Inicio Blog Páxina 2029

Elévanse a oito as persoas ingresadas polo accidente no Marisquiño e a 428 os feridos

O número de persoas hospitalizadas tralo accidente no Marisquiño elévase a oito, tras un novo ingreso rexistrado no Chuvi durante a pasada madrugada. Catro dos feridos están no Hospital Álvaro Cunqueiro (un deles na UCI), tres no Hospital Povisa, e un no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago.

Tamén aumentou o número de persoas que tiveron que ser atentidas, até un total de 428 persoas, que resultaron feridas de distinta consideración no accidente e que foron atendidas nos distintos dispositivos asistenciais, informa a Consellería de Sanidade.

Por centros, 189 pacientes atendéronse no Hospital Álvaro Cunqueiro, 57 no PAC de Vigo, 4 no PAC de Redondela, 106 en Povisa, 26 en Fátima, 11 no Hospital Montecelo, 7 en El Castro, 1 en Concheiro, 3 en Domínguez e 24 no punto de atención do 061.

Así quedou a estrutura no accidente do Marisquiño / Miguel Núñez

A Consellería de Sanidade agradece o traballo dos profesionais do 061 e dos PACs e hospitais, e sinala que no Hospital Álvaro Cunqueiro reforzou o persoal para atender a todos os accidentados.

Para coñecer se os cidadáns foron atendidos nos centros sanitarios como consecuencia do accidente, prégase chamar ao 061.

Feijóo preocupado “portugueses que van a supermercados en Galicia” pero non dos galegos que acuden aos feiróns

presidente da Xunta alertou sobre a presenza masiva de cidadáns portugueses en zonas fronteirizas de Galicia para realizar as súas compras, a pesar do peche perimetral do país. Por iso se queixou da imposibilidade de controlar todos os pasos de fronteira.

Tomasmos decisións e logo non temos como levalas a cabo”, dixo sobre a decisión de pechar as fronteiras pero non ter policía para vixilala. “É como se nos transfiren Tráfico pero non temos rádares, nin axentes para controlalo“, apuntou. En todo caso, defendeu o operativo de 11.000 axentes das forzas de seguridade para evitar que se incumplan os confinamentos pero dixo que, ás veces, non son suficientes.

“Por exemplo, hai moitos portugueses que van a supermercados da fronteira de Galicia a mercar”, dixo preguntado sobre o alto índice de contaxio do país luso. “Os concellos de Verín, de Tui, do Rosal, de Tomiño, da Guarda, mesmo Oia xa manifestaron o seu temor”, engadiu ao tempo que tamén recoñeceu que “non é fácil” controlar toda a fronteira con Portugal.

Soben os casos de Covid na área de Vigo ata os 64

O número de casos activos de COVID en Vigo levan días aumentando. Tras o foco familiar detectado durante a fin de semana os casos nesta área sanitaria son 64, cun novo contaxio contabilizado este luns.

De feito, Galicia aumenta en 38 e sitúase en 359 –tras subir en todas as áreas sanitarias salvo na de Santiago onde hai un menos que este domingo–, dos que 143 corresponden á área da Coruña.

Así se reflicte nos datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, que sinala que do total de pacientes positivos 15 permanecen en unidades de hospitalización convencional –tres máis que este domingo– e un na UCI, mentres que 343 atópanse en seguimento domiciliario –35 máis respecto da xornada pasada–.

Dos 359 casos positivos, 143 corresponden á área da Coruña e Cee –25 máis que este domingo–; 71 á de Lugo –un máis–; 64 á de Vigo –un máis–, 28 á de Pontevedra e O Salnés –tres máis–; 26 á de Ourense –oito máis–; 24 á de Santiago –un menos– e tres á de Ferrol –un máis–.

O número de PCR realizadas ata a data na Comunidade galega ascende a 254.374 fronte ás 253.196 contabilizadas ata este domingo, apuntou Sanidade.

RESIDENCIAS

Do total de casos rexistrados en Galicia hai dous vinculados con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponden a dous traballadores, mentres as residencias seguen sen usuarios infectados.

En concreto, segundo os datos actualizados este luns, os positivos detectados en residencias corresponden a un traballador da Residencia de Maiores de Paradela e dunha empregada da Residencia de Maiores San Bartolomeu de Xove, ambas en Lugo.

O Concello de Vigo inicia xa a instalación “das mellores luces de Nadal do mundo”

O Concello de Vigo iniciará este mércores a instalación da iluminación do Nadal, catro meses antes desa tempada festiva e un mes antes que o Nadal do ano pasado, segundo avanzou en rolda de prensa o rexedor olívico, Abel Caballero.

O alcalde explicou que o adianto nos traballos de instalación débese ás actuais circunstancias marcadas pola pandemia de COVID-19, que obrigan a que as tarefas se fagan de forma máis lenta (para garantir a seguridade e o cumprimento das medidas preventivas).

Así, o inicio da instalación da iluminación terá lugar este mércores e, ao mediodía, o rexedor convocou aos medios para dar máis detalles acerca da colocación de “as mellores luces de Nadal do mundo”, os lugares onde se situarán, e os posibles efectos da pandemia na campaña do Nadal viguesa, na que a iluminación e a decoración da cidade exercen como gran polo de atracción do turismo.

Por outra banda, Abel Caballero referiuse tamén na rolda de prensa deste mércores aos datos de ocupación de establecementos hoteleiros en Vigo durante este verán, e asegurou que esa ocupación alcanzou o 70 % na semana do 10 ao 16 de agosto (dous puntos máis que na semana anterior), mesmo a pesar de que o tempo non acompañou durante o fin de semana.

O alcalde celebrou que a ocupación turística na cidade está a ser “significativa”, aínda a pesar da pandemia, e de que se suspenderon ou aprazado eventos festivos, entre eles o festival O Marisquiño.

O PP reclama a reparación do paseo de Bouzas e o alcalde avanza unha “gran actuación”

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular de Vigo, Alfonso Marnotes, reclamou a reparación inmediata do paseo Valentín Paz Andrade do barrio de Bouzas, mentres o alcalde, Abel Caballero, avanzou que se realizará unha “gran actuación” no mesmo.

Segundo trasladou nun comunicado o PP, tras reunirse con veciños de Bouzas xunto ao edil ‘popular’ Jesús Marco, Marnotes lamentou que o paseo permanecese “dous anos valado” e que non se acometese unha mellora pese ao “estado penoso” no que está. Por iso, denunciou que ao rexedor olívico “a vila de Bouzas non lle interesa”.

Nesta liña, o portavoz ‘popular’ reprobou que a actuación non fose executada a pesar de que foi anunciada en varias ocasións polo goberno local. “Non se fixo absolutamente nada e, o que é peor, a Abel Caballero nin lle importa nin vai arranxalo”, afirmou á vez que concluíu que “non todas as zonas de Vigo son tratadas de igual maneira”.

Así mesmo, Alfonso Marnotes asegurou que o goberno local “non ten entre os seus plans investir na vila, nin reformando as rúas, tan deterioradas, nin construíndo o parking que tantas veces prometeu”.

Ademais, lembrou que o Grupo Municipal do Partido Popular solicitou en reiteradas ocasións, mesmo mediante mocións defendidas en plenos, que “se atendesen as demandas dos veciños de Bouzas“. Con todo, lamentou que os edís ‘populares’ non obtivesen “unha resposta” respecto diso.

Pola súa banda, nunha rolda de prensa celebrada en Vigo, o alcalde comprometeu que o novo paseo que se executará representará “unha gran actuación” e apuntou que o proxecto de autorización foi enviado, así como que non recibiu “ningunha alegación” no período de consultas. Tamén indicou que todos os informes sectoriais foron “favorables”.

Que cambia para a ‘colexiata’ agora que o Papa a declarou basílica?

A concatedral de Santa María de Vigo, coñecida popularmente como ‘a colexiata’, recibiu a concidión de basílica menor por prerrogativa do Papa Francisco, segundo confirmou este luns o bispo da diocese de Tui-Vigo, Luís Quinteiro Fiúza. O templo vigués, concatedral desde 1959, terá a partir de agora unha serie de privilexios e tamén novas obrigacións: como basílica poderá facer uso de símbolos da dignidade pontificia, como o selo coas chaves entrecruzadas, o ‘conopeo’ que identifica os templos con especial vinculación á Santa Sé, ou o ‘tintinábulo’, unha campaniña que se usará en ocasións solemnes, como a procesión de Corpus Christi.

Ademais, asume o compromiso de “promover a formación bíblica, divulgar e estudar documentos do maxisterio do Sumo Pontífice”, así como a obrigación de celebrar “solemnemente” certas festas: a cátedra de San Pedro (22 de febreiro), as festividades de San Pedro e San Pablo (29 de xuño), o aniversario da exaltación do Papa Francisco (19 de marzo), o da concesión do título de basílica e outra data que o bispado elixa.

Nesas celebracións solemnes, a basílica viguesa poderá outorgar, en nome do Papa, a indulxencia plenaria a quen visite o tempo e cumpra os requisitos de confesión, comuñón e oración polo Santo Pai, explicaron o bispo e o vigairo xeral da diocese, Juan Luís Martínez Lorenzo.

INICIATIVA

Segundo relatou o párroco (agora primeiro reitor) de Santa María, Moisés Alonso, a iniciativa de solicitar esta distinción para o templo vigués partiu por mor dun comentario do cardeal Carlos Amigo nunha visita á concatedral. “Díxome que a concatedral tiña as condicións para ser basílica e quedeime con aquilo, ata que tiven a ousadía de presentar a solicitude ao bispo”, explicou.

Desde ese momento, iniciáronse as xestións para lograr esta ‘graza’ por parte do Papa. Así, a distinción outorgouse o pasado 14 de xullo, poucos meses despois de que a Conferencia Episcopal (tras recibir o expediente do Bispado de Tui-Vigo) remitise a solicitude a Roma. Na actualidade, existen máis de 1.500 basílicas menores (as maiores son só 4 e están en Roma: San Juan de Letrán, San Pedro, San Pablo Extamuros e Santa María a Maior), das que 123 están en España e son basílicas por designación papal. Delas, unha vintena teñen a dobre de condición de basílica e concatedral.

Para que un templo consiga esa distinción por parte do Sumo Pontífice debe cumprir unha serie de requisitos: ter un perfil arquitectónico destacado, ser un foco espiritual da comunidade, e posuír un “tesouro espiritual” (nese caso, o Cristo da Vitoria) ao que se dea culto de forma continuada.

O propio bispo da diocese, Luís Quinteiro, anunciará formalmente aos fieis lle a concesión do título de basílica nunha eucaristía que se celebrará o próximo 15 de agosto na concatedral. Así mesmo, está prevista a celebración dunha misa de “acción de grazas”, presidida polo Nuncio do Papa en España, Bernardito Cleopas Auza.

López Veiga insiste sobre os terreos de Vulcano: “Hai máis demanda en loxística que en naval”

0

O presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, subliñou este venres que será o Consello de Administración deste organismo o que decida o futuro uso dos terreos do estaleiro Vulcano, aínda que advertiu de que o Plan Especial do Porto prevé para a zona actividade naval ou outros usos portuarios, á vez que apuntou: “A demanda en naval é máis limitada que en loxística”.

Así o trasladou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello de Administración, na que explicou que o Avogado do Estado trasladou aos membros do órgano a situación dos terreos, a pesar de que non estaba na orde do día. Segundo lembrou, o futuro deses espazos está pendente da resolución dun recurso interposto polo Porto no proceso de liquidación do estaleiro. Así, a Autoridade Portuaria considera que a concesión deses terreos portuarios non se pode poxar, porque quedou extinguida ao disolverse Vulcano.

Cando se resolva esta cuestión xurídica (pendente dun informe do Consello de Estado), López Veiga afirmou que decidir “o que se faga neses terreos é competencia exclusiva do Consello de Administración“, que “tomará a decisión que considere máis oportuna”.

COMPETENCIA DO CONSELLO

A ese respecto, afirmou que, como presidente, non pode prexulgar os usos debe ter ese espazo, e engadiu que “se hai un proxecto de construción naval importante veríase”. No entanto, advertiu: “A demanda en naval é máis limitada que en loxística, e o apuro que temos en loxística é maior que en naval“.

López Veiga puntualizou que a principal misión do porto de Vigo é “asegurar o intercambio de mercadorías” e suliñou que o sector loxístico “tamén xera moitísimo emprego”. Sen unha boa loxística, recalcou, estar a minguar a eficacia, por exemplo, dunha planta como PSA Peugeot Citroën.

RETIRADA DO RECURSO

Pola súa banda, tanto o representante sindical no Consello de Administración, Anxo Igrexas (CIG), como o portavoz de Industria de CC.OO., Celso Carneiro, insistiron na necesidade de que se retire o recurso contra a liquidación de Vulcano “canto antes” para facer viable un investimento nas instalacións e retomar a actividade de construción e reparación naval.

A ese respecto, Carneiro volveu a criticar que a presentación do recurso foi unha decisión unilateral do presidente do Porto, ao que estudan denunciar ante os tribunais por “interferir” nunha posible salvación de Vulcano, e esixiu “vontade política” para que “se cumpra o que se prometeu” ao persoal.

A FEMP volve aprazar a reunión para tratar o superávit co Goberno

2

A Xunta de Portavoces da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) acordou pospor ao próximo luns a reunión da Xunta de Goberno extraordinaria, que estaba prevista para esta mañá, despois de que o Ministerio de Facenda presentase unha nova proposta para a liberación dos remanentes e o uso do superávit dos concellos.

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, tiña previsto celebrar esta reunión extraordinaria este mesmo venres ás 10,00 horas despois de aprazalo en varias ocasións para estudar os distintos acordos que Facenda resolvera coa cúpula da agrupación municipalista.

Con todo, a Xunta de Portavoces decidiu finalmente atrasar de novo esta convocatoria ata o luns 3 de agosto ás 09,00 horas para estudar a nova proposta que fixo o Ministerio que dirixe María Jesús Montero para a liberación dos remanentes e o uso do superávit por parte das entidades locais.

Este novo borrador incorporaría un cambio importante respecto dos últimos documentos acordados entre Facenda e a cúpula da FEMP. Segundo puido saber Europa Press, o Executivo central ofrecería unha achega dos seus orzamentos de 5.000 millóns: 2.000 este ano e 3.000 o próximo, mentres que mantén a proposta dos remanentes e a súa devolución aos 10 anos, neste caso o 100% do entregado polos concellos.

Iso si, este novo fondo sería exclusivamente para os concellos que poñan o remanente a disposición do Goberno, segundo trasladaron a Europa Press fontes da xunta de portavoces da agrupación municipalistas.

As últimas propostas de Facenda sobre o superávit e os remanentes ameazaban con romper o consenso na FEMP xa que non contaban co apoio maioritario da Xunta de Goberno. Ante esta nova formulación, os grupos decidiron esperar a estudala detidamente, aínda que desde o PP aseguran que segundo o coñecido, isto suporía un “agravio” entre os concellos que teñen aforros e os que non.

Unha tixola esquecida ao lume provocou un lume nunha vivenda en Vigo

0

Un edificio foi desaloxado a última hora da tarde deste xoves en Vigo despois de rexistrarse un incendio na cociña dunha das vivendas por mor dun lume orixinado nunha tixola. Segundo informou o 112 Galicia, o morador da vivenda onde se declarou o incendio, situada no número 15 da rúa Xirona, foi trasladado ao Hospital Povisa.

Os feitos sucederon uns minutos antes das 18,55 horas deste xoves e foi unha persoa particular a que contactou co 112 Galicia para avisar do incendio. Tras iso, o CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vigo e da Policía Local.

Por fin abre a ‘Raia’: “antes tiñamos que facer 100 km para ir traballar”

A reapertura de fronteiras por parte do Estado español desatou a ledicia dos pobos a ambos lados da ‘Raia’, moi dependentes da comunicación transfronteiriza na súa vida diaria. A derradeira das celebracións parte da alianza entre a vila galega de Arbo e portuguesa Melgaço.

Malia estar separadas “unicamente por uns cantos metros”, segundo apuntan dende o concello pontevedrés, a clausura da ponte internacionais provocou que moitos dos veciños “tiveran que facer 100 kilómetros para ir a traballar”. Aínda que esta situación deu á súa fin cunha reapertura parcial para os traballadores tralas demandas de ambos consistorios, as comunicacións seguiron pechadas para o resto de habitantes, un “impedimento” para aqueles que “non podían ir visitar ás súas familias” e para a propia economía dos pobos, moi dependentes dos enlaces transfronteirizos.

Por iso, e con motivo da reapertura total, alcaldes de ambos lados da raia celebraron un acto na reapertura da fronteira no que aproveitaron para instar á “sensibilidade” das poboacións para que a situación “non se volva repetir”.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed