InicioEconomíaO estaleiro Barreras deixa de ser oficialmente vigués

O estaleiro Barreras deixa de ser oficialmente vigués

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro delegado de The Ritz Carlton Yatch Collection, Douglas Prothero, foi nomeado presidente de Hijos de J. Barreras, o estaleiro vigués que pertence a esta división de cruceiros de luxo da multinacional.

Ademais, Ritz Carlton situou a Prothero como conselleiro delegado do estaleiro situado en Beiramar, segundo reflicte o Boletín Oficial do Rexistro mercantil (Borme). Así mesmo, o boletín recolle que o avogado Gabriel Alberto Baltar Giraud foi cesado como presidente e pasou a asumir a Vicepresidencia do estaleiro olívico.

Estes nomeamentos súmanse a unha remodelación do consello de administración de Barreras que acometeu o seu novo propietario. Deste xeito, o órgano pasou a estar composto por Prothero, Stephen Dawson e José Ismael Rosado, quen substitúen a Rebeca Jiménez, Jaime Carrera e Álvaro Otero.

Esta renovación do consello de administración prodúcese despois de que o pasado mes de xullo a filial de Ritz Carlton Cruise Yacht Yardco Ltd (CYYL) adquirise o 100% das accións de Barreras. Como consecuencia, o que fora director do estaleiro ata finais de 2019 e propietario do 24,5% das accións ata este verán, o empresario vigués José García Costas, abandonou o consello.

Adicionalmente, a semana pasada Ritz Carlton confirmou a súa intención de construír dous novos buques na bancada viguesa, os ‘irmáns’ do Evrima (o 1705), e trasladou o seu compromiso co “futuro” da empresa, ligado á resolución dos “problemas herdados”. Así, manifestou que prevé iniciar a construción do 1706 a finais deste ano e comezar a do terceiro na primeira parte de 2021.

Tamén asegurou que o estaleiro traballa para dar unha solución ao conflito coa armadora Havila (que ten dous proxectos bloqueados na bancada de Beiramar) e que espera perfilala a mediados do próximo mes.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...