidadanía viguesa para que reclame a illa para a cidade”.

A continuación, activistas ecoloxistas entraron no interior da illa cunha bandeira de Vigo para simbolizar a Reconquista. Tal e como apuntan nun comunicado, cunha superficie de algo máis de 10 hectáreas, a illa de Toralla foi obxecto “dunha absoluta especulación urbanística desde a década de 1960, en base a intereses empresariais privados”. “Un claro exemplo da cultura do pelotazo”, afirman.

Nese tempo, rememoran, comezouse a urbanizar a Illa. Fíxose a ponte e ao comezo deste púxose un valo e un vixiante que só permitía o seu paso a propietarios ou persoas autorizadas. A nivel lexislativo, remarcan que A Lei de costas 22/1988, de 26 de xullo, establece límites que nunca se cumpriron. Despois viría a modificación coa Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral, “que segue sen cumprirse e a Illa de Toralla permanece restrinxida ao paso público”.

“Unha barreira e un vixiante ao final da ponte impiden hoxe o acceso de vehículos e peóns ao interior da illa de Toralla. A decisión parte dos propietarios da trintena de chalés que existen na illa e que non superan os 170 veciños e da vista gorda das autoridades. Unha prohibición sen sustento legal”, aseveran.

SEN SENDA PEONIL

Censuran tamén que as as ampliacións realizadas por algúns dos seus habitantes dos seus terreos e propiedades, “ocupando parte do bordo litoral”, impiden o paso de persoas. “Nin sequera se puido levar a cabo a senda peonil de tres metros de ancho ao redor da illa que en 2008 aprobou o Ministerio de Medio Ambiente para proceder á recuperación do dominio público marítimo-terrestre. O proxecto segue gardado nalgún caixón”, indican.

“Toralla segue sendo un espazo público usurpado hai décadas para beneficio dunhas poucas persoas privilexiadas que deben ter moi bos contactos políticos para seguir aí tantos anos sen cumprir as leis. Facemos un chamamento aos vigueses e viguesas para que se unan á reconquista de Toralla e ás administracións para que fagan cumprir a lei e devolvan a Vigo a illa”, defendeu a activista que izou a bandeira de Vigo dentro da illa.

Deputados do PPdeG no Congreso piden impulsar a liña ferroviaria de alta velocidade Vigo-Porto-Lisboa

Deputados do PPdeG no Congreso rexistraron unha Proposición non de Lei relativa ao impulso da liña de alta velocidade ferroviaria Vigo-Porto-Lisboa para o seu debate na Comisión de Transportes e Mobilidade Sustentable.

Nela, tal e como se recolle no documento, instan o Goberno a “recoñecer, como xa se fixo en reiteradas ocasións nos Cumes Hispano-Portuguesa, o potencial de uso e de rendibilidade” desta liña como “unha infraestrutura prioritaria e estratéxica en virtude dos principios de vertebración territorial e de desenvolvemento social e económico de España e de Portugal”.

Ademais, demandan desenvolver unha programación completa das actuacións, investimentos orzamentarios e calendario para o desenvolvemento da conexión Vigo-Porto, coa prioridade do Saída Sur de Vigo, así como impulsar o traballo co Goberno de Portugal para a definición da nova conexión internacional sobre o río Miño ao amparo dos programas de financiamento europeo para as actuacións pertencentes á rede TEN-T.

Así mesmo, mentres non se materialice esta conexión de alta velocidade, piden que se modernice o material móbil e as condicións de servizo do denominado Tren Celta, entre Porto e Vigo, para facer posible esta viaxe nun tempo máximo dunha hora.

Ferida grave unha muller tras ser atropelada por unha moto en Nigrán

0

Unha muller resultou ferida de gravidade tras ser atropelada este sábado por unha moto na Avenida Rosalía de Castro do municipio pontevedrés de Nigrán.

Segundo informou o 112 Galicia, o suceso ocorreu na Ramallosa pasadas as 19.00 horas. Nese momento, varias persoas chamaron á central de emerxencias para dar aviso, sinalando que a muller se atopaba inconsciente e sangraba abundantemente.

Con esta información, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil.

A Xunta destaca que as obras de Olimpia Valencia de Vigo suporá un “cambio de paradigma”

A Xunta de Galicia avanza nas obras do novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo, que se situará no antigo edificio da Audiencia Provincial da rúa Lalín e que suporá un “cambio de paradigma” e unha sanidade máis “empática”.

Así o sinalaron os conselleiros de Sanidade e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Antonio Gómez Caamaño e María Martínez Allegue, respectivamente, nunha visita levada a cabo este venres. Alí, ambos puxeron en valor o “cambio de paradigma” que implicarán estas novas instalacións, ao unir nun mesmo centro o servizo de urxencias, así como a atención primaria e especialidades.

Ademais, segundo Gómez Caamaño, tratará de proporcionar aos usuarios e aos traballadores espazos máis humanizados, con máis funcionalidade e prestacións, que se encaixan na estratexia da súa Consellería de proporcionar un dispositivo sanitario “empático”, eficiente co medioambiente e amable coas persoas.

Martínez Allegue centrouse en destacar a importancia da rehabilitación do edificio, para darlle unha nova vida a unha construción que quedou en desuso tras trasladar á Cidade da Xustiza os xulgados de Vigo (que agora ocupan á súa vez as instalacións do antigo Hospital Xeral).

Venda de entradas para Luz Casal en Vigo: detalles e modalidades

0

O Concello de Vigo porá á venda o vindeiro xoves, día 18 de xullo, as entradas para asistir á platea do auditorio de Castrelos durante o concerto de Luz Casal, mentres que na bancada será gratuíto, tal como lembrou o alcalde, Abel Caballero.

Nun audio difundido aos medios de comunicación, o rexedor explicou que, como no resto de actuacións, 4.000 pases serán vendidos de forma presencial. Custarán 10 euros e venderanse de forma nominal nos despachos de billetes do propio auditorio de Castrelos 2.000 pola mañá (09:30 horas) e outras 2.000 pola tarde (16:30 horas). Outras 1.000 serán vendidas de forma ‘en liña’ na web do Concello, 500 en horario de mañá e 500 pola tarde.

Cada persoa poderá adquirir ata catro entradas, pero presentando o DNI ou unha copia das persoas que acudirán para “evitar a revenda”. Luz Casal actuará en Vigo o 2 de agosto. Desta maneira, o luns 15 venderanse as entradas para Luís Fonsi, mentres que o martes 16 estarán dispoñibles as reservas de Sen Senra.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed