Inicio Blog Páxina 1912

Traballadores dos Puntos de Atención Continuada aseguran ser ‘maltratados’ polo Sergas

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) do servizo galego de saúde veñen de denunciar de novo as súas condicións de traballo: “Un 15% do cadro de persoal está en situación de incapacidade temporal e non sería estraño pensar que nos próximos días esta proporción puidera aumentar pola presión á que a EOXI de Vigo nos está sometendo”, subliñan.

“Na práctica suspendéronse case todos os permisos. Como médico de familia e traballador nun PAC da área é moi difícil poder acollerse a una redución de xornada por coidado de fillo a cargo ou persoa dependente. É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito. É un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora aparezan como “denegadas”, denuncian os traballadores.

Engaden estes que “a última volta de torca é a de obrigar os facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación. Esta semana unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada “por necesidades do servizo” a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo. Sen posibilidade de réplica. Sen planificación previa”, aseguran.

“O Sergas busca médicos voluntarios para o PAC á vez que maltrata os poucos que aínda ten: soldos conxelados desde o ano 2010, cómputo horario que obriga a “recuperar” parte das horas que non se traballaron por estar de baixa, dietas insuficientes, uniformes inadecuados, posibilidade de aumento de xornada en calquera momento e unha negociación de 10 meses coa Consellería para resolver estes puntos que, por estéril, desenvocou nunha folga”, enumeran os traballadores en paro.

“Mentres tanto, despreza absolutamente o traballo, tempo de descanso e vida familiar dos seus traballadores, o que inflúe directa e negativamente na calidade da asistencia: desprezando aos traballadores dos PAC o Sergas está a desprezar o usuario destes servizos”, conclúen.

Creatividade e reciclaxe, da man: A UVigo homenaxea as cartoneiras, que non hai dúas iguais

O movemento cartoneiro naceu a comezos deste século na Arxentina como unha resposta ao mundo editorial tradicional, unha aposta innovadora que, por unha banda, se asenta no uso de material reciclado e, por outra, trata de espallar a cultura e a literatura máis aló dos circuítos comerciais.

Dende que naceu a primeira editora deste tipo, Eloísa Cartonera, en Bos Aires en 2003, este movemento foise estendendo, primeiro por Latinoamérica e Estados Unidos e despois por Europa.

Agora, unha exposición no campus de Vigo reúne libros de 34 editoras cartoneiras de 12 países, exemplares que se poderán ver e tocar na Facultade de Filoloxía e Tradución ata o 31 deste mes de outubro.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério

“O universo dos livros cartoneros” é unha escolma da colección que Gaudêncio Gaudério, de Vento Norte Cartonero, foi creando ao longo dos anos, dende que entrou en contacto con este mundo.

Explica que na mostra pódense atopar exemplares de editoriais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Chile, Estados Unidos, Italia, México, Panamá, Paraguai, Perú e España, entre elas a editora da Universidade de Vigo, Astromántica Cartoneira.

Segundo apunta “son libros cuxa característica principal é que as súas tapas están feitas con cartón e pintadas a man, o que implica que nunca hai dous iguais, feito que lles outorga a súa singularidade”.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério

Por estes motivos, remarca o propietario da colección, os proxectos cartoneiros están vinculados, por unha banda, “á tarefa de reciclar e de colaborar coa sustentabilidade do planeta”.

Por outra, son iniciativas que procuran que “o obxecto libro sexa accesible aos máis diferentes lectores, pois polo seu proceso de confección medio artesanal case sempre circula a prezos baixos, e moitas veces por espazos pouco convencionais o non ligados á cultura letrada”.

Neste sentido, tamén engade que as editoras cartoneiras “adoitan ser proxectos de pequenos grupos ou colectivos, sen carácter comercial, que case sempre se converten en plataformas de proxección de suxeitos e linguaxes que non teñen acceso á industria editorial”.

Ao seu obxectivo de promover a escrita e a lectura, engádese a tarefa de divulgación, realizando obradoiro sen escolas, prisións ou centros comunitarios, nos que amosan ás persoas participantes como é o proceso de elaboración dun libro cartoneiro.

En resumo, remarca que este tipo de publicacións “non pretenden competir co mercado; a súa aspiración é crear un espazo paralelo ao mercado para que autores e lectores poidan relacionarse baixo outros principios grazas á mediación do cartón”.

“Un produto típico da realidade latinoamericana”

Os volumes que integran a exposición, que se pode visitar na Facultade de Filoloxía e Tradución, forman parte da colección particular de Gaudêncio Gaudério. Recoñece que este tipo de libros interésanlle, ademais de polas formas concretas da creatividade, porque xorden das situacións de crises sociais e políticas, “son un produto típico da realidade latinoamericana, que agora se expande polo mundo europeo”.

Vento Norte Cartonero é o proxecto actual de Gaudêncio Gaudério, pero non o primeiro. Explica que a súa relación co mundo cartoneiro nace cando un amigo lle trae de Bos Aires “un libro bastante raro, ben rústico, con tapas de cartón, pinturas coloridas, dun narrador peruano e feito por unha editora da que non coñecía a súa existencia: Eloísa Cartonera”.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério/ Duvi

Tras coñecer e visitar algunhas outras editoras, de regreso en Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil, “comecei a organizar a primeira editora cartoneira do estado”, que se fixo realidade en 2013 baixo o nome de Maria Papelão.

“Durante un ano publicamos cinco libros e realizamos obradoiros en diversas escolas públicas”, pero o grupo desfíxose en 2014, dando paso nese mesmo ano ao nacemento de Vento Norte Cartonero.

Neste tempo, a editora conseguiu crear un catálogo de 17 títulos e tres máis en preparación, ademais de realizar talleres en varios lugares do mundo, entre eles, tres en Vigo no mes de marzo.

Primeiros pasos para comprar a téxtil Pili Carrera e reincorporar o seu persoal

0

Un investidor valenciano iniciou o proceso para facerse coa téxtil galega Pili Carrera, que está xestionada neste momento por un administrador concursal, e prometeu a reincorporación do persoal, segundo avanzou o Concello de Mos.

Fontes municipais informaron de que a propia alcaldesa, Nidia Arévalo, mantivo nas últimas horas un encontro co empresario, e deu a venda por “firme”, aínda que o administrador concursal de Pili Carrera matizou que “a venda dunha empresa concursada é un proceso moi longo” e o xulgado aínda non deu o visto e prace á operación.

En todo caso, a rexedora asegurou que ese investidor xa está “a organizar a posta en marcha da empresa, que implicará a contratación inminente de 40 dos traballadores de Pili Carrera, aínda que a intención é a de ir contando con todos e incorporándoos ao persoal paulatinamente”.

Nidia Arévalo trasladou a súa disposición para colaborar co fin de que a empresa quede no municipio, ou ben nas instalacións de Torroso onde se atopa a súa sede, ou ben nunha nova localización no parque empresarial PEMOS-Veigadaña. Respecto diso, Arévalo avanzou que manterá contactos en próximos días con Xestur, coa Asociación de Empresarios de Mos e con técnicos municipais, por se Pili Carrera opta por un novo emprazamento.

A firma téxtil de roupa infantil, fundada en 1963, anunciou no principio do ano que iría á liquidación, apurada polas perdas e incapaz de superar unha situación agravada pola pandemia de Covid. Tras case 60 anos de actividade e unha planta de produción en Torroso (Mos), Pili Carrera chegou a ter unha rede de máis de medio centenar de tendas en España e outra ducia de países, e os seus deseños foron vestidos polos nenos e nenas de varias casas reais europeas.

Os casos activos en Vigo conseguen baixar da barreira dos 700

Galicia cumpre a terceira semana sen estado de alarma cun repunte importante da presión hospitalaria pola pandemia de covid-19, xa que os ingresados subiron en 10 nas últimas 24 horas, ata o total de 117. Iso si, os casos activos da enfermidade volveron a baixar por oitavo día consecutivo e sitúanse en 2.300, debido a que as altas seguen superando aos novos contaxios. No que respecta á presión asistencial, segundo os datos publicados este domingo pola Consellería de Sanidade, solicitados ata as 18,00 do sábado, a subida no número de ingresados débese ao aumento dos pacientes en planta, que suman 89 –10 máis–, aínda que os de unidades de coidados intensivos se manteñen sen variacións, nos 28.

Concretamente na área de Vigo, atópanse hospitalizadas 25 persoas (unha máis), das que cinco están en unidades de coidados intensivos. Ademais, o parámetro dos casos activos baixou en Vigo, aínda que segue na cabeza con 678 pacientes (22 menos ca na xornada anterior, ao rexistrarse máis altas que novos contaxios. No referido, precisamente, aos novos contaxios, esta área sanitaria suma nas últimas 24 horas 39 PRC positivas.

Desde o inicio da pandemia, Galicia realizou 2.247.556 PCR, o que permite deducir que nas últimas 24 horas se fixeron 5.779 probas. Son unhas 300 máis que o día anterior. Polo seu lado, a taxa de positividade mantense no 1,9%, valor que segue por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada esta pandemia. A última vez que Galicia excedeu esta barreira foi o 15 de febreiro.

Falece en Uruguai un mariñeiro galego con COVID, tripulante dun pesqueiro cangués

Un mariñeiro galego, tripulante dun pesqueiro cangués, faleceu nas últimas horas en Montevideo (Uruguai), debido ao Covid-19, segundo confirmaron fontes municipais de Cangas, onde este venres se gardou un minuto de silencio durante a celebración do Pleno.

Trátase dun veciño de Cangas, tripulante da pesqueiro ‘Praia de Sartaxéns‘, da armadora canguesa Moradiña, que estaba ingresado nun hospital da capital uruguaia.

O home, do mesmo xeito que outros compañeiros, empezou a manifestar síntomas da infección hai uns días e foi trasladado a un centro sanitario. O seu estado empeorou e ingresou na UCI, onde acabou falecendo.

Dez novos casos por COVID nas aulas da área de Vigo

0

A área de Vigo ten 191 casos activos, que supoñen dez máis que a xornada anterior entre o alumnado non universitario. Ademais, mantén 18 aulas pechadas –catro máis–, catro delas no CPR Plurilingüe Bouza Brey da cidade olívica que suma 22 contaxios, dous máis, que supoñen o maior número de todos os centros da Comunidade galega.

Máis información en Galicia Confidencial.

Borgwarner e sindicatos seguen reunidos para chegar a un acordo sobre o novo convenio

0

A dirección da planta de Borgwarner en Vigo e os sindicatos seguen reunidos na cidade olívica para tentar alcanzar un acordo respecto das condicións do novo convenio colectivo.

Fontes sindicais confirmaron  que se produciron “achegamentos” entre ambas as partes relativos á vixencia de tres anos para o convenio e a creación dunha nova quenda de noite. En cambio, cuestións salariais e modos de actuación ante a declaración dun despedimento como improcedente seguen sobre a mesa.

En concreto, este mércores a mediación realizada pola AGA suspendeu a reunión prevista para este xoves despois de que a maioría do comité –UGT, CIG, USO, CXT e CC.OO.– convocase unha folga indefinida a partir do próximo luns.

Con todo, os sindicatos instaron á empresa a continuar as negociacións e esta aceptou. Así, ambas as partes reuníronse na mañá deste xoves, cando traballadores se concentraron ante o Hotel Coia de Vigo para reclamar un convenio “xusto”. Posteriormente, sobre as 18,00 horas, deu comezo un novo encontro.

CRÍTICAS Á CONVOCATORIA DE FOLGA

Noutra orde de cousas, a dirección da fábrica viguesa de Borgwarner tachou de “desproporcionada” a convocatoria de folga indefinida por parte da maior parte do comité durante o proceso de negociación do convenio colectivo.

Fontes da empresa aseguraron que representa “unha medida de presión desproporcionada” que “pode pór en perigo a asignación de novos proxectos para a planta de Vigo” e acusaron ao comité de empresa de mostrarse “inflexible” nas negociacións do convenio colectivo.

Neste sentido, a dirección da fábrica afirmou que esta última padece “unha baixada de vendas continuada” desde “hai anos” asociada á redución no mercado de sistemas de recirculación de gases de escape (EGR) e lembrou que “as perspectivas para o futuro do diésel” mantéñense “moi pesimistas”. Por iso, sinalou que o “futuro” da planta require dunha “contención salarial” e unha “aposta por novos produtos”.

Ademais, recalcou que traballa para “buscar alternativas ao diésel” e “conseguir proxectos centrados noutro tipo de propulsión”, aínda que insistiu en que “é necesario adaptarse ás esixencias dos clientes”.

Así mesmo, explicou que a multinacional conseguiu un importante proxecto que “podería cambiar radicalmente as perspectivas de futuro” da planta viguesa se se asigna á mesma.

NECESIDADE DE “CAMBIOS”

No entanto, recalcou que resultan precisos “cambios que permitan gañar en competitividade” para que ese proxecto leve a cabo en Vigo, así como que a corporación aposte por “realizar un investimento de 10 millóns de euros para industrializar os novos proxectos na planta”.

Adicionalmente, a dirección da fábrica de Zamáns explicou que, desde que se retomaron as negociacións do convenio colectivo o pasado mes de setembro, propuxo “medidas orientadas a controlar os custos e centradas en mellorar a rendibilidade da planta”.

Así, expuxo “a regulación das licenzas e baixas, a conxelación salarial e axustar o salario para o persoal de nova incorporación a 29.500 euros brutos ao ano”, o que “supón un 30% máis que a media do sector”. A este respecto, subliñou que a aceptación deste acordo pola parte social permitirá que a planta manteña “un convenio coas mellores condicións laborais e salariais da comarca” para os traballadores actuais e de nova incorporación.

Mentres, denunciou que o comité de empresa non achegase “ningún tipo de medida axustada á situación actual da fábrica”, aínda que comprometeu que “seguirá apelando ao diálogo para alcanzar un acordo que garanta os postos de traballo e o futuro da planta a longo prazo“.

Unha imaxe dun paciente Covid na UCI de Povisa, elexida entre as mellores do ano por AFP

 Unha imaxe captada polo fotoxornalista galego Miguel Riopa na UCI-Covid de Povisa foi seleccionada entre as 120 mellores fotografías publicadas en todo o mundo pola Axencia France Press durante 2020.

Nos primeiros días de abril, nun dos períodos máis críticos da pandemia, Riopa uniuse ao equipo de profesionais da UCI-Covid de Povisa e compartiu durante horas o seu esforzo por sacar adiante aos pacientes máis afectados polo virus. “O resultado dese traballo foi unha serie de impactantes imaxes que reflicten non só o compromiso profesional, senón tamén o empeño do equipo de médicos, enfermeiras e terapeutas de Povisa por transmitir proximidade e agarimo a esas persoas sometidas a un estrito illamento”, apuntan desde o propio hospital a través dun comunicado.

A reportaxe gráfica de Miguel Riopa publicouse en medios de comunicación dos cinco continentes, entre eles en xornais de Estados Unidos, Xapón, Oriente Medio, América Latina e África. A imaxe seleccionada forma parte, ademais, da exposición Galicia en albas, patrocinada por Abanca e que aínda se pode visitar na Praza da Fábrica de Tabacos da Coruña.

Miguel Riopa traballa na Axencia France Press. Previamente traballou en Xornal Diario, Diario de Pontevedra, Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia y El Mundo. Ha sido corresponsal de la Agencia EFE y de Associated Press. Entre os seus múltiples galardóns atópase un II Premio do World Press Photo, o ser finalista dos World Photographic Awards e o prestixioso premio Luís Ksado.

O estaleiro Barreras deixa de ser oficialmente vigués

0

O conselleiro delegado de The Ritz Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, foi nomeado presidente de Hijos de J. Barreras, o estaleiro vigués que pertence a esta división de cruceiros de luxo da multinacional.

Ademais, Ritz Carlton situou a Prothero como conselleiro delegado do estaleiro situado en Beiramar, segundo reflicte o Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme). Así mesmo, o boletín recolle que o avogado Gabriel Alberto Baltar Giraud foi cesado como presidente e pasou a asumir a Vicepresidencia do estaleiro olívico.

Estes nomeamentos súmanse a unha remodelación do consello de administración de Barreras que acometeu o seu novo propietario. Deste xeito, o órgano pasou a estar composto por Prothero, Stephen Dawson e José Ismael Rosado, quen substitúen a Rebeca Jiménez, Jaime Carrera e Álvaro Otero.

Esta renovación do consello de administración prodúcese despois de que o pasado mes de xullo a filial de Ritz Carlton Cruise Yacht Yardco Ltd (CYYL) adquirise o 100% das accións de Barreras. Como consecuencia, o que fora director do estaleiro ata finais de 2019 e propietario do 24,5% das accións ata este verán, o empresario vigués José García Costas, abandonou o consello.

Adicionalmente, a semana pasada Ritz Carlton confirmou a súa intención de construír dous novos buques na bancada viguesa, os ‘irmáns’ do Evrima (o 1705), e trasladou o seu compromiso co “futuro” da empresa, ligado á resolución dos “problemas herdados”. Así, manifestou que prevé iniciar a construción do 1706 a finais deste ano e comezar a do terceiro na primeira parte de 2021.

Tamén asegurou que o estaleiro traballa para dar unha solución ao conflito coa armadora Havila (que ten dous proxectos bloqueados na bancada de Beiramar) e que espera perfilala a mediados do próximo mes.

A ministra de Sanidade pide en Vigo o voto para parar “a ameaza para a democracia” que supoñen “as tres dereitas”

A ministra de Sanidade, Consumo e Benestar Social en funcións, María Luisa Carcedo, visitou este venres Vigo, onde pediu o voto para o Partido Socialista nas eleccións xerais do próximo domingo para parar “a ameaza para a democracia” que supoñen, ao seu xuízo, o tres dereitas (PP, Ciudadanos e Vox).

Así o asegurou nun mitin na zona vella da cidade olívica, no cal estivo acompañada, entre outros, polo secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero; a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Para Carcedo, a dereita no canto de “acantoar” a extrema dereita, “branqueouna” e deixou que Vox inflúa nas decisións das institucións, polo que apostou por defender a democracia “con unllas e dentes”.

“Nestas eleccións hai dúas circunstancias moi especiais. Unha, que temos un avance da extrema dereita tremendo. E dous, non teñamos ningunha dúbida de que se as tres dereitas suman, van conformar o Goberno de España. E isto supón unha ameaza moi grande á nosa democracia“, lamentou a ministra diante de case un centenar de simpatizantes.

“BOMBA ATÓMICA”

Na mesma liña falou o secretario xeral do PSdeG, quen criticou que a extrema dereita “sen ningún complexo” agora “quere empezar a penetrar nas institucións políticas”.

Por todo iso, indicou que o “voto útil” é o do PSOE, para que así “Galicia e España avancen”, xa que sería unha “bomba atómica” para as liberdades políticas e sociais que se dese unha vitoria dos tres partidos de dereitas.

Neste aspecto tamén incidiu o seu tío e alcalde de Vigo Abel Caballero, quen insistiu na importancia de ir votar este domingo para “castigar” ao PP, “polo mal que o fixo na provincia de Pontevedra.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed