InicioMovementos SociaisVigo celebra o Día Internacional do Voluntariado: vontade por un mundo mellor

Vigo celebra o Día Internacional do Voluntariado: vontade por un mundo mellor

PUBLICADO O

- Advertisement -

O voluntariado está vivo. Este luns 10 de novembro celebrouse o seu Día Internacional e congregáronse na Praza da Pedra (xunto ao CC A Laxe) diversas organización como APAMP, ASEGAL, Vida Digna, AFAGA ou Amnistía Internacional. Tamén era o 70 aniversario da declaración dos Dereitos Humanos.

Día Internacional do Voluntariado/ Miguel Núñez

Ademais desta xuntanza á beira do mar das diferentes organización coas que a cidade suma case 3.000 voluntarios, a UVigo organizou en colaboración co Concello o coloquio ‘O Voluntariado como actor de cambio’, que se levou a cabo no salón de actos do Marco.

Día Internacional do Voluntariado/ Miguel Núñez

Moderada pola vicerreitora,  Mª Isabel Doval, e o concelleiro da Área de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relacións cos Sindicatos do Concello de Vigo, Santos Héctor Rodríguez, a actividade xirou en torno á importancia do papel das persoas voluntarias nas organizacións do terceiro sector.

Contouse coa participación de Ramón Ilarri, voluntario cultural; Marisé Pérez, vocal do comité local de Unicef e colaboradora en diversas accións en entidades culturais e veciñais; Rosa Camiña, voluntaria en diversas entidades; Cristian Fernández, voluntario de Protección Civil e actual presidente desta entidade; Belén Fernández Feijóo, profesora de Contabilidade de Custos na Universidade de Vigo e colaboradora habitual de Aldeas Infantiles e a Fundación Mozambique Sur e as alumnas da Universidade de Vigo Almudena Trillo e Camino Romera, ambas as dúas con experiencia en temas de voluntariado social.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...