Inicio Blog Páxina 1902

Seguen descendendo as hospitalizacións na área de Vigo, aínda que hai máis pacientes críticos

A área sanitaria de Vigo rexistra este domingo 7 de marzo 631 casos activos, 45 menos ca no día de onte. Nas últimas 24 horas detectáronse 22 novos positivos.

En canto ás hospitalizacións, continúan en descenso: a cifra de ingresados cae a 59 (-3), pero aumenta o número dos pacientes que se atopan en críticos ata os 15 (+1).

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

Pechadas dúas aulas no Colexio Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro de Vigo tras positivos por COVID

0

O Colexio Plurilingüe Mariano e o CEIP Pintor Laxeiro, ambos en Vigo, tiveron que pór en corentena unha aula cada un tras detectarse dous positivos de COVID-19.

No caso do Colexio Mariano, fontes do centro confirmaron que o positivo en coronavirus deuse nunha nena de tres anos á que se lle fixo a PCR ao longo da fin de semana por haber un infectado na súa contorna familiar.

Así, despois de que as autoridades sanitarias e a familia da alumna trasladasen ao colexio a situación, púxose en corentena unha aula de de 25 nenos e tres profesores aos que se someterá a probas PCR.

No caso de que estas persoas arroxen resultados negativos, deberán gardar unha corentena de 10 días antes de regresar ao centro escolar. Mentres, a nena contaxiada permanece asintomática e ningún dos seus compañeiros presentou indicios de padecer COVID-19.

Ademais, as fontes deste centro concertado destacaron o contacto mantido de modo permanente co Sergas desde a detección deste caso e trasladaron unha mensaxe de “tranquilidade” ás familias dos demais alumnos.

Deste xeito, insistiron en que se cumpriu o protocolo de medidas de seguridade no colexio desde o inicio do curso escolar e indicaron que a actividade docente continuará “con normalidade”.

No caso do CEIP Pintor Laxeiro, desde este luns terá en corentena a clase de 1º B de Primaria por un positivo. A través da súa páxina web, o colexio informou de que as autoridades sanitarias xa puxeron en marcha o protocolo correspondente e de que “o resto do centro funcionará con normalidade”.

Así mesmo, detallou que o centro organizará o plan de traballo para estes alumnos de cara aos próximos 14 días.

Profesores dun IES de Cangas suman xa máis de 11.000 sinaturas contra o protocolo escolar de Feijóo

0

Continúa o clamor por unha volta “segura” ás aulas no mes de setembro e contra o protocolo desenvolto pola Xunta de Núñez Feijóo. A última mostra de rexeitamento vén constituída por máis de 11.000 sinaturas pedindo un regreso con garantías ás escolas. A campaña de sinaturas, comezada por profesores do IES de Rodeira, situado en Cangas, culminará este martes coa entrega das firmas á Consellería de Educación, á que lle reclamarán, entre outras medidas, a redución do número de alumnos por grupo e curso, “así como a dotación de material para poder seguir as indicacións sanitarias.

“Non podemos seguir cegos e mudos ante o total abandono de cada centro, como se isto for unha cuestión de xestión organizativa dunha escola e non dunha aposta decidida, clara e con planificación de quen ten a responsabilidade de levar adiante a política educativa no noso país: a Consellería de Educación.”, explica Sérgio Nunes, promotor da inciativa en Change.org. 

A iniciativa comandada por Nunes recolle as principais demandas que Anpas e sindicatos veñen dirixindo á Consellería nas últimas semanas. Así, esixen ó departamento de Carmen Pomar que garanta a distancia de seguridade mínima de 1 metro entre mesas –conforme á OMS e como non se daría co actual protocolo, segundo Profesorado en Pé– e outorgue ós centros os recursos precisos para garantir a seguridade.

150.000 APOIOS
A campaña #VoltaSegura, na que se encadra a iniciativa de Nunes e o resto de docentes do Rodeira, xa se estende por todo o estado; recollendo mostras de apoio de ata 150.000 persoas, como foi o caso dunha tuiteira que emprazou ó Ministerio de Educación a reconducir a xestión das aulas. 

Alcaldes do sur de Pontevedra e portugueses farán unha protesta simbólica conxunta para urxir a reapertura da fronteira

0

Máis dunha ducia de alcaldes e alcaldesas da ‘raia’ na provincia de Pontevedra e no Norte de Portugal protagonizarán esta semana a súa primeira protesta “simbólica” conxunta, para urxir a reapertura dos pasos fronteirizos.

Así o acordaron nunha reunión telemática celebrada nas últimas horas, e na que participaron representes da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho, integrada pola Deputación de Pontevedra e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.

Nesa protesta participarán os rexedores galegos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Salvaterra, As Neves, Arbo, Tui e Crecente, e os portugueses das localidades de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

Os alcaldes e alcaldesas, do mesmo xeito que xa fixeran os empresarios de ambos os lados da ‘raia’, advertiron de que ese territorio, dun gran dinamismo socioeconómico, necesita “un balón de osíxeno”.

Así, decidiron facer unha fronte común para esixir a reapertura dos pasos fronteirizos tras constatar o “agravio comparativo” con respecto a outras rexións, como Ourense ou Extremadora, “que xa teñen máis pasos abertos”, mentres que na provincia de Pontevedra só está operativo un dos pasos entre Tui e Valença (pola autovía).

Ademais o director da AECT, Uxío Benítez, lamentou que a Xunta de Galicia “non moveu ficha para defender nin as empresas nin os traballadores transfronteirizos”, aínda que o Goberno galego, tras reunirse con representantes do Norte de Portugal, solicitou a apertura de polo menos tres pasos fronteirizos máis.

Benítez criticou que se está tratando os veciños e traballadores desta área como “cidadáns de segunda”, algúns deles obrigados a dar un rodeo de máis de 100 quilómetros para poder pasar alén da ‘raia’.

Este é o prezo máximo que che poden cobrar por un xel hidroalcólico ou un antiséptico

0

O Goberno Central fixou o importe máximo de venda ao público dos produtos antisépticos de pel sa autorizados pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ( AEMPS), para que os cidadáns poidan acceder en condicións económicas non abusivas a este produto de protección da saúde.

Os antisépticos de pel sa autorizados pola AEMPS, con demostrada eficacia virucida, terán un PVP (prezo venta público) máximo dependendo da cantidade que se adquira por envases:

  • Ata 150 ml. o custe máximo será de 0,032 €/ ml
  • De 151 ml. ata 300 ml., o custe máximo será de 0,023 €/ ml
  • De 301 ml. ata 1.000 ml., o custe máximo será de 0,015 €/ ml

Prezos con IVE incluído ou, no seu caso, o imposto de recarga equivalente correspondente.

Deste xeito o prezo máximo que poden cobrarte pola adquisición dun antiséptico sería:

  • Envase 150ml un prezo máximo de 4,8€
  • Envase de 300ml un prezo máximo de 6,9€
  • Envase de 500 ml un prezo máximo de 7,5€
  • Envase de 1000ml un prezo máximo de 15€
Prezos máximos venta ao público de productos antisépticos para a pel sa | Fonte Ministerio de Sanidade

Así o acordou a Comisión Interministerial de Prezos dos Medicamentos ( CIPM), órgano colexiado do Ministerio de Sanidade, na súa reunión do pasado 28 de abril.

A CIPM tamén acordou realizar unha revisión á alza do prezo dos xeles e as solucións hidroalcohólicas con autorización temporal da AEMPS. O PVP máximo estableceuse hai uns días e agora revísase para facilitar a dispoñibilidade destes produtos. Tal e como indica a Resolución do 22 de abril de 2020, os “importes máximos quedan suxeitos a futuras revisións por esta Comisión, atendendo á evolución dos prezos de mercado”.

Desta maneira, os formatos de:

  • Ata 150 ml., o custe máximo será de 0,025 €/ ml.
  • De 151 ml. ata 300 ml., o custe máximo será de 0,021 €/ ml.
  • De 301 e ata 1.000 ml., o custe máismo será de 0,0015 €/ml.

Según isto os prezos máximos que deberían cobrarte por un xel hidroálcólico sería de:

  • Envase 150ml un prezo máximo de 3,75€
  • Envase de 300ml un prezo máximo de 6,3€
  • Envase de 500 ml un prezo máximo de 7,5€
  • Envase de 1000ml un prezo máximo de 15€

Estes prezos, que se publicarán no BOE a través dunha resolución nos próximos días, forman parte das medidas excepcionais para garantir o acceso da poboación aos produtos de uso recomendados como medidas hixiénicas para a prevención de contagios polo COVID-19, que estableceu a Orde SND/354/2020.

O instituto de Moaña do menor con positivo en coronavirus asegura que “a día de hoxe non houbo contaxio”

O IES Plurilingüe A Paralaia de Moaña (Pontevedra) onde cursa estudos o menor de 15 anos que deu positivo en coronavirus. Así como a súa nai e a parella desta. Desde o instituto aseguran que “a día de hoxe non houbo contaxio”.

Así o aseguraron a Europa Press fontes da dirección do centro. Explicaron que desde que este luns faltaron “de media” entre tres e cinco alumnos por clase “en cada grupo”, o que sumou “case 90” estudantes. Respecto diso, asegurou que non todas se deben á preocupación polo coronavirus.

No entanto, apuntou que este martes, a media de ausencias de estudantes reduciuse a “entre 50 e 60”. Con todo, a dirección deste centro afirmou que “hai un pouco máis de ausencias do habitual” tras o positivo por coronavirus dun alumno.

A dirección deste centro educativo recoñeceu que hai “familias que teñen un pouco de temor”. Este luns pola tarde mantiveron unha reunión pais con responsables sanitarios e educativos nos que se lles deu información “máis clara” das pautas de actuación.

No caso concreto de 3ºB, clase do menor afectado, mantense a “vixilancia activa” dos alumnos e de 13 profesores. Ata a data, das 11 probas realizadas a menores con síntomas, oito deron negativo e están á espera do resto de resultados. “A día de hoxe non houbo contaxio”, confirmaron por parte da dirección.

The Best Caricatures of the World

0
The best caricatures of the world / © Miguel Nuñez

Investigan quen é a muller que apareceu afogada flotando no Río Miño en Salvaterra

0

Efectivos dos servizos de emerxencias recuperaron na noite deste mércores o corpo sen vida dunha muller que apareceu flotando no Río Miño no municipio pontevedrés de Salvaterra.

Segundo informou o 112 Galicia, uns veciños avistaron á persoa semihundida preto das piscinas municipais e chamaron ao servizo de emerxencias para pedir axuda.

Por iso, púxose en marcha un operativo formado polas forzas da orde, equipos da Comandancia Naval e os Bombeiros de Ponteareas e Baixo Miño para localizar en primeira instancia e rescatar finalmente o cadáver da muller.

Sobre as 21,30 horas deste mércores sacaron o corpo do río e puxérono a disposición da autoridade xudicial. Tamén, solicitaron asistencia médica para a familia da falecida.

PSA Vigo describe o anuncio de investigación de Bruxelas como un proceso “habitual”

A dirección da planta coa que conta PSA Peugeot Citroën en Vigo asegurou que o anuncio de investigación por parte da Comisión Europea sobre unha subvención a esta empresa é un “proceso de control habitual”.

En declaracións a Europa Press, fontes da planta viguesa sinalaron que esta iniciativa permite que as partes interesadas se pronuncien e enmarquen dentro dun contexto de normalidade.

Esta subvención, que ascende a 20,7 millóns de euros, foi exposta polo Goberno central á Comisión Europea, que busca comprobar se cumpre coas normas comunitarias sobre axudas de Estado con finalidade rexional.

Nun primeiro momento, a proposta da planta viguesa foi xestionada desde a Xunta de Galicia e, deste xeito, trasladada ao Executivo central. No entanto, a adxudicación da axuda aínda é provisional, xa que debe ser aprobada por Bruxelas para permitir que sexa concedida.

En concreto, relaciónase co proxecto de PSA de investir 500 millóns en novas liñas de produción para o lanzamento de novos vehículos e a mellora do proceso produtivo.

A Garda Civil de Pontevedra detectou en xullo 376 positivos en alcohol e 265 en drogas

0

O Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra realizou durante o pasado mes de xullo 21.777 probas de alcohol e drogas na rede viaria da provincia de Pontevedra.
Leváronse a cabo 21.308 probas de alcoholemia e detectáronse 376 condutores que deron resultado positivo.

A maior parte deles, 358, foron detectados en controis preventivos, 10 con motivo de sufrir
un accidente de circulación e 8 con ocasión de infraccións á Lei de Seguridade Vial.
Pola súa banda, outros 265 condutores deron resultado positivo nas 469
probas que se realizaron de drogas. Deles, 222 detectáronse nos controis preventivos, 27 con ocasión de infraccións e 16 con motivo de sufrir un accidente de circulación.

Sobresaen os casos de dous condutores que deron positivo en tres drogas distintas.
Por idades, a porcentaxe máis alta de probas positivas de alcoholemias correspóndese co grupo de condutores comprendido entre os 18 e os 34 anos. Por sexo, o 85% dos condutores denunciados neste período de tempo son varóns.

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed