InicioSociedadeUnha imaxe dun paciente Covid na UCI de Povisa, elexida entre as...

Unha imaxe dun paciente Covid na UCI de Povisa, elexida entre as mellores do ano por AFP

A foto foi tomada na primeira onda da pandemia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

 Unha imaxe captada polo fotoxornalista galego Miguel Riopa na UCI-Covid de Povisa foi seleccionada entre as 120 mellores fotografías publicadas en todo o mundo pola Axencia France Press durante 2020.

Nos primeiros días de abril, nun dos períodos máis críticos da pandemia, Riopa uniuse ao equipo de profesionais da UCI-Covid de Povisa e compartiu durante horas o seu esforzo por sacar adiante aos pacientes máis afectados polo virus. “O resultado dese traballo foi unha serie de impactantes imaxes que reflicten non só o compromiso profesional, senón tamén o empeño do equipo de médicos, enfermeiras e terapeutas de Povisa por transmitir proximidade e agarimo a esas persoas sometidas a un estrito illamento”, apuntan desde o propio hospital a través dun comunicado.

A reportaxe gráfica de Miguel Riopa publicouse en medios de comunicación dos cinco continentes, entre eles en xornais de Estados Unidos, Xapón, Oriente Medio, América Latina e África. A imaxe seleccionada forma parte, ademais, da exposición Galicia en albas, patrocinada por Abanca e que aínda se pode visitar na Praza da Fábrica de Tabacos da Coruña.

Miguel Riopa traballa na Axencia France Press. Previamente traballou en Xornal Diario, Diario de Pontevedra, Diario 16 de Galicia, La Voz de Galicia y El Mundo. Ha sido corresponsal de la Agencia EFE y de Associated Press. Entre os seus múltiples galardóns atópase un II Premio do World Press Photo, o ser finalista dos World Photographic Awards e o prestixioso premio Luís Ksado.

ÚLTIMAS

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...