InicioEconomíaVigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

As contas medran un 4 %, con 40 millóns para investimentos. Caballero reivindica a "débeda cero" e calcula un aforro de 14,5 millóns para a veciñanza entre a conxelación fiscal e as exencións.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes “o orzamento máis elevado da historia da cidade”, con algo máis de 365 millóns de euros, o que supón un incremento de 14,1 millóns respecto do ano pasado, un 4 % máis. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, nun audio enviado aos medios de comunicación.

O rexedor reivindicou que a cidade seguirá con “débeda cero” e, segundo afirmou, coa presión fiscal “máis baixa de Galicia” e entre as máis baixas de España nas cidades cunha poboación semellante. Caballero asegurou que as contas municipais para o próximo ano suporán, segundo os seus cálculos, un aforro duns 14,5 millóns de euros para os vigueses e as viguesas. Desta contía, 4,5 millóns corresponderían á conxelación de taxas e impostos e arredor de 10 millóns á ampliación das exencións.

CORENTA MILLÓNS PARA INVESTIMENTOS

Entre as grandes partidas, o Concello destinará uns 40 millóns de euros a investimentos. Mobilidade e Seguridade Cidadá, que engloba Policía, Bombeiros, Seguridade e Tráfico, contará con máis de 50,5 millóns, un 7 % máis, mentres que Vivenda, Urbanismo e Fomento disporá de 41,2 millóns, cun incremento do 11,7 %. Pola súa banda, Benestar Comunitario, que inclúe a recollida de residuos e a iluminación pública, superará os 65,1 millóns, un 2 % máis. Servizos Sociais e Promoción Social contará con case 30 millóns, cunha suba do 6 %.

CULTURA MEDRA UN 17,6 % E COMERCIO E TURISMO, UN 31,3 %

Tamén aumentan as partidas de Medio Ambiente, que chegará aos 20,9 millóns de euros, un 8,45 % máis, e Educación, que contará con 19,5 millóns, cun incremento do 6 %. Cultura disporá de 23,3 millóns de euros, un 17,6 % máis, mentres que Comercio e Turismo alcanzará os 9,2 millóns, cunha suba do 31,3 %.

ÚLTIMAS

A rebaixa fiscal da Xunta. Dos 96 millóns anunciados aos 5 euros efectivos por fogar. Canto aforrará realmente unha familia galega?

A baixada do IRPF anunciada esta semana pola Xunta en plena precampaña electoral terá...

Stellantis parará dous días a produción do Peugeot 2008 en Vigo por falta de pezas

A fábrica de Vigo do grupo automobilístico Stellantis volverá deter a produción a finais...

O PP de Vigo reivindica a aposta da Xunta pola recuperación da ETEA, con 11,7 millóns nas contas de 2027

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, reivindicou este martes a aposta da...

Vigo traslada o Cíes Market e a noria a Vialia tras as protestas polo ruído na Alameda

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou o traslado do mercadiño de Nadal "Cíes...