InicioPolíticaA Xunta destaca que as obras de Olimpia Valencia de Vigo suporá...

A Xunta destaca que as obras de Olimpia Valencia de Vigo suporá un “cambio de paradigma”

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia avanza nas obras do novo centro de saúde Olimpia Valencia de Vigo, que se situará no antigo edificio da Audiencia Provincial da rúa Lalín e que suporá un “cambio de paradigma” e unha sanidade máis “empática”.

Así o sinalaron os conselleiros de Sanidade e de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Antonio Gómez Caamaño e María Martínez Allegue, respectivamente, nunha visita levada a cabo este venres. Alí, ambos puxeron en valor o “cambio de paradigma” que implicarán estas novas instalacións, ao unir nun mesmo centro o servizo de urxencias, así como a atención primaria e especialidades.

Ademais, segundo Gómez Caamaño, tratará de proporcionar aos usuarios e aos traballadores espazos máis humanizados, con máis funcionalidade e prestacións, que se encaixan na estratexia da súa Consellería de proporcionar un dispositivo sanitario “empático”, eficiente co medioambiente e amable coas persoas.

Martínez Allegue centrouse en destacar a importancia da rehabilitación do edificio, para darlle unha nova vida a unha construción que quedou en desuso tras trasladar á Cidade da Xustiza os xulgados de Vigo (que agora ocupan á súa vez as instalacións do antigo Hospital Xeral).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...