Inicio Blog Páxina 1874

A Xunta advirte que a proposta para desenvolver o Barrio do Cura “está fóra do marco legal”

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia remitiu un informe ao Concello do Vigo no que lle advirte de que a tramitación da modificación puntual da PXOM para reodernar o ámbito do Barrio do Cura “está fóra do marco legal”.

Segundo informou a administración autonómica a través dun comunicado, pediu unha serie de correccións para poder dar a súa visto e prace á devandita tramitación. Así, propón que, para continuar con esa modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ou ben se deixe fóra a área BIC do Casco Vello (actualmente incorporada), ou ben leve a cabo ese desenvolvemento urbanístico mediante a figura dun Plan Especial.

A Xunta, que insistiu en que apoia o “crecemento” do Barrio do Cura, lembrou que a zona vella de Vigo foi declarada ben de interese cultural (BIC) coa categoría de conxunto histórico en 2006.

Na proposta actual do concello olívico, o ámbito de modificación para o Barrio do Cura inclúe parte da zona histórico-artística e da chamada ‘zona de respecto’ do Casco Vello, e Patrimonio advertiu de que a regulación dese espazo debe facerse mediante un plan especial de protección (que debería ser redactado polo propio concello).

Á marxe destas consideracións, o goberno galego tamén sinalou que a proposta de modificación puntual “non difire de modo substantivo, no que a afección ao patrimonio cultural refírese, do Plan Especial de Reforma Interior do Barrio do Cura” (aprobado por Patrimonio Cultural en 2014).

Así, os técnicos da Xunta apuntaron “de modo exacto” as correccións precisas que se deben incorporar, para “axilizar ao máximo a aprobación definitiva”, tendo en conta “a importancia que terá o desenvolvemento do Barrio do Cura para o futuro da cidade de Vigo”.

Finalmente, o goberno galego lamentou que a “complexidade” actual para poder desenvolver ese ámbito é unha “consecuencia” da anulación da PXOM de 2008 (que afectou, á súa vez, ao PERI aprobado en 2014).

VIDEO | Finaliza sen éxito a procura do patrón do ‘Marsua J’

0

Co final das horas de luz suspendeuse sen resultados e ata o mércores a procura do segundo dos tripulantes do pesqueiro ‘ Marsua J’, que afundiuse o luns nas proximidades de Cíes, un accidente no que faleceu o outro tripulante veciño de Baiona.

Durante a xornada deste martes, as condicións meteorolóxicas dificultaron os labores de procura, na que participaron medios por aire e por mar.

Segundo confirmaron fontes de Salvamento Marítimo, os mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas ( GEAS) da Garda Civil revisaron durante a mañá a área entre ambas illas, a zona cámara Freu da Porta, onde foron localizados os restos do barco e o cadáver dun dos tripulantes, para tratar de dar co desaparecido.

Con todo, dadas as condicións meteorolóxicas, tiveron de retirarse ao mediodía. Na área, contaron, rexistrábanse ondas de ata tres metros rompendo contra as rochas, o que facía perigosa a inmersión.

Tamén o mal tempo na área impediu a saída dos medios aéreos ata avanzada a mañá. En concreto, o Helimer 213, de Salvamento Marítimo, iniciou os labores pouco antes das 13,00 horas e foi alternando a súa presenza co Pesca I ata o final das horas de luz.

Por mar, participaron no operativo o patrulleira Río Guadalope, da Garda Civil, a embarcación Punta da Guía, de Gardacostas, e a Salvamar Mirach e o Buque Sar Gavia, ambas de Salvamento, así como pesqueiros e embarcacións de Cangas.

Para esta xornada, a procura do patrón do ‘ Marsua J’ realizouse nunha área que delimita un rectángulo ao redor das Illas Cíes, limitado ao norte por Cabo Couso, ao sur por Baiona e ao leste pola Illa de Toralla. Cara ao oeste, estendeuse dúas millas.

O ‘ Marsua J’, así como o cadáver dun dos seus tripulantes, foi atopado quilla ao sol entre as illas Norte e Sur de Cíes na tarde do luns polos efectivos que saíran a buscalo.

En concreto, o cadáver e os restos da embarcación foron localizados sobre as 17,20 horas, por parte do helicóptero Pesca 1. O corpo foi recuperado pola Salvamar Mirach e trasladado a terra por unha patrulleira da Garda Civil. Aínda se busca ao outro ocupante, o patrón do pesqueiro.

A confraría de Baiona foi a que deu o aviso ás 16,15 horas ante a falta de noticias deste barco –no que viaxaban o patrón e un tripulante–, que estivo a faenar ao oeste das Cíes.

Por mor deste suceso, os concellos de Val Miñor decretaron dous días de loito oficial e suspenderon as actividades relacionadas co entroido.

Jose Manuel Freire Leyenda (40 anos), veciño de Baiona, ,será incinerado este mércores na intimidade familiar tras a celebración dos funerais, que comezarán ás 18:00 horas na Capela de Santa Liberata (Baiona).

Abel Caballero critica que o Estado defenda a Audasa no xuízo polo cobro das peaxes mentres facía obras

O alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, reprobou a personación da Avogacía do Estado no procedemento ordinario iniciado por mor da demanda colectiva presentada pola Fiscalía de Pontevedra polo cobro de peaxes realizado durante a execución das obras de ampliación da AP-9.

Preguntado tras unha rolda de prensa celebrada en Vigo, Abel Caballero sinalou que, na súa opinión, a Avogacía do Estado “está a equivocarse seriamente” ao personarse na causa. “A cuestión (que se dirimirá no xuízo) non é que os cidadáns teñamos que soportar os inconvenientes dunha obra”, apuntou, “a cuestión é que aínda encima nos cobraban”, manifestou en alusión ao feito de que non se eliminase o pago das peaxes durante as retencións que tiveron lugar no marco das obras de ampliación da ponte de Rande.

Ante esta situación, o rexedor olívico asegurou que comparte a posición da Fiscalía de Pontevedra, á que adheriron grupos de afectados, e “algúns xurídicos”, xa que, ao seu xuízo, os usuarios da vía “non tiñan que pagar (as peaxes) eses días de terribles atascos”. Deste xeito, Abel Caballero asegurou que a posición que comparte busca “defender aos cidadáns”.

En concreto, segundo puido saber Europa Press, a Avogacía do Estado presentou unha solicitude para personarse na causa que foi sido aceptada polo xulgado. Mentres, a Fiscalía recorreu esta decisión ao entender que a causa se refire soamente á “explotación comercial da infraestrutura”.

Pola súa banda, a asociación de afectados polo cobro das peaxes durante as obras En-Colectivo criticou que a solicitude de personación se presentara a “escasos días” do inicio do xuízo, que se celebrará entre o 11 e o 13 de febreiro en Pontevedra. Ademais, reprobou que o Goberno defendese que Audasa “cumpriu como concesionaria, non vulnerando norma algunha de contratación pública” durante a realización das obras (que tiveron lugar entre 2015 e 2018).

BNG

Tamén o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclama explicacións ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, tras personarse a Avogacía do Estado na causa polo cobro de peaxes na AP-9. Os nacionalistas denuncian que “non están a defender os dereitos dos usuarios prexudicados polas continuas retencións derivada das obras de ampliación”, pero “si” os intereses económicos de Audasa, empresa concesionaria.

Por iso, reclamou explicacións ante a “repentina solicitude” de intervención na causa e rexeitou o posicionamento “en defensa da empresa polo cobro de tarifas indebidamente cobradas durante as obras” e transcorrido máis dun ano desde o inicio do procedemento xudicial.

Varias colisións afectan a cinco vehículos en estradas de Vigo

Unha colisión por alcance ocorrida este xoves entre dous vehículos que circulaban pola estrada que une a Vigo coa súa cidade universitaria saldouse cunha persoa ferida.

Segundo informou Emerxencias 112, o suceso tivo lugar xunto ao tanatorio Vigo Memorial e foi notificado polo servizo de Urxencias ao redor das 8,42 horas. Ademais, o servizo de emerxencias avisou do ocorrido á Policía Local, Protección Civil e os bombeiros.

Noutra orde de cousas, produciuse unha colisión entre unha furgoneta e dous turismos no primeiro túnel co que conta a AP-9 na cidade olívica.

Os vehículos foron retirados da vía sobre as 9,05 horas por guindastres para poder restablecer o tráfico. Ademais, Emerxencias 112 informou do ocorrido á Garda Civil de Tráfico, o servizo de mantemento de estradas e a Policía Local.

Despega desde Siberia o LUME-1, un nanosatélite vigués que pode revolucionar a loita contra os lumes

“Todo comezou o 30 de novembro de 2007 cunha primeira chamada dunha exalumna da Universidade de Vigo para convidarnos a participar no que sería a primeira experiencia espacial da Universidade de Vigo”.

Así lembrou este xoves o profesor e investigador Fernando Aguado, director da Agrupación Aeroespacial, os inicios do que denominou a “aventura espacial da Universidade de Vigo”, unha historia que arrancou con forza en febreiro de 2012 co lanzamento do satélite Xatcobeo, continuou co Humsat-D en novembro de 2013, co Serpens en agosto de 2015 e que agora se consolida co exitoso lanzamento de LUME-1, o cuarto satélite lanzado ao espazo pola Universidade de Vigo, unha especie de vixía automático dotado con tecnoloxía punteira para loitar contra os incendios forestais.

Cos mesmos nervios e emoción que naquela ocasión, “pero tamén con toda a bagaxe que che dá toda a experiencia adquirida ao longo destes anos”, os e as investigadoras da Agrupación Aeroespacial reuníronse ás tres da madrugada nunha sala de reunións da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para seguir en directo o lanzamento, lanzamento que, nesta ocasión, se realizaba a bordo dunha nave Soyuz na base espacial rusa de Vostochny, en Siberia.

“Todo foi segundo o previsto, todo correcto”, explicou horas despois o profesor Fernando Aguado nunha rolda de prensa que comezou con palabras de lembranza e agradecemento para o profesor José Antonio Vilán, exvicerreitor de Transferencia e primeiro comisionado do reitor para o Vigo Tecnolóxico que segue convalecente logo de sufrir un grave accidente de tráfico en marzo de 2016.

A nave Soyuz, a piques de despegar da base espacial rusa de Vostochny. Foto: GKLaunch

Xunto a Aguado compareceron ante os medios de comunicación a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, e Diego Nodar, exalumno da escola que formou parte desta “aventura” desde os seus inicios e que asistiu como cofundador da empresa Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo que se presentará nas vindeiras semanas e a través da cal se transferirá á industria todos os avances tecnolóxicos acadados nestes anos.

Os tres asistiron tamén ao primeiro pase do satélite por Vigo, pasados apenas un cuarto de hora das 11.00 da mañá na estación de control da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, onde puideron comprobar que todo ía segundo o agardado, “batería cargada, antenas despregadas, todos os comandos en funcionamento…”. Houbo aplausos e, como xa vén sendo tradición, un pequeno brinde co que dar os parabéns “a todos cantos fixeron posible un novo fito histórico”.

Na rolda de prensa posterior tanto Aguado como Rubio e Nodar amosáronse “tremendamente orgullosos” do éxito acadado e moi ilusionados coa posibilidade de sacar “o máximo proveito posible” a toda esta tecnoloxía “desenvolta en Galicia pero que conta coa calidade suficiente para poder ser exportada a calquera parte do mundo”.

Un sistema de comunicacións con baixo custo e cobertura global inserido no proxecto FireRS de loita contra os lumes forestais, financiado pola Unión Europea con máis de dous millóns de euros e no que ademais da Universidade de Vigo participan a Universidade de Porto e o CNRS francés.

Na estación de seguimento, celebrando o paso do Lume1 por riba de Vigo/Duvi

O LUME-1 é un satélite cubesat tipo 2U, cunhas dimensións 20 x 10 x 10 e un peso de 2,1 quilogramos. Aproximadamente cara hora e media dará unha volta completa á terra –cada día haberá un total de entre catro e seis pases polo campus de Vigo- e súa misión fundamental será dar soporte de comunicación bidireccional a sensores de terra que detectan lume, desenvolvidos polo grupo Cima da Universidade de Vigo, así como prover unha conexión cos avións non tripulados, UAVs, deseñados na Facultade de Enxeñaría da Universidade de Porto.

A idea é que a través de sensores -que son como vixías automáticos que se colocan en emprazamentos elevados e que teñen un software que pode detectar un radio de ata dous quilómetros de altura- se poida detectar o comezo dun potencial fogo.

“Ao momento esta información recollerase no satélite LUME, que automaticamente o notifica ao centro de control de fogo, onde este datos se actualizan con información sobre a evolución previsible das chamas. Todo dun xeito absolutamente automático”, explicou Aguado, que fixo fincapé en que LUME-1 permitirá o contacto permanente tanto cos sensores como cos avións non tripulados.

 

“É un sistema de comunicación que estará en todo momento á disposición das autoridades encargadas da loita contra o lume”, recalcou Aguado, quen deixou a porta aberta á posibilidade de integrar novos satélites nesta rede e tamén vehículos autónomos dotados de sensores que permitan incrementar aínda máis a eficacia do sistema. “No futuro imos ter tamén capacidade de monitorización de avións e, incluso, de monitorización do propio espectro, un ben tremendamente prezado na actualidade”, explicou Aguado.

Lembrando tamén o lanzamento do Xatcobeo, a vicerreitora de Investigación puxo en valor nesta rolda de prensa o traballo do equipo que coordina Aguado e que contribuíu a facer da Universidade de Vigo “un referente na construción e posta en órbita” de pequenos satélites.

“O que hai anos fora un fito histórico, hoxe xa é unha traxectoria”, salientou Rubio, quen puxo en valor o “traballo multidisciplinar” como un dos factores do éxito do Lume-1, á vez que o “carácter didáctico” dun proxecto que permitiu a estudantes de diferentes enxeñarías “seguir todo o proceso e aproveitar todo o que ven nas clases nun proxecto real”. Así mesmo, a vicerreitora valorou tamén esta iniciativa como “un verdadeiro exemplo de transferencia do coñecemento”, ao estar ligado este lanzamento ao nacemento dunha nova empresa, a spin-off Alén Space, xurdida da propia Agrupación Aeroespacial.

Diego Nodar interviú pois non só como cofundador deste novo proxecto empresarial, senón tamén como exalumno e investigador ligado a agrupación desde os seus inicios. “Foron dez anos de moitos esforzos nos que fomos capaces de crear o noso propio oco no mundo dos pequenos satélites”, resume.

Nodar lembrou nese senso a celebración en Vigo hai apenas uns mes do evento New Space España, “no que conseguimos traer ata aquí a toda a industria espacial española”, e sinalou nese senso que a culminación a esa década de traballo foi a creación de Alén Space, que ten como obxectivo “comercializar toda a tecnoloxía” desenvolvida nos últimos anos no deseño destes satélites, proxecto para o que, ademais de coa Universidade, contaron tamén co apoio da Axencia Galega de Innovación (Gain) a través do seu programa Ignicia.

A nave Soyuz, a piques de despegar da base espacial rusa de Vostochny. Foto: GKLaunch

Neste senso, apuntou Nodar, o proxecto Fire-RS contribuirá a “validar en órbita” unha tecnoloxía para a que “comezan a aparecer oportunidades comerciais” e que esta spin off intentará levar ao mercado co propósito de “crear oportunidades de emprego estables a longo prazo e crear industria” en Vigo arredor dos pequenos satélites, un campo en expansión, lembrou, como amosa o dato de que nos próximos cinco anos está previsto o lanzamento ao espazo de preto de 1500 nanosatélites.

Con este lanzamento culmina o traballo que durante máis dun ano e medio desenvolveron 17 persoas na Universidade de Vigo: 10 investigadores contratados; seis estudantes e dous profesores en tarefas de coordinación.

“Todos os estudantes e investigadores que participan no proxecto FIRE-RS pertencen ás escolas de Enxeñería Industrial, de Telecomunicación e Informática, que son o núcleo do Agrupación Aeroespacial”, detallou Fernando Aguado, quen lembrou que nos meses previos a este lanzamento o satélite completou durante meses un esixente calendario de probas, incluídas as de aceptación de todos os subsistemas, así como a verificación do satélite a nivel do sistema.

Nos vindeiros meses levaranse a cabo novas probas de comprobación do sistema, incluídas varias probas piloto con fogo real, para o que se contará coa colaboración da Axencia Galega de Emerxencias e d Consorcio para o Servizo Contraincendios e Salvamento das Comarcas do Deza e Tabeirós-Montes, que está a ser o encargado de testar as tecnoloxías desenvolvidas ao abeiro deste proxecto, a través de varios simulacros parciais e un final con lume real e controlado.

Vigo celebra o Día Internacional do Voluntariado: vontade por un mundo mellor

O voluntariado está vivo. Este luns 10 de novembro celebrouse o seu Día Internacional e congregáronse na Praza da Pedra (xunto ao CC A Laxe) diversas organización como APAMP, ASEGAL, Vida Digna, AFAGA ou Amnistía Internacional. Tamén era o 70 aniversario da declaración dos Dereitos Humanos.

Día Internacional do Voluntariado/ Miguel Núñez

Ademais desta xuntanza á beira do mar das diferentes organización coas que a cidade suma case 3.000 voluntarios, a UVigo organizou en colaboración co Concello o coloquio ‘O Voluntariado como actor de cambio’, que se levou a cabo no salón de actos do Marco.

Día Internacional do Voluntariado/ Miguel Núñez

Moderada pola vicerreitora,  Mª Isabel Doval, e o concelleiro da Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos do Concello de Vigo, Santos Héctor Rodríguez, a actividade xirou en torno á importancia do papel das persoas voluntarias nas organizacións do terceiro sector.

Contouse coa participación de Ramón Ilarri, voluntario cultural; Marisé Pérez, vocal do comité local de Unicef e colaboradora en diversas accións en entidades culturais e veciñais; Rosa Camiña, voluntaria en diversas entidades; Cristian Fernández, voluntario de Protección Civil e actual presidente desta entidade; Belén Fernández Feijóo, profesora de Contabilidade de Custos na Universidade de Vigo e colaboradora habitual de Aldeas Infantiles e a Fundación Mozambique Sur e as alumnas da Universidade de Vigo Almudena Trillo e Camino Romera, ambas as dúas con experiencia en temas de voluntariado social.

Zona Franca inviste 4 millóns de euros para abaratar a factura eléctrica da planta de GKN Driveline

Coa presenza do alcalde e presidente da Zona Franca, Abel Caballero, así como da directora xeral da planta, Consuelo Domínguez, e do delegado do Estado, David Regades, este mércores inaugurouse en GKN Driveline Vigo a nova subestación eléctrica.

Esta instalación permitirá á empresa a súa conexión á rede de distribución en alta tensión en lugar da anterior subministración en media tensión, co que se estima que a planta conseguirá uns aforros na factura eléctrica de máis dun millón de euros ao ano.

O alcalde resaltou o feito de que a subestación recibirá a enerxía desde a liña eléctrica de alta tensión que tamén está a dar xa servizo á nova depuradora de Vigo e que, para non duplicar instalacións, o Consorcio realizou a obra ao cincuenta por cento coa empresa pública Acuaes no tramo que chega ata a entrada do polígono.

Entre a execución do tendido da liña e o importe da propia obra da subestación, a Zona Franca realizou un investimento de catro millóns de euros. Para a directora xeral, Mª Consuelo Domínguez, “a posta en marcha da nova subestación supón un gran fito para GKN Driveline Vigo que, tras 45 anos de historia, pasa de recibir subministración eléctrica urbana a subministración eléctrica industrial o que, ademais de achegar maior estabilidade no mesmo, supón un gran aforro enerxético e económico para a nosa planta”.

Como explicou Regades este esforzo da Zona Franca por reforzar a competitividade das empresas instaladas en Balaídos vai repercutir na competitividade de GKN. O delegado subliñou que seguirá traballando para liquidar unha das deficiencias históricas das industrias de Vigo, como é a da subministración eléctrica.

Poderíase facer en Vigo un festival como o de Paredes de Coura ou o BBK Live?

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, repetiu durante o Vigo en Festas que o auditorio de Castrelos é un “marco incomparable”, mais, isto é realmente certo? As instalacións do Festival Paredes de Coura, a 20 minutos en coche da fronteira con Portugal, parecen deixar atrás o organizado en Vigo.

Tamén en canto ao son, posto que durante o Vigo en Festas chegaron a queixarse algúns dos espectadores de problemas para escoitar con nitidez nas zonas altas do auditorio, mentres que en Paredes a calidade do son era practicamente perfecta en calquera punto.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

En canto aos artistas, hai que recoñecer que se acadaron varios cheos, pero tamén é certo que apareceron voces críticas coa calidade dos artistas convidados, cando en Vigo, en tempo, teñen tocado estrelas como os Rolling Stones, Madonna, Dire Streets…

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Entón, como a comparación non é totalmente xusta, posto que a entrada a Paredes de Coura tiña un custe moito máis elevado, a pregunta é: podería organizarse en Vigo un festival semellante? O máis similar, o Marisquiño, está máis centrado nos deportes de risco.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Espazo para a prensa internacional no Paredes de Coura

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Cheo impresionante durante un dos concertos de Paredes

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Ao redor dos diferentes escenarios, habilitáronse diferentes zonas de ocio e descanso para os visitantes.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Unha parella descansa entre concerto e concerto

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Postos de comida rápida, latina, portuguesa…

A organización do festival vendeu camisetas, lámpadas e diverso merchandising.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

Os concertos dinamizáronse con efectos de luz e vídeo en pantalla xigante.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

A seguridade tivo unha actuación exemplar durante os concertos, algúns deles moi perigosos.

Espazos Paredes de Coura/ Miguel Núñez

O Teatro Afundación de Vigo presenta unha revisión da obra de Valle-Inclán Divinas Palabras

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta dentro da súa programación cultural a produción teatral Divinas Palabras Revolution da man do Centro Dramático Galego e o Grupo Chévere.

O Teatro Afundación de Vigo acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación que contou coa presenza do director da proposta, XRon; a directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundacion, Paloma Vela.

Esta renovación da recoñecida obra Divinas palabras de Valle-Inclán poderase ver o xoves 21 e o venres 22 de xuño, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

o argumento

Por mor da morte de Xoana, a súa irmá e a súa cuñada dispútanse a custodia do seu fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden alcanzar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéites, baixo a dirección de XRon, darán vida a Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau, nove persoas encerradas nun reality show que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas palabras.  

 

HOXE EN GALICIA

Loading RSS Feed