InicioCulturaCreatividade e reciclaxe, da man: A UVigo homenaxea as cartoneiras, que non...

Creatividade e reciclaxe, da man: A UVigo homenaxea as cartoneiras, que non hai dúas iguais

PUBLICADO O

O movemento cartoneiro naceu a comezos deste século na Arxentina como unha resposta ao mundo editorial tradicional, unha aposta innovadora que, por unha banda, se asenta no uso de material reciclado e, por outra, trata de espallar a cultura e a literatura máis aló dos circuítos comerciais.

Dende que naceu a primeira editora deste tipo, Eloísa Cartonera, en Bos Aires en 2003, este movemento foise estendendo, primeiro por Latinoamérica e Estados Unidos e despois por Europa.

Agora, unha exposición no campus de Vigo reúne libros de 34 editoras cartoneiras de 12 países, exemplares que se poderán ver e tocar na Facultade de Filoloxía e Tradución ata o 31 deste mes de outubro.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério

“O universo dos livros cartoneros” é unha escolma da colección que Gaudêncio Gaudério, de Vento Norte Cartonero, foi creando ao longo dos anos, dende que entrou en contacto con este mundo.

Explica que na mostra pódense atopar exemplares de editoriais de Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Chile, Estados Unidos, Italia, México, Panamá, Paraguai, Perú e España, entre elas a editora da Universidade de Vigo, Astromántica Cartoneira.

Segundo apunta “son libros cuxa característica principal é que as súas tapas están feitas con cartón e pintadas a man, o que implica que nunca hai dous iguais, feito que lles outorga a súa singularidade”.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério

Por estes motivos, remarca o propietario da colección, os proxectos cartoneiros están vinculados, por unha banda, “á tarefa de reciclar e de colaborar coa sustentabilidade do planeta”.

Por outra, son iniciativas que procuran que “o obxecto libro sexa accesible aos máis diferentes lectores, pois polo seu proceso de confección medio artesanal case sempre circula a prezos baixos, e moitas veces por espazos pouco convencionais o non ligados á cultura letrada”.

Neste sentido, tamén engade que as editoras cartoneiras “adoitan ser proxectos de pequenos grupos ou colectivos, sen carácter comercial, que case sempre se converten en plataformas de proxección de suxeitos e linguaxes que non teñen acceso á industria editorial”.

Ao seu obxectivo de promover a escrita e a lectura, engádese a tarefa de divulgación, realizando obradoiro sen escolas, prisións ou centros comunitarios, nos que amosan ás persoas participantes como é o proceso de elaboración dun libro cartoneiro.

En resumo, remarca que este tipo de publicacións “non pretenden competir co mercado; a súa aspiración é crear un espazo paralelo ao mercado para que autores e lectores poidan relacionarse baixo outros principios grazas á mediación do cartón”.

“Un produto típico da realidade latinoamericana”

Os volumes que integran a exposición, que se pode visitar na Facultade de Filoloxía e Tradución, forman parte da colección particular de Gaudêncio Gaudério. Recoñece que este tipo de libros interésanlle, ademais de polas formas concretas da creatividade, porque xorden das situacións de crises sociais e políticas, “son un produto típico da realidade latinoamericana, que agora se expande polo mundo europeo”.

Vento Norte Cartonero é o proxecto actual de Gaudêncio Gaudério, pero non o primeiro. Explica que a súa relación co mundo cartoneiro nace cando un amigo lle trae de Bos Aires “un libro bastante raro, ben rústico, con tapas de cartón, pinturas coloridas, dun narrador peruano e feito por unha editora da que non coñecía a súa existencia: Eloísa Cartonera”.

O universo dos livros cartoneros é unha escolma da colección de Gaudêncio Gaudério/ Duvi

Tras coñecer e visitar algunhas outras editoras, de regreso en Santa Maria, Rio Grande do Sul, Brasil, “comecei a organizar a primeira editora cartoneira do estado”, que se fixo realidade en 2013 baixo o nome de Maria Papelão.

“Durante un ano publicamos cinco libros e realizamos obradoiros en diversas escolas públicas”, pero o grupo desfíxose en 2014, dando paso nese mesmo ano ao nacemento de Vento Norte Cartonero.

Neste tempo, a editora conseguiu crear un catálogo de 17 títulos e tres máis en preparación, ademais de realizar talleres en varios lugares do mundo, entre eles, tres en Vigo no mes de marzo.

ÚLTIMAS

Feministas católicas sean este domingo ás rúas de Vigo para reclamar que as mulleres teñan “voz e voto” na Igrexa

Feministas católicas da Revolta de Mulleres na Igrexa sairán este domingo 3 de marzo ás...

Trasladan a tres membros dunha familia en Vigo con síntomas de intoxicación por gas

Dous adultos e un menor tiveron que ser trasladados polos servizos sanitarios con síntomas...

Remolcan ao porto de Vigo ao portacontedores ‘MSC Katyanyi’

O portacontedores 'MSC Katyayni,', que navega baixo bandeira de Panamá, está a ser remolcado...

Rueda reivindica a Arribada de Baiona para a desestacionalización do turismo en Galicia

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destacou este venres a importancia de...