InicioCulturaO Teatro Afundación de Vigo presenta unha revisión da obra de Valle-Inclán...

O Teatro Afundación de Vigo presenta unha revisión da obra de Valle-Inclán Divinas Palabras

PUBLICADO O

- Advertisement -

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta dentro da súa programación cultural a produción teatral Divinas Palabras Revolution da man do Centro Dramático Galego e o Grupo Chévere.

O Teatro Afundación de Vigo acolleu esta mañá a rolda de prensa de presentación que contou coa presenza do director da proposta, XRon; a directora do Centro Dramático Galego, Fefa Noia; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundacion, Paloma Vela.

Esta renovación da recoñecida obra Divinas palabras de Valle-Inclán poderase ver o xoves 21 e o venres 22 de xuño, ás 20.30 h, no Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13). As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

o argumento

Por mor da morte de Xoana, a súa irmá e a súa cuñada dispútanse a custodia do seu fillo orfo, que se resolve por un sistema de quendas. Pero ningunha das dúas pensa no benestar do neno, senón nos beneficios que poden alcanzar elas, guiadas unicamente polo egoísmo e sen importarlles as consecuencias das súas accións.

Nesta nova aproximación, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Patricia de Lorenzo, Borja Fernández, Mónica García, Tone Martínez, Victoria Pérez, Ánxela Ríos e Tomé Viéites, baixo a dirección de XRon, darán vida a Marigaila, Pedro, Simoniña, Marica, Tatoola, Migueliño, Candás, Laureano e Sétimo Miau, nove persoas encerradas nun reality show que reviven, inconscientes, o cru e duro retablo de avaricia, luxuria e morte que Valle-Inclán construíu para as súas Divinas palabras.  

 

ÚLTIMAS

Vigo, epicentro dunha folga xeral con numerosas mobilizacións en toda Galicia

Os traballadores galegos están convocados este mércores 11 de novembro a secundar unha folga...

Disney+ desembarca no Nadal de Vigo cunha experiencia inmersiva gratuíta e “única”: así será a nova atracción do centro da cidade

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que Disney+ instalará na rúa Policarpo Sanz...

O PP de Vigo acusa a Caballero de “vetar” un aumento da partida de vivenda

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, acusou o alcalde, Abel Caballero, de...

Acepta 10 meses de prisión por insultos racistas a unha menor nun bus de Vigo por dicir que “ía nunha patera”

Un home acusado dun delito contra os dereitos fundamentais e contra a integridade moral...