InicioMedio Ambiente e PatrimonioToralla, a illa secuestrada

Toralla, a illa secuestrada

Decenas de persoas piden na ponte de acceso a esta illa privada que sexa recuperada para o goce público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Decenas de persoas concentráronse este sábado fronte á ponte que une a Praia do Vao coa illa de Toralla para reclamar a súa recuperación “como espazo público“. Durante a manifestación, convocada pola Asociación Veciñal de Coruxo, a Asociación Veciñal de San Miguel de Oia, a Plataforma pola Defensa da ría Vigo-Cíes, Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, despregaron unha pancarta de 20 metros de longo na balaustrada da ponte, na que se podía ler ‘Únete á reconquista de Toralla’, “unha invitación á cidadanía viguesa para que reclame a illa para a cidade”.

A continuación, activistas ecoloxistas entraron no interior da illa cunha bandeira de Vigo para simbolizar a Reconquista. Tal e como apuntan nun comunicado, cunha superficie de algo máis de 10 hectáreas, a illa de Toralla foi obxecto “dunha absoluta especulación urbanística desde a década de 1960, en base a intereses empresariais privados”. “Un claro exemplo da cultura do pelotazo”, afirman.

Nese tempo, rememoran, comezouse a urbanizar a Illa. Fíxose a ponte e ao comezo deste púxose un valo e un vixiante que só permitía o seu paso a propietarios ou persoas autorizadas. A nivel lexislativo, remarcan que A Lei de costas 22/1988, de 26 de xullo, establece límites que nunca se cumpriron. Despois viría a modificación coa Lei 2/2013, de 29 de maio, de protección e uso sustentable do litoral, “que segue sen cumprirse e a Illa de Toralla permanece restrinxida ao paso público”.

Unha barreira e un vixiante ao final da ponte impiden hoxe o acceso de vehículos e peóns ao interior da illa de Toralla. A decisión parte dos propietarios da trintena de chalés que existen na illa e que non superan os 170 veciños e da vista gorda das autoridades. Unha prohibición sen sustento legal”, aseveran.

SEN SENDA PEONIL

Censuran tamén que as as ampliacións realizadas por algúns dos seus habitantes dos seus terreos e propiedades, “ocupando parte do bordo litoral”, impiden o paso de persoas. “Nin sequera se puido levar a cabo a senda peonil de tres metros de ancho ao redor da illa que en 2008 aprobou o Ministerio de Medio Ambiente para proceder á recuperación do dominio público marítimo-terrestre. O proxecto segue gardado nalgún caixón”, indican.

Toralla segue sendo un espazo público usurpado hai décadas para beneficio dunhas poucas persoas privilexiadas que deben ter moi bos contactos políticos para seguir aí tantos anos sen cumprir as leis. Facemos un chamamento aos vigueses e viguesas para que se unan á reconquista de Toralla e ás administracións para que fagan cumprir a lei e devolvan a Vigo a illa”, defendeu a activista que izou a bandeira de Vigo dentro da illa.

ÚLTIMAS

Transportes defende o AVE Vigo-O Porto en 2030 pero avisa: “O Goberno portugués ten que acompañarnos nas datas”

O Goberno de España asegurou este luns que mantén o seu "compromiso" coa liña de...

Dimite o CEO de Stellantis, Carlos Tavares

Stellantis anunciou este domingo que o Consello de Administración da compañía, baixo a presidencia de John...

O escritor porriñés Diego Giráldez García, Premio de Novela Blanco Amor con ‘As obras póstumas’

O escritor do Porriño Diego Giráldez García é o gañador do XLIII Premio de...

OPINIÓN.- Un Museo da Emigración Galega na Estación Marítima de Vigo: Unha débeda pendente.

A cidade de Vigo, actual motor económico de Galicia, foi durante case dous séculos...