InicioPolíticaCorina Porro compara a Caballero cun dictador: "Asociacións, empresarios teñen medo... Están...

Corina Porro compara a Caballero cun dictador: “Asociacións, empresarios teñen medo… Están sometidos”

PUBLICADO O

- Advertisement -

“A xente en Vigo ten medo, porque senón quítanlles as subvencións”. A líder do PP vigués e delegada da Xunta en Vigo lanzou este martes unha mensaxe moi dura contra o rexedor, Abel Caballero, ao que acusou de prácticas cuasi fascistas e denunciou que ten “sometidos” a veciños e empresarios.

Nun almorzo informativo, Corina asegurou que houbo xente de asociacións veciñais e empresarios que lles dixeron que “teñen medo”. “Falas cun colectivo do mundo do deporte e dinche que non haxa cámaras porque se xogan o poder entrenar ou non”, suliñou.

“Tes que escoitar como o presidente dunha asociación veciñal, que é funcionario, pois que che diga se xoga a subvención e a súa situación. Iso é tremendo e custa dicilo…Iso é o que me encontrei cando cheguei. Non só asociacións, senón empresarios sometidos“, denuncia a dirixente popular.

Podes escoitala neste vídeo:

ÚLTIMAS

O alcalde de Vigo: “Sánchez fará o que mellor lle conveña a España”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, manifestou que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez,...

Tensión tras as ameazas dun home armado cun machete en Vigo

Un home armado cun machete xerou momentos de tensión en Vigo tras un incidente...

A Policía Local localiza en Salceda un veciño do Porriño desaparecido desde o xoves

A Policía Local de Salceda de Caselas localizou na tarde deste venres a Vicente...

Conxemar reúne en Vigo expertos internacionais para abordar os retos da pesca antes da apertura da feira

Vigo converterase desde este luns nun dos puntos de encontro internacionais do sector pesqueiro...