InicioSociedadeA Xunta anima aos construtores a reconstruír a zona cero de Tui...

A Xunta anima aos construtores a reconstruír a zona cero de Tui porque “cobrarán”

O alcalde advirte de que "o máis urxente" é a demolición e desentullo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia animou este venres ás empresas construtoras a empezar canto antes os traballos de reconstrución e recuperación na zona da explosión de Tui, xa que teñen “garantía” de cobrar eses traballos ao aprobar o goberno galego as axudas aos veciños afectados.

Así o trasladou a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, que mantivo unha reunión, xunto co alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, con empresarios da construción, no centro de atención aos afectados pola traxedia.

A conselleira lembrou que o Goberno galego tramitou “en tempo record” o decreto que declara a “emerxencia excepcional” e que permite activar axudas directas de até 110.000 euros para a reconstrución de vivendas habituais; 44.000 euros para segundas vivendas; ou 450 euros mensuais durante dous anos para alugueres, entre outras subvencións.

Os beneficiarios poderán acceder a estas axudas, que sumarán uns 7 millóns de euros, de “forma sinxela”, acreditando os títulos de propiedade (en caso de propietarios) ou, en todo caso, a súa condición de afectados. Con respecto aos construtores, pediulles “implicación e responsabilidade” para “reconstruír o fogar e a vida” dos veciños damnificados. “Xa se pode empezar a traballar nas memorias de danos, porse xa a reconstruír canto antes porque, que a Xunta adiante o diñeiro, é unha garantía”, incidiu.

Así mesmo, expresou a súa esperanza de que cheguen “outras axudas complementarias” de máis administracións, entre elas a Deputación, que ten “a obriga e responsabilidade” de axudar aos concellos.

O MÁIS URXENTE

Pola súa banda, o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, sinalou que a magnitude dos danos é tan grande que será necesaria a implicación de moitos contratistas para axilizar a recuperación das vivendas.

Así mesmo, o rexedor advertiu de que “o máis urxente” é realizar os traballos de demolición e desentullo, para o que se solicitarán axudas tanto ao Estado como á Deputación, que teñen representantes no gabinete de crise creado desde o Concello (e que se reunirá este sábado).

Esa demolición e desentullo “ten un custo moi importante”, sinalou Vázquez Padín, ao que hai que engadir a reposición de viais e outros servizos públicos, que poderían financiarse desde o Estado se se aproba a declaración de zona afectada por unha emerxencia de protección civil.

TRABALLOS DE RECONSTRUCIÓN

En canto aos inmobles con máis danos, pedirase a participación de bombeiros para escoltar aos propietarios e que, con total garantía de seguridade, poidan acceder á zona a recuperar as súas zonas.

Varios dos construtores que participaron na reunión deste venres coincidiron en sinalar que “hai moito traballo por facer” na zona de explosión, onde algúns xa estiveron acometendo labores de retellado e outras tarefas. “Imos facer o que podamos. Aquilo está todo desalmado, hai moito traballo”, apuntou Manuel de Liño.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...