Inicio Blog Páxina 2061

Amplo dispositivo policial para deter a un menor que vendía drogas en centros educativos de Vigo

0

Un menor de 17 anos residente en Vigo foi detido nesta cidade por, supostamente, vender drogas nas inmediacións de centros educativos. Durante a operación policial, interviñéronselle haxix, marihuana e outros efectos.

Segundo confirmaron fontes policiais, a investigación correspondente iniciouse en decembro no marco do Plan Director que leva a cabo a Comisaría de Vigo-Redondela para desarticular puntos negros de venda de drogas situados nas inmediacións de centros educativos.

Tras ter coñecemento dunha posible zona de comercialización de sustancias estupefacientes en Teis-A Guía, comprobouse que a trasfega de mozas e menores era constante, o que afectaba á seguridade de docentes e alumnos.

Ademais, os axentes comprobaron que os compradores esperaban no interior ou o exterior de centros educativos por un mozo co que realizaba un intercambio tras o que abandonaban o lugar.

Este mozo tomaba distintas medidas de seguridade e actuaba con cautela cando contactaba cos seus potenciais clientes. Por este motivo, elaborouse un dispositivo con policías que se dispuxeron en rúas contiguas.

ACTUACIÓN POLICIAL

Así, este luns a última hora da mañá, os axentes observaron a este mozo cando se dirixía a realizar unha venda. Nese momento, foi abordado polos policías, que, tras identificalo, realizáronlle un cacheo preventivo. Deste xeito, interviñéronlle haxix, marihuana e distintos efectos.

Posteriormente, foi detido e trasladado a Comisaría, desde onde se informou do ocorrido ao seu responsable. Finalmente, fíxoselle entrega do menor e todo o actuado pasou a disposición da Fiscalía de Menores de Pontevedra.

O hospital Nuestra Señora de Fátima inviste case 800.000 euros en novo equipamento médico

0

O Grupo Vithas aprobou un investimento de case 800.000 euros en novo equipamento médico para o hospital Nuestra Señora de Fátima de Vigo, que se suman ao “investimento ordinario” en diversas obras de mantemento e mellora das instalacións do centro, segundo destacou a compañía nun comunicado.

Entre o equipamento médico adquirido, atópase no ámbito da uroloxía un ecógrafo de última xeración “coas mellores prestacións do mercado”, así como un láser para a realización de enucleacións de próstata e litiases, e novo material cirúrxico para a cirurxía robótica Da Vinci e o resto de técnicas. Tamén as unidades de Mama e cirurxía xeral, entre outras, incorporarán novas adquisicións.

“Este investimento extraordinario forma parte da clara aposta de Vithas pola excelencia en todos os ámbitos da atención sanitaria e inclúe, tamén, un reforzo nos servizos máis punteiros do hospital e unha progresiva transformación do modelo de servizos médicos cara a especialidades troncais que permitirán consolidar a Vithas e ao seu hospital de Vigo como referente da sanidade privada en Galicia”, subliñou a firma.

Ademais, de forma paralela, o hospital Vithas de Vigo tamén está a incorporar a profesionais “referentes” nas súas respectivas especialidades, “o que permite ampliar a súa carteira de servizos para realizar unha atención de primeiro nivel”.

Tui lembra aos Mártires de Sobredo que morreron defendendo a fin dos foros

0

Van xa case cen anos do asasinato de tres veciños de Salceda de Caselas e Tui en Sobredo (Guillarei-Tui). Foi un 28 de novembro de 1922, hai 98 anos. Un feito que quedou gravado na memoria colectiva e que cada ano se lembra cunha ofrenda no coñecido como monumento dos Mártires de Sobredo.

Cándida Rodríguez, veciña de Pazos de Reis parroquia de Tui; e os veciños de Salceda de Caselas, Joaquín Besada, de Soutelo e Venancio González Romero, de Budiño, morreron cando a Guardia Civil disolveu a tiros centos de persoas que se concentraron no lugar para protestaren polo embargo das súas propiedades a un veciño que se negaba a pagar os foros.

Eran momentos convulsos e dunha grande conciencia política que se exercía desde as múltiples asociacións agrarias; así, Sobredo  é desde hai case cen anos símbolo da unidade por defender o dereito a non pagar por traballar a terra, símbolo da importancia da solidariedade e do pobo para mudar o mundo.

Este ano a Covid-19 non permitiu celebrar o acto multitudinario de conmemoración que anualmente se convoca; por tal motivo reduciuse a unha ofrenda floral no monumento, realizada ao son antiga Marcha do Reino de Galicia. Participaron, enviando ramos e coroas, os Concellos de Tui e Salceda de Caselas; en representación das entidades veciñais e educativas:  o Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, a Asociación de Veciños, Agrícola e Cultural de Parderrubias e o IES San Paio de Tui; e, de organizacións políticas, Movemento Salceda, BNG e Galiza Nova.

Participaron na ofrenda o alcalde e representación da corporación Municipal de Tui; o goberno municipal de Salceda; descendentes (bisnetas) de Cándida Rodríguez e unha comisión da Dirección do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo (IEAMSo), entidade organizadora desta conmemoración.

Vigo convértese no epicentro da segunda ola en Galicia tras duplicar casos en só 10 días

Galicia entra en territorio descoñecido logo de rexistrar por terceiro día consecutivo un novo récord de contaxios diarios. Se o pasado sábado o Sergas informou dun total de 755 novos contaxios, este domingo a cifra total de positivos alcanzou os 785 en 24 horas.

Nin o toque de queda impulsado polo Goberno Central nin as medidas previas son capaces, polo momento, de deter unha segunda ola que medra con cada vez máis forza. Así é que Galicia, de acordo cos datos ofrecidos por sanidade para a mañá deste sábado, sitúase xa en cifras descoñecidas ata o momento: 8.762 casos. A cifra é moi superior ós apenas 3.500 rexistrados o 30 de abril, tralo cambio de conteo das institucións.

Nestas circunstancias, e seguindo as advertencias dos expertos, o virus semella estar a coller forza coincidindo coa chegada do frío e o regreso das actividades laborais e sociais a entornos pechados. A piques de rematar o mes de outubro, e cos datos do Sergas na man, pódese dicir que en 31 días Galicia multiplicou por dous os seus casos, pasando dos 4.251 do 30 de setembro ós case 9.000 antes mencionados.

Con todo, o incremento é moito máis acusado na área de Vigo, que, segundo apuntan os datos, vai camiño de consolidarse como epicentro desta segunda vaga de covid-19. Nos últimos 10 días, a área olívica pasou de 900 casos activos a 1924, un incremento do 113’7% que a sitúa como o punto máis afectado de toda Galicia, moi por diante de A Coruña ou Ourense. Os datos de Vigo chegan a quintuplicarse entre o 7 de outubro (390 casos) e o sábado 31, cando rexistra 4’93 veces máis positivos que entón.

A área de Vigo rexistra o maior número de recuperacións pola Covid, mentres aumentan en case toda Galicia

0

Galicia rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 con respecto á xornada do domingo e os casos activos sitúanse en 4.101 este luns. A área sanitaria de Ourense rexistrou o maior incremento de casos activos, con 91 máis.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, os casos activos de Covid-19 aumentaron nas áreas de Ourense (91 máis con respecto ao domingo), que conta con 1.037; A Coruña, que ten 820 (un máis); Lugo, que conta con 495 (dous máis) e Ferrol, que se sitúa con 117 (un máis).

Por contra, os casos activos descenderon nas áreas sanitarias de Vigo, que conta con 419 (26 menos); Pontevedra, que se sitúa con 685 (catro menos) e Santiago, que rexistra 528 (dous menos).

Ata a data en Galicia hai 20.170 persoas curadas, o que supón 189 máis que o domingo, e 757 falecidos con Covid, tras as últimas vítimas comunicados na tarde do domingo, que corresponderon a dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedentes da residencia As Salinas.

Fala un anciá de DomusVI Barreiro: “Aquí os dereitos chegan ata onde chegan”

Ten 76 anos, a saúde xa non é a que era, pero, afortunadamente, non está contaxiada co COVID-19. Poñamos que se chama Maruxa para manter o seu anonimato e evitar posibles represalias. Está na DomusVI Barreiro, en Vigo, un dos focos de contaxio máis importantes deste tipo de centros en Galicia. Dos 150 usuarios, máis da metade están contaxiados.

Maruxa leva días sen saber moi ben o que pasa. Sabe que hai un gran problema na residencia e leva semanas illada e que algúns dos seus compañeiros están contaxiados. Non sabe se, entre eles están os sete falecidos xa confirmados. Ninguén lle comenta case nada. Ata hoxe, que ás tres da trade dixéronlle que collera todas as cousas rápido que a ían cambiar de residencia ás catro. Que ía ir a un centro a Patos, en Panxón.

“Teño un montón de cousas e non sei como levalas. Eu necesito xente que me axude e non me avisaron antes. Díxome -a directora– que as nenas están todas ocupadas”, laiase. “Estoume agachando e tirando con todo porque estou nerviosa e non sei que vai ser da miña vida”, comenta asustada. “Vanme quedar moitas cousas aquí porque no bolso non me cabe máis e é todo correr, correr e correr e así non se poden facer as cousas”, engade.

“PUÑETEIRA RESIDENCIA”

Maruxa, como o resto dos internos sans dese centro van ser trasladados a Panxón, xa que a DomusVI Barreiro foi intervida xa pola Xunta para convertela nun centro de referencia onde trasladar a outros maiores contaxiados.

“Esta puñeteira residencia é o peor que hai no mundo. Son unhas caraduras. Dixéronnos que tiñamos que marchar porque se quedabamos, acabariamos contaxiados todos. Díxomo á cara. Aquí os dereitos chegan ata onde chegan… Ven a outra –a directora– e bárreos”, queixase.

Con todo, Maruxa non está soa. A pesar de que certas persoas da dirección sexan dura con ela, hai persoal que segue mimando aos maiores “Menos mal que hai uns mozos que traen a merenda que son moi bos. Vou falar con eles a ver se me axudan un pouco coas cousas”, di.

Desde a Xunta din que é a mellor opción. “Haberá opinións para todos os gustos. Trasladar aos sans é unha decisión dá autoridade sanitaria en función dous criterios médico, porque os médicos entenden que é a mellor fórmula para evitar contaxios”, din en declaracións a Xornal de Vigo.

Como elas, outros internos sans de Vigo e Cangas serán trasladados a Panxón. O obxectivo é mantelos illados e evitar que se contaxien. Hoxe por hoxe, as residencias galegas están sendo o principal foco de contaxio e morte en Galicia.

Os dous principais líderes galegos votaron en Vigo apelando á “participación”

0

O presidenta da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, exerceron este domingo 10 de novembro o seu dereito ao voto en Vigo. Unha xornada de repetición electoral na que os dous apelaron á “participación”.

Alberto Núñez Feijóo, confía en que “desta vez” haxa desbloqueo político e que das eleccións deste domingo salga “un goberno que goberne”, o que é “máis necesario que nunca” ante a “previsible situación económica complexa” que se aveciña.

Tras exercer o seu dereito ao voto no colexio electoral instalado no colexio Niño Jesús de Praga, en Vigo, Feijóo desexou que destas eleccións xurda “un goberno que goberne para todos” e que “faga fronte aos datos negativos, pesimistas, sobre a situación económica que vivimos e que viviremos nos próximos anos”.

“Espero que acertemos todos e elixamos a un goberno” que reúna estas dúas características, insistiu Feijóo. Se iso sucede, apuntou, “esta xornada electoral será útil para España, para os traballadores e para as familias”. Pola contra, “se volvemos caer no bloqueo político, estaremos ante unha situación perigosa que ninguén desexa”, advertiu.

GONZALO CABALLERO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou este domingo electoral do 10 de novembro a unha “alta mobilización” porque “cada voto pode ser decisivo”. Así o manifestou Caballero tras depositar o seu voto nun colexio electoral en Vigo, onde lembrou que “o voto é un dereito e cando hai eleccións hai que ir votar”.

“Solicitamos unha alta participación do electorado, cremos que é o momento de acudir ás urnas para votar en liberdade, que cada cidadán pense no país que quere e no que non quere e vote pensando no futuro do noso país e dos intereses da cidadanía”, solicitou o líder dos socialistas galegos.

Ademais, incidiu en que “o exercicio do voto é un dereito e tamén unha responsabilidade para ter unha democracia plena, próspera e consolidada”. Por iso insistiu en pedir unha “alta mobilización porque cada voto pode ser decisivo á hora de asignar deputados, senadores, á hora de decidir o goberno”. “E non podemos correr o risco de que a opción que os cidadáns queren poida quedar desvirtuada se hai unha participación máis baixa do que nos gustaría”, indicou.

Corina Porro compara a Caballero cun dictador: “Asociacións, empresarios teñen medo… Están sometidos”

“A xente en Vigo ten medo, porque senón quítanlles as subvencións”. A líder do PP vigués e delegada da Xunta en Vigo lanzou este martes unha mensaxe moi dura contra o rexedor, Abel Caballero, ao que acusou de prácticas cuasi fascistas e denunciou que ten “sometidos” a veciños e empresarios.

Nun almorzo informativo, Corina asegurou que houbo xente de asociacións veciñais e empresarios que lles dixeron que “teñen medo”. “Falas cun colectivo do mundo do deporte e dinche que non haxa cámaras porque se xogan o poder entrenar ou non”, suliñou.

“Tes que escoitar como o presidente dunha asociación veciñal, que é funcionario, pois que che diga se xoga a subvención e a súa situación. Iso é tremendo e custa dicilo…Iso é o que me encontrei cando cheguei. Non só asociacións, senón empresarios sometidos“, denuncia a dirixente popular.

Podes escoitala neste vídeo:

O alcalde de Cangas vincula a alerta por COVID aos 15 positivos do club de balonmán

0

O alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos, vincula a entrada do municipio en alerta vermella pola incidencia do coronavirus aos 15 positivos detectados no ámbito do Club Balonmán Cangas na última semana, un brote que asegura está “controlado”.

Pazos móstrase “confiado” en que este foco se atopa baixo control porque está “localizado” e porque tanto os xogadores dos Frigoríficos do Morrazo como os seus familiares directos e os técnicos do equipo “están confinados” tras someterse ás preceptivas probas.

Tal e como explica o alcalde, estes 15 positivos provocan que a cifra total de casos activos de COVID-19 en Cangas subise a 29. Estes datos nun municipio “relativamente pequeno”, explica o rexedor, fai que desde este domingo forme parte da lista de 12 concellos que a Consellería de Sanidade sitúa en alerta vermella.

A pesar diso, Xosé Manuel Pazos destaca que “por sorte non hai casos hospitalizados nin graves”, senón que “na súa maioría son asintomáticos ou con síntomas menores”. “Dentro da gravidade, podemos ter certo optimismo“, engade, posto que sería “moitísimo peor” se os brotes rexistráronse en centros de lecer ou en festas.

Así mesmo, o alcalde de Cangas avanza que este luns o Consistorio reunirá a súa comisión de seguimento da pandemia –na que participa a Corporación, as autoridades sanitarias locais e as forzas de seguridade– para acordar “intensificar” a vixilancia das medidas de hixiene en “actividades máis proclives” ao descontrol, como pode ser o mercadillo ou as terrazas, segundo ha ejemplificado.

Tamén avanza que o propio Concello poderá tomar medidas en canto ás actividades culturais do ámbito local previstas para os próximos días, aínda que son “lugares con aforamento reducido” e –garante– “medidas hixiénicas levadas ao pé da letra”.

COMUNICADO DO BALONMÁN

Pola súa banda, a xunta directiva do club Balonmán Cangas emitiu o xoves un comunicado no que confirmaba os 15 positivos por PCR dentro dos Frigoríficos do Morrazo, o equipo en Liga Asobal.

Tras a detección dos casos, os xogadores e corpos técnicos deste conxunto e do filial, os Luceiros, realizan o illamento e corentena indicados polas autoridades competentes, segundo garante o club.

No mesmo comunicado, o Balonmán Cangas rexeita a “suposta irresponsabilidade” que se lle achaca por aliñar a xogadores con síntomas no partido disputado fronte ao Granollers o pasado sábado, 10 de outubro.

E é que o primeiro caso detectado, segundo explica o conxunto cangués, presentou síntomas o xoves 8 pola mañá e “levou a cabo o seu illamento”, polo que non xogou contra o equipo catalán. Foi o luns 12 cando o xogador recibiu a confirmación do seu positivo por coronavirus e as autoridades decretaron a corentena para os seus compañeiros.

“O Balonmán Cangas non aliñou a ningún xogador con sintomatología compatible coa COVID-19, nin a ningún con sospeitas de ser posible positivo. Rogariamos ás voces interesadas en crear incerteza respecto diso que non xoguen con algo tan importante como a saúde nin coa responsabilidade dun club exemplar e histórico como é o Club Balonmán Cangas”, asevera.

Ademais, recalca que cumpriu “escrupulosamente” coas probas serolóxicas semanais solicitadas por parte da Xunta e pola liga Asobal e cos protocolos da Real Federación Española de Balonmán.

Concentración de xubilados para denunciar a “situación denigrante” da atención ás persoas

Xubilados e pensionistas da Confederación Intersindical Galega (CIG) participarán este martes nunha concentración en Vigo para denunciar a “situación denigrante” dos servizos públicos de atención ás persoas e a sanidade na comunidade.

Así o avanzaron este venres integrantes do Colectivo de Xubilados e Pensionistas da CIG no marco dun acto celebrado na cidade olívica, onde repartiron panfletos informativos coas súas demandas, segundo recolleu o sindicato nun comunicado.

Neste sentido, denunciaron o “desmantelamento” e a “privatización” dos servizos públicos de atención ás persoas e a sanidade levados a cabo pola Xunta para realizar “un novo negocio á conta das persoas máis vulnerables”.

Nesta liña, os sindicalistas aseguraron que servizos como as residencias de maiores, os centros de día, os centros de atención á diversidade, os servizos de axuda no fogar e a Atención Primaria foron “obxecto de recortes e privatizacións en mans de grandes empresas multinacionais e fondos voitre”.

Así, lamentaron que esta situación levase “centos de maiores mortos ou contaxiados pola COVID-19, listas de espera intermibles na sanidade, escaseza de persoal sanitario” e que este último dispoña de “condicións de traballo precarias”. En cambio, reprobaron que os beneficios das empresas de saúde e atención á dependencia “vaian en aumento”.

Os integrantes do Colectivo de Xubilados e Pensionistas tamén lembraron que o sindicato expuxo a creación dun sistema público galego de atención ás persoas que primase servizos para persoas maiores en residencias, centros de día e os seus domicilios e que contase con medios e traballadores públicos.

Tamén se incidiu na necesidade de que a xestión fose realizada de modo directo pola Xunta e de que o custo dos servizos para os usuarios fose “acorde coas pensións percibidas polas persoas maiores”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed