InicioSociedadeTraballadores dos Puntos de Atención Continuada aseguran ser 'maltratados' polo Sergas

Traballadores dos Puntos de Atención Continuada aseguran ser ‘maltratados’ polo Sergas

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os traballadores dos Puntos de Atención Continuada (PAC) do servizo galego de saúde veñen de denunciar de novo as súas condicións de traballo: “Un 15% do cadro de persoal está en situación de incapacidade temporal e non sería estraño pensar que nos próximos días esta proporción puidera aumentar pola presión á que a EOXI de Vigo nos está sometendo”, subliñan.

“Na práctica suspendéronse case todos os permisos. Como médico de familia e traballador nun PAC da área é moi difícil poder acollerse a una redución de xornada por coidado de fillo a cargo ou persoa dependente. É unha lotería poder gozar dun día de libre disposición aos que por lei temos dereito. É un senvivir planificar unha viaxe en vacacións porque quizais a última hora aparezan como “denegadas”, denuncian os traballadores.

Engaden estes que “a última volta de torca é a de obrigar os facultativos a realizar xornadas de 17 ou 24 horas nos seus períodos de descanso e avisando con moi pouco tempo de antelación. Esta semana unha compañeira con dous fillos menores a cargo viuse obrigada “por necesidades do servizo” a realizar una xornada de 65 horas nunha semana, a maioría delas en tramo nocturno e festivo. Sen posibilidade de réplica. Sen planificación previa”, aseguran.

“O Sergas busca médicos voluntarios para o PAC á vez que maltrata os poucos que aínda ten: soldos conxelados desde o ano 2010, cómputo horario que obriga a “recuperar” parte das horas que non se traballaron por estar de baixa, dietas insuficientes, uniformes inadecuados, posibilidade de aumento de xornada en calquera momento e unha negociación de 10 meses coa Consellería para resolver estes puntos que, por estéril, desenvocou nunha folga”, enumeran os traballadores en paro.

“Mentres tanto, despreza absolutamente o traballo, tempo de descanso e vida familiar dos seus traballadores, o que inflúe directa e negativamente na calidade da asistencia: desprezando aos traballadores dos PAC o Sergas está a desprezar o usuario destes servizos”, conclúen.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...