InicioEconomíaAlcaldes do sur de Pontevedra e portugueses farán unha protesta simbólica conxunta...

Alcaldes do sur de Pontevedra e portugueses farán unha protesta simbólica conxunta para urxir a reapertura da fronteira

Participarán os rexedores galegos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Salvaterra, As Neves, Arbo, Tui e Crecente, e os portugueses das localidades de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Máis dunha ducia de alcaldes e alcaldesas da ‘raia’ na provincia de Pontevedra e no Norte de Portugal protagonizarán esta semana a súa primeira protesta “simbólica” conxunta, para urxir a reapertura dos pasos fronteirizos.

Así o acordaron nunha reunión telemática celebrada nas últimas horas, e na que participaron representes da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Río Minho, integrada pola Deputación de Pontevedra e pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho.

Nesa protesta participarán os rexedores galegos da Guarda, O Rosal, Tomiño, Salvaterra, As Neves, Arbo, Tui e Crecente, e os portugueses das localidades de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço.

Os alcaldes e alcaldesas, do mesmo xeito que xa fixeran os empresarios de ambos os lados da ‘raia’, advertiron de que ese territorio, dun gran dinamismo socioeconómico, necesita “un balón de osíxeno”.

Así, decidiron facer unha fronte común para esixir a reapertura dos pasos fronteirizos tras constatar o “agravio comparativo” con respecto a outras rexións, como Ourense ou Extremadora, “que xa teñen máis pasos abertos”, mentres que na provincia de Pontevedra só está operativo un dos pasos entre Tui e Valença (pola autovía).

Ademais o director da AECT, Uxío Benítez, lamentou que a Xunta de Galicia “non moveu ficha para defender nin as empresas nin os traballadores transfronteirizos”, aínda que o Goberno galego, tras reunirse con representantes do Norte de Portugal, solicitou a apertura de polo menos tres pasos fronteirizos máis.

Benítez criticou que se está tratando os veciños e traballadores desta área como “cidadáns de segunda”, algúns deles obrigados a dar un rodeo de máis de 100 quilómetros para poder pasar alén da ‘raia’.

ÚLTIMAS

Aínda queda xente honesta: unha persoa acha unha bolsa con case 2.000 euros e entrégalla á Policía Local

A Policía Local devolveu ao seu lexítimo dono unha bolsa que contiña case 2.000 euros e...

Caballero pregunta a Louzán se a exclusión de Vigo do Mundial 2030 foi por “odio” ou por “instrucións de Rueda”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a acusar este mércores a Rafael Louzán,...

Deteñen por ameazas ao mozo que agredira a outro menor en Vigo en novembro

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, confirmou a detención por ameazas, este...

Un menor agredido en Vigo leva días sen ir ao insituto e recibindo ameazas, denuncian os pais

Os pais dun menor que sufriu unha agresión hai varias semanas en Vigo denunciaron...