InicioPolíticaOs dous principais líderes galegos votaron en Vigo apelando á "participación"

Os dous principais líderes galegos votaron en Vigo apelando á “participación”

Gonzalo Caballero (PSdeG) chama a unha "alta mobilización" porque "cada voto pode ser decisivo". Feijóo espera que "esta vez" haxa desbloqueo "cun goberno que goberne"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidenta da Xunta e líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, e o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, exerceron este domingo 10 de novembro o seu dereito ao voto en Vigo. Unha xornada de repetición electoral na que os dous apelaron á “participación”.

Alberto Núñez Feijóo, confía en que “desta vez” haxa desbloqueo político e que das eleccións deste domingo salga “un goberno que goberne”, o que é “máis necesario que nunca” ante a “previsible situación económica complexa” que se aveciña.

Tras exercer o seu dereito ao voto no colexio electoral instalado no colexio Niño Jesús de Praga, en Vigo, Feijóo desexou que destas eleccións xurda “un goberno que goberne para todos” e que “faga fronte aos datos negativos, pesimistas, sobre a situación económica que vivimos e que viviremos nos próximos anos”.

“Espero que acertemos todos e elixamos a un goberno” que reúna estas dúas características, insistiu Feijóo. Se iso sucede, apuntou, “esta xornada electoral será útil para España, para os traballadores e para as familias”. Pola contra, “se volvemos caer no bloqueo político, estaremos ante unha situación perigosa que ninguén desexa”, advertiu.

GONZALO CABALLERO

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, apelou este domingo electoral do 10 de novembro a unha “alta mobilización” porque “cada voto pode ser decisivo”. Así o manifestou Caballero tras depositar o seu voto nun colexio electoral en Vigo, onde lembrou que “o voto é un dereito e cando hai eleccións hai que ir votar”.

Solicitamos unha alta participación do electorado, cremos que é o momento de acudir ás urnas para votar en liberdade, que cada cidadán pense no país que quere e no que non quere e vote pensando no futuro do noso país e dos intereses da cidadanía”, solicitou o líder dos socialistas galegos.

Ademais, incidiu en que “o exercicio do voto é un dereito e tamén unha responsabilidade para ter unha democracia plena, próspera e consolidada”. Por iso insistiu en pedir unha “alta mobilización porque cada voto pode ser decisivo á hora de asignar deputados, senadores, á hora de decidir o goberno”. “E non podemos correr o risco de que a opción que os cidadáns queren poida quedar desvirtuada se hai unha participación máis baixa do que nos gustaría”, indicou.

ÚLTIMAS

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...

O BNG esixe suspender a nova licitación do bus en Vigo para evitar unha “hipoteca” de nove anos

O Pleno do Concello de Vigo debaterá o vindeiro luns unha moción do BNG...

A Garda Civil investiga a unha veciña de Baiona por explotar e ameazar a mulleres estranxeiras “sen papeis”

A Garda Civil investiga a unha muller residente en Baiona (Pontevedra) como presunta autora...